Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Mutuas AT e EEPP
4/2/2014 Mutuas
O Goberno prepara unha reforma profunda das Mutuas de Accidentes de Traballo e de Enfermidades Profesionais. Preténdese que se adiquen exclusivamente ás súas funcións como entidades colaboradoras da Seguridade Social. Así entre outras cuestións deberán desprenderse e vender a súa actividade privada, que está orientada á prevención de riscos laborais. En principio, estas entidades teñen até o 31 de decembro deste ano para facelo. E no caso de que, no devandito prazo, non vendesen a sociedade, ou a totalidade da súa participación na sociedade na que estean, as empresas correspondentes «entrarán en causa de disolución». Feito que debe ser trasladado ao Ministerio de Emprego e de Seguridade Social en xaneiro do próximo ano, «co acordo de disolución debidamente inscrito no Rexistro Mercantil» e con todos os documentos justificativos da operación que lle requira a Seguridade Social. É máis, o Goberno conta con que a venda das sociedades de prevención lle facilite o cobro da débeda de 40 millóns de euros que manteñen coa Seguridade Social.
A saúde é un dereito
24/1/2014 MUTUAS
Desde 1995 os sucesivos Gobernos españois veñen de aprobar diversas disposicións legais e regulamentarias de cara a facilitar o control, mediante as Mutuas, da asistencia sanitaria da clase traballadora por parte da patronal, conceptuadas estas como asociacións de empresarios que, sen embargo, xestionan recursos públicos. O Anteproxecto, que a CIG rexeita, continúa con este proceso de privatización da xestión da sanidade pública e supón un agravamento moi importante nesta dirección.
Manage stress
24/1/2014 EU-OSHA
O próximo 10 de abril dará comezo a nova campaña da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, EU-OSHAS, baixo o lema "Manage stress" (Xestión do estrés), cuxo obxectivo é dar soporte e guiar a traballadores e empregadores no día a día do traballo e como o estrés pode afectarlles de xeito directo. Con esta nova campaña preténdese ofrecer a traballadores e profesionais ferramentas prácticas para a redución do estrés no posto de traballo.
Parte baixa médica
17/1/2014 Saúde laboral
O Ministerio de Emprego remitiu aos axentes sociais o borrador do futuro Real Decreto sobre Incapacidade Temporal (IT), no que se expón substituír o actual sistema de expedición dos partes médicos de confirmación de baixas, de periodicidade semanal, por outro baseado na distinción de catro grupos de procesos, en función da duración prevista, con distinta periodicidade na expedición dos indicados partes.
Saúde 2
15/1/2014 MUTUAS
O texto reforza a capacidade de seguimento das mutuas sobre a Incapacidade Temporal (IT) derivada de continxencias comúns dende o primeiro día da baixa. O anteproxecto recolle tamén o aproveitamento, estimado en 305 millóns de euros, dos recursos asistenciais ociosos das mutuas para que poidan ser usados con carácter preferente polos servizos públicos de saúde
estratexia europea de seguridade e saúde en primavera de 2007-2012
8/1/2014 SAÚDE LABORAL
Bruxelas aprazou a adopción da estratexia de saúde e seguridade europea, que dende 2002 permitiu que os estados membros se movan en igualdade de condicións para protexer aos traballadores. Supoñíase que a nova estratexia europea debía ser aprobada dentro do ano 2012 para o novo período 2013-2020, pero ata agora, gran parte do traballo no ámbito político progresou a cámara lenta.
Inspección Traballo e SS
8/1/2014 ITSS
O Goberno aspira integrar as inspeccións de Traballo e Seguridade Social das comunidades autónomas antes de que conclúa o ano 2014, o que o obrigará a elaborar e aprobar unha nova Lei Ordenadora del Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS).
Informe Anual 2012 Inspección
18/12/2013 INSPECCIÓN DE TRABALLO
A Dirección Xeral da Inspección -Autoridade Central da Inspección de Traballo e Seguridade Social- está obrigada, por razóns legais ou esixencias de xestión, a elaborar tres memorias ou informes. A Dirección Xeral da Inspección -Autoridade Central da Inspección de Traballo e Seguridade Social- está obrigada, por razóns legais ou esixencias de xestión, a elaborar tres memorias ou informes; a regulada nos artigos 20 e 21 do Convenio 81 e artigos 26 e 27 do Convenio 129 da OIT; a establecida nos acordos e programas do Comité de Altos Responsables da Inspección (SLIC) da Unión Europea, e a correspondente ao Plan Integrado de actuación aprobado pola Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.
28 de abril 2013
12/12/2013 SAÚDE LABORAL
Os efectos da crise e da nova lexislación aplicada ás empresas de prevención de riscos laborais fixeron estragos no sector.
Comisión europea
10/12/2013 RSE
A pasada primavera, a Comisión Europea puxo en marcha o proceso para introducir novas regras sobre responsabilidade social empresarial (RSE) para ampliar as obrigas das empresas de facer pública información non financeira, como as súas políticas sobre diversidade e as políticas ambientais e explicar por que non progresaron nestas áreas, se ese fose o caso. Segundo a Comisión, menos do 10 % das maiores empresas da UE producen periodicamente informes de sustentabilidade.
Excedentes mutuas
9/12/2013 MUTUAS
O Goberno aprobou un borrador do anteproxecto de Lei de Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, coa intención de cambiar a súa regulación de forma que se esclareza máis a súa natureza privada (aínda que non teñan ánimo de lucro) e se fixen con maior claridade os termos da súa colaboración coa Seguridade Social.
Historias clínicas
25/11/2013 MUTUAS
No último borrador do RD que regula a xestión e o control dos procesos de incapacidade temporal, as mutuas perden o control, que mantén a inspección.
OHSAS 18001
20/11/2013 XESTIÓN PREVENTIVA
A finais de outubro de 2013, a Organización Internacional de Normalización (ISO) decidiu seguir adiante co desenvolvemento dunha norma ISO que substituíse a OHSAS 18001 nos próximos tres anos.
Traballando xuntos OSHA
14/11/2013 EU-OSHA
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) clausura a súa campaña "Traballando xuntos para a prevención de riscos"
Bola demolición
13/11/2013 SAÚDE LABORAL
Esther McVey, a nova ministra de Emprego británica (equivalente a unha Secretaría de Estado en España) viu como as competencias saúde e seguridade eran eliminadas do seu cargo cando se soubo que fora directora dunha empresa de demolición que fora sancionada por incumprimentos graves nesta materia.
Informe sobre o estado da seguridade e saúde 2012
12/11/2013 INSHT
O INSHT coa edición do "Informe sobre o Estado da Seguridade e a Saúde no Traballo de 2012" continua a tarefa iniciada en 2007 de recompilar as máis relevantes actividades desenvolvidas durante o ano polas Institucións Públicas que integran o Sistema Nacional de Prevención, isto é, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a Fiscalía Especializada, as Comunidades Autónomas, a Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Así mesmo, detállanse as máis importantes novidades normativas e os avances na regulación a través dos convenios colectivos da materia de seguridade e saúde no traballo.
Traballando xuntos OSHA
6/11/2013 EU-OSHA
A Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo é o maior evento de sensibilización deste tipo, dedicado a mellorar a seguridade e a saúde dos postos de traballo en Europa.
BOE
8/10/2013 XESTIÓN PREVENTIVA
A Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, publicada no BOE o pasado 28 de setembro inclúe un artigo sobre prevención de riscos laborais no que se amplían os supostos en que as PEME poderán asumir directamente a prevención, en caso de empresarios cun único centro de traballo e ata vinte e cinco traballadores.
Traballadora embarazada
7/10/2013 SAÚDE LABORAL
Os empresarios terán unha rebaixa do cincuenta por cento na cotización á Seguridade Social das traballadoras que, por risco durante o embarazo ou durante a lactación natural, necesiten un cambio de posto de traballo.
Informe factores que determinan as prácticas de saúde
24/9/2013 EU-OSHA
Un informe da Axencia Europea para a Saúde e a Seguridade no Traballo (EU-OSHA) subliña que a UE debe desempeñar un papel evidente no ámbito da saúde e a seguridade no lugar de traballo. Este informe axuda igualmente a explicar por que a Directiva marco 89/391/CEE, que pretende ofrecer un nivel uniforme de protección aos traballadores en todos os Estados membros, aplícase de distintas maneiras na UE.
Xulgado
17/9/2013 Fiscalía Xeral do Estado
Os Xulgados do Penal ditaron 637 sentenzas por accidentes laborais en 2012, o que supón un incremento do 14,6% respecto ao ano anterior, segundo a Memoria da Fiscalía do ano pasado. Do total das 637 sentenzas ditadas, o 79,1% (504 sentenzas) foron remitidas ao Fiscal de Sala. Desa cifra, o 75,4% (380 sentenzas) resultaron condenatorias e o 24,6% restante (124 sentenzas), absolutorias.
Saúde 2
26/8/2013 Mutuas
As mutuas gañarán marxe de manobra para decidir cando hai que dar de alta a un traballador enfermo. Se até agora facíano no caso de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, o Goberno ten previsto darlles esta potestade tamén cando se trata dunha enfermidade común ou dun accidente non laboral, o 80% das empresas xa teñen asegurados estes procesos coas mutuas. Así o recolle o proxecto de real decreto, que regula a xestión e o control dos procesos de incapacidade temporal.
issl Murcia
17/7/2013 ISSL
O pasado mércores 10 de xullo de 2013 foi publicada no BORM a Lei 6/2013, de 8 de xullo, de medidas en materia tributaria do sector público, de política social e outras medidas administrativas, polas que se regulan determinadas cuestións relativas ao proceso de reordenación do sector público autonómico, en concreto a extinción de varios entes públicos, completando a regulación do réxime transitorio derivado da súa extinción nas correspondentes disposicións transitorias. Suprímese, entre outros, o Organismo autónomo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral da Rexión de Murcia (ISSL), sendo as súas funcións asumidas pola Consellería competente en materia de seguridade e saúde laboral.
Rexistro autonómico plans autoprotección
10/6/2013 SEGURIDADE
Coa publicación do Real Decreto 393/2007 de Plans de Autoprotección esixíase ás actividades afectadas a inscrición dos seus plans de autoprotección nos rexistros xestionados polas comunidades autónomas.
BOE
22/5/2013 MUTUAS
Resolución do 13 de maio de 2013, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se establece o Plan xeral de actividades preventivas da Seguridade Social, a aplicar polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social na planificación das súas actividades para o ano 2013.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Informe sobre o estado da seguridade e saúde laboral
7/5/2013 INSHT
O informe detalla as principais actividades desenvolvidas durante o ano 2011 polas Institucións Públicas que integran o Sistema Nacional de Prevención, as novidades normativas e os avances na regulación dos convenios colectivos da seguridade e saúde no traballo e afonda nas estatísticas de danos á saúde con especial referencia aos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
Prevencion.10
9/4/2013 INSHT
O INSHT fai pública a nova versión de Prevención10.es que incorpora importantes funcionalidades: Nova ferramenta "autoprevén-t " destinada a facilitar aos traballadores autónomos a coordinación de actividades empresariais e a súa instrución en materia de prevención de riscos laborais.
enfermidade profesional
12/3/2013 SAÚDE LABORAL
A Consellaría de Sanidade conta cun Sistema de Información Sanitaria e Vixilancia Epidemiolóxica Laboral (SISVEL), unha ferramenta pioneira no estado español cuxo obxectivo é facilitar a detección e declaración de enfermidades profesionais en todos os centros de saúde, segundo informou a Generalitat nun comunicado.
Saúde
8/3/2013 Mutuas
O Real Decreto que está sendo elaborado polo Goberno do Estado sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as competencias da Sanidade pública.
Prevencion.10
8/3/2013 INSHT
A Seguridade Social encomendou ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) a xestión en 2013 do seu servizo Prevención.10, un plan de axuda para o cumprimento das obrigas en prevención de riscos laborais dirixido a empresas de menos de dez traballadores.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais