Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Aumento estrés laboral
30/9/2014 PSICOSOCIAL
Os/as traballadores/as que sofren de altos niveis de estrés teñen un compromiso inferior, son menos produtivos e teñen niveis de absentismo máis altos que os que están sometidos a unha presión excesiva, segundo un estudo da firma de servizos profesionais Towers Watson.
SQM
25/9/2014 SAÚDE LABORAL
A Sensibilidade Química Múltiple é unha síndrome crónica que se presenta como un conxunto de síntomas vinculados a diversos axentes e compoñentes que se atopan no medio, e que rematan por producir reaccións diversas nas persoas afectadas como consecuencia de baixos niveles de exposición a diferentes químicos. Os síntomas poden ser dende leves ata graves e discapacitantes. Cada vez é máis frecuente este transtorno no ámbito laboral, provocando nas traballadoras e traballadores que o sufren alteracións importantes na súa vida profesional e persoal.
AISS
19/9/2014 Asociación Internacional da Seguridade Social
As tendencias mundiais en materia de saúde no traballo reflicten a natureza cambiante dos riscos: mentres que as taxas de mortalidade causada por accidentes profesionais diminúen, as repercusións dos problemas de saúde derivados do traballo toman unha importancia cada vez maior.
XX Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo
29/8/2014 OIT
Ryder puxo de manifesto que non garantir un lugar de traballo seguro e saudable constitúe unha forma de traballo inaceptable. “Isto coloca a seguridade e a saúde no mesmo lugar que o traballo forzoso, o traballo infantil, a liberdade de asociación e a discriminación, que foron recoñecidas na Declaración da OIT relativa aos principios e dereitos fundamentais no traballo”. Guy Ryder anunciou novos esforzos dirixidos a lograr o cumprimento das normas internacionais sobre saúde e seguridade no traballo en todo o mundo.
Sentencia accidente traballo
22/8/2014 ACCIDENTE LABORAL
O Xulgado do Penal de Xaén condenou a seis meses de cárcere a un home como autor dun delito contra os dereitos dos traballadores que cometería ao encargarlle a un peón agrícola uns labores que non corresponden coa súa categoría laboral e, ademais, sen proporcionarlle medidas de seguridade, segundo a Lei de Prevención de Riscos Laborais, no marco das cales o devandito traballador sufriu un accidente do que lle quedaron secuelas.
Fallo  xudicial
13/8/2014 ACCIDENTE LABORAL
O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA) desestimou o recurso de suplicación presentado contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ceuta que indicaba que o falecemento dun traballador da policía local non podía ser considerado accidente laboral. Deste xeito, o TSXA confirma esta sentenza.
Imaxen do icono da Seguridade Social
11/8/2014 ACCIDENTE LABORAL
A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Bizkaia recoñeceu como accidente de traballo a agresión a un traballador por parte do seu xefe.
Sentencia accidente traballo
6/8/2014 ACCIDENTE LABORAL
O Xulgado do Social número 1 de Ponferrada fallou a favor dos pais dun mineiro que faleceu en 2011 unha semana despois de sufrir un accidente laboral nunha mina da empresa Alto Bierzo no seu primeiro día de traballo por un golpe de calor que lle provocou un coma.
Fallo  xudicial
1/8/2014 ACCIDENTE LABORAL
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia dixo que o falecemento dun obreiro que foi achado morto no interior dun vehículo case 13 horas despois de saír do seu lugar de traballo non pode ser considerado accidente de traballo.
Organización da prevención na empresa
24/7/2014 Xestión preventiva
A sentenza 02502/2013 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, en aplicación do que dispón o artigo 30.4 acerca de que os traballadores encargados da prevención gozan das mesmas garantías fronte ao despedimento que os representantes dos traballadores, denegou o despedimento do Xefe de Prevención dunha empresa, declarándoo nulo.
Sentenza
21/7/2014 Accidente laboral
A Audiencia de Valladolid confirmou a total exculpación da técnica de prevención respecto do accidente laboral rexistrado en febreiro de 2008 nun secadero de sementes de Nava del Rey no que un operario perdeu a vida no interior esmagado por un carro mentres realizaba tarefas de limpeza do mesmo. A resolución da Sección Cuarta do Penal da Audiencia Provincial fai referencia a feitos xa vistos polo Xulgado do Penal número 4 e polos que, en sentenza de data 25 de novembro do pasado ano, o citada técnica quedou absolta con todos os pronunciamientos ao entender entón o xuíz que non tivera responsabilidade algunha no devandito sinistro, exculpación que levara ao Ministerio Fiscal a recorrer o fallo en apelación para logar a súa condena.
Calculando o custo do estrés de orixe laboral
16/7/2014 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
O estrés de orixe laboral é máis caro do que pode parecer. O seu custo para as organizacións vai máis aló do absentismo e a diminución da produtividade. Os traballadores soportan ademais o custo dunha mala saúde e de diminución da calidade de vida. En última instancia, quen o paga é a economía nacional e a sociedade. Un novo informe da EU-OSHA examina os custos do estrés de orixe laboral e amosa que, contra a crenza popular, costa máis ignorar o estrés que abordalo.
Accidente laboral
15/7/2014 Accidente laboral
O 9 de febreiro de 2008, o traballador H., operario de limpeza nunha empresa de panadaría, procedeu a limpar unha das tolvas, para o que se introduciu no seu interior e ao porse en marcha as pezas rotatorias do fondo, resultou gravemente lesionado nun pé, o que motivou a unha situación de invalidez. O traballador non atendeu ao letreiro situado baixo o cadro de mando no que se indicaba que era preceptivo desconectar totalmente a máquina da rede antes de limpala, nin as advertencias dunha compañeira que lle indicou que saíse da tolva.
A racionalización dos horarios
14/7/2014 Comisión Nacional para a racionalización de horarios
Cada vez son máis as empresas que, chegadas estas datas, adoptan o chamado "horario de verán" ou xornada intensiva. Esa formulación achéganos, aínda que só sexa durante os meses estivais, aos horarios habituais dos países da Unión Europea. Dende o 15 de xuño nalgúns casos, ou dende o 1 de xullo para os máis rezagados, ás empresas éntralles un sufoco de europeidad e sentido común que as leva a adoptar este horario que distribúe a xornada laboral dun modo máis racional, eliminando a xornada de tarde a cambio de adiantar a hora de entrada e atrasar a da saída para ir comer.
ictus
9/7/2014 Accidente laboral
O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, deulle a razón a un home que sufriu un ictus cerebral con 35 anos fóra do horario laboral e confirmou que ese infarto, que lle provocou graves secuelas que lle impiden desenvolver calquera traballo, é accidente laboral. A sala do social deste Tribunal, rexeita o recurso que contra o fallo dun xulgado do social presentou a mutua de accidentes e confirma que se tratou dun accidente laboral. O fallo asegura que, nos días previos a ictus, o traballador «atopábase tenso, con mareos».
Accidente tráfico
7/7/2014 Seguridade
O 69 % dos accidentes de tráfico que se rexistraron en Galicia no 2013 producíronse en días laborables e entre as 7 e as 20 horas. É dicir, en horario de traballo. O dato achegouno o Delegado do Goberno na comunidade nunha xornada de seguridade viaria destinada a empresas que se celebrou en Santiago. Este dato amosa a relevancia que teñen os desprazamentos por motivos laborais na seguridade do tráfico rodado. Os últimos estudos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) revelan que no Estado español, no 2012, producíronse 471.223 accidentes laborais que carrexaron unha baixa, dos que o 11 % debéronse a sinistros de circulación.
Acoso
1/7/2014 Psicosocial
O traballador sufriu durante anos actos vexatorios por parte dun supervisor. A Audiencia Provincial de Santander acaba de confirmar unha sentenza que condena ao seu acosador, funcionario do Instituto Español Oceanográfico nun centro de Santander, a dous anos de cárcere e a pagar unha multa de 41.000 euros á súa vítima, ademais de suspenderlle do seu emprego e cargo público durante o tempo da condena. Trátase dun fallo pioneiro, xa que apenas existen precedentes de condenas a prisión por 'mobbing'.
Mar
26/6/2014 Accidente laboral
Tras nove anos de litixios e despois de dúas sentenzas que non lles daban a razón, os familiares dun mariñeiro de Gondomar morto en 2005 en Irlanda, cando estaba enrolado nun buque, gañaron a batalla xudicial. E fixérono no Tribunal Supremo, cuxos maxistrados ditaminaron que o falecemento deste home, ocorrido no seu tempo libre ao caerse ao mar cando regresaba ao seu barco atracado en porto, é accidente de traballo.
Accidente construción
20/6/2014 Accidente laboral
A sección terceira da Audiencia de Alacante condenou a un construtor e a un arquitecto a nove meses de prisión pola morte dun empregado cando facía unha demolición dunha vivenda. O traballador caeu polo patio de luces desde unha altura dun seis ou sete metros até a planta baixa. A obra carecía dun estudo de seguridade e saúde.
Disruptores endocrinos
13/6/2014 HIXIENE
Tras o anuncio feito en febreiro deste ano por Lena Ek, a ministra sueca de Medio, de que se nun prazo de dous meses a Comisión Europea non actuaba en relación cos disruptores endócrinos, o seu país a denunciaría ante o Tribunal de Xustiza por atraso indebido nas súas actuacións.
Aumento estrés laboral
11/6/2014 Psicosocial
Esa é a conclusión á que chegou un equipo de investigadores do Instituto Max Planck de Ciencias Cognitivas e do Cerebro Humano en Leipzig e a Universidade Técnica de Dresde (Alemaña). Estes aseguran que o feito de observar a outra persoa nunha situación estresante, mesmo na televisión, pode ser suficiente para que o espectador experimente estrés.
Fallo  xudicial
5/6/2014 ACCIDENTE LABORAL
Dous anos de cárcere, esa é a pena á que terá que facer fronte un empresario autónomo da construción condenado polos tribunais como responsable do accidente sufrido por un dos seus traballadores.
Sentenza Audiencia Nacional
3/6/2014 PSICOSOCIAL
O 14 de maio a Sala do Social da Audiencia Nacional ditou sentenza na demanda presentada o 6 de febreiro contra Caixabank solicitando que se declarase que "o método e procedemento seguidos pola empresa para levar a cabo a identificación dos riscos psicosociais nos seus centros de traballo..., non é adecuado para a pretensión da empresa de non realizar unha avaliación de riscos psicosociais" e en consecuencia procédase a realizar correctamente a devandita identificación, que unha vez identificados os riscos se proceda á adopción das medidas correctoras axeitadas e que nos casos nos que non se puidesen eliminar, se efectúe "unha avaliación dos devanditos riscos cun procedemento que proporcione confianza sobre os seus resultados".
Sentenza
26/5/2014 ACCIDENTE LABORAL
Un aspecto interesante da sentenza é a extensión ao traballador autónomo da responsabilidade do accidente. A Sala aduce que o alcance da obriga do empresario de "garantir a seguridade e saúde dos traballadores ao seu servizo se estende a todos os aspectos relacionados co traballo" a toda a esfera de influencia do contrato de traballo, en cuxo campo o empregador é debedor de seguridade" con independencia de que na produción do accidente houbese intervención neglixente de terceiros que non teñan vinculación contractual co traballador.
Problemas de saúde por razóns laborais
23/5/2014 SAÚDE LABORAL
O estrés, a dependencia das novas tecnoloxías e os problemas musculares son as principais causas de absentismo no actual mercado laboral. Un bo sistema de xestión do desempeño pode evitalos.
Sentenza
22/5/2014 Accidente laboral
O director técnico e o representante legal dunha adega radicada en Haro foron condenados polo Xulgado do Penal número Dous de Logroño a senllas penas dun ano de cárcere por dous delitos contra o dereito dos traballadores. Na sentenza tívose en conta a atenuante da reparación do dano, mediante a correspondente indemnización económica, motivo polo que a traballadora accidentada renunciou expresamente a calquera acción civil ou penal.
Sentencia accidente traballo
21/5/2014 ACCIDENTE LABORAL
A Xustiza ditou sentenza neste caso unha década despois do accidente, acontecido en Sevilla no ano 2004, e condenou ao representante legal da empresa a tres meses e un día de prisión por un delito contra os dereitos dos traballadores, así como a pagar unha multa de 540 euros. O traballador, que era o sondista, tamén foi condenado a pagar unha multa de 180 euros por unha falta de lesións por imprudencia, porque abandonou "os mandos de control e operación da máquina de sondaxe, omitindo a máis mínima dilixencia na súa actuación e contribuíndo ao resultado lesivo producido", dado que a vítima, carecía de coñecementos abondo do manexo da máquina e non recibira formación e información en relación ao equipo de traballo e os riscos.
MOBIL NENOS
16/5/2014 HIXIENE
O pasado día 28 de febreiro informamos das medidas restritivas previstas en Francia fronte aos riscos para os nenos da exposición ás ondas electromagnéticas, onde se expoñen prohibir a presenza de WIFI nas gardarías. Pois os belgas adiantáronselles. En outubro de 2013 dous decretos introducían dous tipos de regulación.
tablet 2
15/5/2014 Saúde
O uso excesivo de aparellos como ordenadores, tabletas ou smartphones pode chegar a afectar seriamente ao soño e o rendemento. Desde tempos inmemoriais botamos a culpa do insomnio a algunhas sustancias como a cafeína, a nicotina ou o alcol, mesmo a preocupacións no traballo ou os ruídos da cidade. A novidade no mundo do insomnio é atribuír a culpa da falta de soño ao lecer dixital. A esta conduta non lla pode chamar trastorno, xa que non ten por que ter signos psicolóxicos ou enfermidade mental. É máis ben un problema de hábitos. Afecta por igual a homes e mulleres desde a adolescencia, cando a comunicación entre amigos é máis habitual a través destes dispositivos, até a idade adulta onde pode existir certa dependencia ao correo electrónico do traballo. Se segmentamos por xénero, e segundo os estudos realizados polo Hospital Clínic, os homes usan máis os videoxogos antes de ir durmir, mentres que as mulleres comunícanse por WhatsApp e SMS.
Accidente construción
14/5/2014 Accidente laboral
Un Xulgado de Santander condenou ao propietario dunha empresa construtora a nove meses de cárcere e unha multa de 1.260 euros, polo accidente que sufriu un operario ao caer desde unha altura de cinco metros sen estar amarrado a un arnés. O construtor admitiu os feitos, e a Fiscalía reduciu a pena de dous anos de cárcere que solicitou inicialmente a nove meses, por un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes. Todas as partes mostraron conformidade coa nova petición do fiscal, polo que o xuízo non chegou a celebrarse.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais