Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Cubertas vexetais
30/3/2015 I+D+i
No estudo analízanse os efectos sobre o enfriamento pasivo dos edificios, resultando que as cubertas cunha densidade de vexetación elevada son un 60% máis eficientes enerxeticamente que as cubertas que non teñen vexetación.
chairless
9/3/2015 ergonomía
Na planta de Neckarsulm, a compañía automobilística Audi está probando unha nova tecnoloxía que pretende facilitar moitas das actividades de ensamblado que deben realizar os/as traballadores/as. Este proxecto denominado "chairless chair" está sendo desenvolvido por Audi en colaboración cunha start-up suíza. O dispositivo está construído en fibra de carbono e permite que o/a traballador/a poida sentarse sen empregar unha cadeira, mellora a postura e reduce a tensión nas pernas.
Refugallos de vide e millo
4/2/2015 I+D+i
Moitos dos produtos que comercializan as industrias cosmética e farmaceútica conteñen deterxentes sintetizados químicamente; este tipo de deterxentes son tamén empregados a cotío en labores de limpeza. Investigadoras/es do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo están a traballar na obtención de produtos deterxentes naturais de interese industrial como son os biosurfactantes, de aplicación en farmacia e cosmética, e os bioadsorbentes, para o tratamento das augas residuais.
Investigación Láser
21/1/2015 I+D+i
A revista científica Nature Photonics, faise eco dun novo láser sen precedentes a nivel mundial; este láser, desenvolvido por investigadores do grupo de Novos Materiais da Universidade de Vigo en colaboración con científicos da Universidade de Leeds (Reino Unido), o Centro de Investigación Jülich (Alemaña) e o Centro Paul Scherrer (Suíza), terá importantes e novidosas aplicacións no mundo da biomedicina e as telecomunicacións.
Nanopartícula de rodio-paladio
12/11/2014 I+D+i
Investigadores da Universidade Politécnica de Cataluña, a Universidade de Barcelona e o sincrotrón ALBA descubriron que os átomos reaccionan de xeito diferente en función das características do catalizador que se utilice. O avance abre a vía cara a novos catalizadores á medida para facer máis eficientes os vehículos e algúns procesos industriais.
Nanotubo
27/10/2014 I+D+i
Un novo estudo da Universidade Estatal de Carolina del Norte (NC State) e o Instituto Nacional de Ciencias de Saúde Ambiental (NIEHS) encontró que os nanotubos de carbono de parede múltiple (CNT) recuberta con óxido de aluminio reduce o risco de fibrose pulmonar en ratos.
Radares baixo custo
25/9/2014 SEGURIDADE
Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid desenvolveron un sistema de alarma para vehículos de construción composto por unha rede de radares de baixo custo, que evita colisións e mellora a seguridade en ámbitos de obra.
Residuos orgánicos
27/8/2014 I+D+i
Mentres que os coches movidos por hidróxeno parecen estar listos para ser a seguinte gran novidade na sociedade, cada vez máis consciente da importancia da pegada de carbono, o desenvolvemento de métodos sustentables para producir hidróxeno parece acharse aínda nunha fase incipiente. O proxecto HYTIME traballa nun novo proceso de produción grazas ao cal poderá obterse hidróxeno ecolóxico a partir de herba, palla e residuos da industria alimentaria.
Ladrillos para illar do ruído
11/8/2014 I+D+i
Un equipo de investigadores da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) formula mellorar a eficiencia acústica das paredes construídas con ladrillos cerámicos modificando a súa xeometría interna. De feito, confirmaron que os hexágonos non regulares incrementan o percorrido e o amortecemento acústico.
Auga
8/8/2014 I+D+i
O ano pasado, investigadores do MIT, Massachusetts Institute of Technology, descubriron que cando as gotas de auga de forma espontánea saltan lonxe de superficies superhidrófobas durante a condensación, se pode obter carga eléctrica no proceso. Agora, o mesmo equipo demostrou que este proceso pode xerar pequenas cantidades de electricidade que podería ser utilizada para alimentar dispositivos electrónicos.
FORMALDEHIDO
6/8/2014 HIXIENE INDUSTRIAL
Investigadores do estado español desenvolveron un novidoso sensor para a detección de formaldehido, un sistema, que abre a porta á realización de medicións deste axente tóxico 'in situ' en lugares de traballo onde este contaminante canceríxeno estea ou poida estar presente.
farola
28/7/2014 I+D+i
Para dar resposta ás esixencias do último regulamento de eficiencia enerxética da iluminación pública, investigadores da ETSI Industriais da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), en colaboración coa Universidade Pontificia Comillas, deseñaron un sistema de regulación de enerxía, baseado na combinación de diversos elementos electromagnéticos, que reduce de maneira eficiente o fluxo luminoso das lámpadas mediante a diminución da tensión de alimentación das mesmas.
Fibra magnética
22/7/2014 I+D+i
Investigadores do departamento de Física da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) crearon unha fibra magnética cun cilindro de material ferromagnético rodeado de material superconductor, un deseño sorprendentemente sinxelo froito de complicados cálculos teóricos e moitas probas no laboratorio. O resultado é un material que conduce o campo magnético dun lugar a outro como unha mangueira leva a auga, ou a fibra óptica a luz, así que podería ter aplicacións parecidas.
Placa solar
28/5/2014 I+D+i
O Sol é unha fonte inesgotable de enerxía que podería solucionar moitos dos problemas enerxéticos actuais. O dispositivo capaz de realizar a conversión de luz solar en electricidade é a célula fotovoltaica, comunmente coñecida como célula solar.
Pila papel
21/5/2014 I+D+i
Investigadores do CSIC desenvolveron pilas de combustible microfluídicas en papel que permiten que dispositivos de diagnóstico como as tiras de fluxo lateral, usadas por exemplo nos test de embarazo ou os test de glicosa, funcionen sen necesidade de baterías externas.
Bloques ceniza biomasa
7/5/2014 I+D+i
As calidades das cinzas producidas na combustión de biomasas convértenas nunha alternativa sostible ao cemento como material de construción. Así o reflicte un estudo de investigadores da Universidade de Xaén sobre este residuo das plantas de xeración eléctrica.
IUCA
16/4/2014 HIXIENE
Investigadores da Universidade de Zaragoza optimizaron unha técnica de espectrometría para que se poida analizar unha soa nanopartícula, o que axudará a determinar a súa identidade e características en produtos de consumo.
Cemento de residuos cerámicos
9/4/2014 I+D+i
Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia, a Universidade Jaume I de Castelló, o Imperial College de Londres e a Universidade Estadual Paulista de Sao Paulo (Brasil) obtiveron no laboratorio un novo tipo de cemento máis sostible fabricado con residuos cerámicos. O avance abre unha nova vía de negocio para a idustria cerámica.
Hidróxeno
17/3/2014 I+D+i
Os investigadores do grupo NanoMag da USC comprobaron a “extraordinaria actividade” fotocatalítica que posúen clústeres de prata para a produción de hidróxeno a partir de auga, con rendementos entorno ao 10%. O achado abre novas vías á produción de hidróxeno dun xeito respectuoso co medio ambiente, a través da súa ‘fotoprodución’ a partir da auga utilizando enerxía solar. Os investigadores consideran que fronte aos combustibles sólidos, o hidróxeno é un combustible ideal, tanto polo seu contido enerxético como polo seu nulo impacto medioambiental xa que o único produto que se obtén da súa combustión é auga.
Algas
24/2/2014 I+D+i
O proxecto, denominado Plantpack, financiado polo 7º Programa Marco da Unión Europea, céntrase no desenvolvemento de formulacións a base de extractos de algas e outros produtos como amidón para uso alimentario, aplicadas aos envases de papel, cartón e caixas de cartón e para substituír aos recubrimentos actuais, realizados con ceras petroquímicas.
Laser
20/1/2014 I+D+i
Un proxecto de colaboración entre o Centro de Láseres Pulsados (CLPU), o Servizo Xeral de Espectrometría de Masas de NUCLEUS da Universidade de Salamanca e a empresa Iberdrola Ingeniería deu como resultado o desenvolvemento dun dispositivo capaz de eliminar case ao 100% as emisións de gases contaminantes á atmosfera, principalmente CO2.
Universidade Politécnica de Valencia
12/12/2013 SEGURIDADE
Trátase dun sensor intelixente e sen fíos que alerta dun posible perigo para potenciar un ámbito de traballo seguro, deseñado por un equipo de investigadores da Universidade Politécnica de Valencia (UPV).
Son e co2
29/11/2013 I+D+i
O grupo de Electrohidrodinámica e Medios Granulares Cohesivos da Universidade de Sevilla (US) comprobou que se se aplican ondas sonoras de baixa frecuencia e alta intensidade (130-140 decibelios) se produce unha mellora da eficiencia de captura de CO2 no proceso tecnolóxico coñecido co nome Ca-looping.
Luz
21/11/2013 I+D+i
Un equipo de científicos europeos conseguen aumentar a eficiencia enerxética grazas ao proxecto EMIL (Exceptional Materials via Ionic Liquids) o cal dedicouse a dar con melloras en tecnoloxías respectuosas co medio e en concreto nas relacionadas coas celas fotovoltaicas eficientes e fontes de luz innovadoras.
Conversión co2 en metanol
19/11/2013 I+D+i
Por primeira vez, un equipo de investigación liderado por Atsushi Urakawa, no Instituto Catalán de Investigación Química (Tarragona), conseguiu optimizar o proceso de transformación de dióxido de carbono en metanol, unha forma de reciclaxe de CO2, con conversións do 95%.
exoesquelete
7/11/2013 I+D+i
Un grupo de investigadores de sete países da UE está a traballar nun proxecto que pretende construír un exoesqueleto para realizar as tarefas de maior peso nos procesos industriais. O obxectivo do proxecto, cuxo nome é Robot-Mate, é o de diminuír o número de accidentes laborais que se producen na industria pesada, ao substituír a homes por máquinas naquelas tarefas físicas que causan serios problemas musculares. Deste xeito, conseguiríase reducir o número de baixas por este tipo de doenzas, á vez que aumentar a produtividade das compañías.
tablet 2
16/9/2013 Ergonomía
Investigadores da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e a empresa española Tecnoloxía Sustentable e Responsable (TSR) desenvolveron o primeiro protector ocular para teléfonos móbiles, tablets e videoconsolas portátiles que reduce o dano que ocasiona na retina a iluminación destes dispositivos. O produto, denominado Reticare, sae ao mercado despois de que varios estudos científicos realizados nos últimos anos demostrasen o dano producido pola exposición directa a lonxitudes de onda curta de luz LED, emitida pola maioría de teléfonos móbiles de última xeración ou smartphones e tabletas que hai actualmente no mercado.
Cianobacterias
11/9/2013 I+D+i
O proxecto financiado con fondos europeos DEMA (Direct Ethanol from MicroAlgae) fixou a súa atención nas cianobacterias, unha microalga presente en case todos os hábitats terrestres e acuáticos como océanos, lagos, chans húmidos e rochas. Estes organismos obteñen a súa enerxía por fotosíntese.
Nanomateriais
30/7/2013 EU-OSHA
Os nanomateriais son partículas diminutas, invisibles para o ollo humano. Non obstante, encóntranse presentes na nosa vida diaria en produtos ordinarios como os alimentos, os cosméticos, os dispositivos electrónicos e os medicamentos.
chumbeira
24/7/2013 Enerxía
O Grupo de Agroenerxética da Universidade Politécnica de Madrid, en colaboración con expertos da Estación Experimental das Palmerillas-Fundación Cajamar, conseguiu avaliar o potencial máximo de cultivo da chumbeira para a produción de bioetanol na provincia de Almería. Tamén estimou a localización óptima das plantas de procesamiento desta materia prima considerando requirimentos e restricións técnicas, o que resultará de utilidade para futuras iniciativas empresariais.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais