Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Inspección Traballo e SS
1/4/2015 ITSS
A representación de CIG e ELA no Consello Económico e Social emitiu un voto particular ao ditame sobre o Anteproxecto de Lei Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, ao entender que o Goberno español pretende, mediante este mecanismo, coartar a transferencia das competencias en materia de inspección laboral ás autonomías, pois non se estabelece mecanismo nin procedemento algún para futuros procesos de transferencia da Inspección de Traballo e Seguridade Social. A este respecto, cómpre lembrar que no seu momento Galiza solicitou a transferencia desta competencia, mais coa nova reforma esta vía queda pechada.
Diñeiro
24/3/2015 SSPPAA
O vindeiro 31 de marzo rematará o proceso de privatización das sociedades de prevención das Mutuas tal e como se contempla na Lei 35/2014, do 26 de decembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social. As sociedades de prevención están a funcionar como servizos de prevención alleos para moitas empresas, encargándose das actividades de prevención de riscos laborais que se lles contratan: elaboración de plans de prevención, formación en prl, vixilancia da saúde, etc.
Inspección de Traballo e Seguridade Social
18/3/2015 ITSS
No Consello de Ministros do pasado 13 de marzo, se procedeu a informar sobre o Anteproyecto de Lei Ordeadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social que inclúe a creación dunha escala de Subinspectores de Seguridade e Saúde no Traballo. Este Anteproxecto supón a actualización da normativa vixente, que data de 1997. A futura Lei prevé un incremento dos recursos destinados pola Inspección para a prevención de riscos laborais e para combatir a sinistralidade laboral. Con este fin se creará dentro da Inspección unha nova Escala de Subinspectores de Seguridade e Saúde no Traballo.
Medicina do traballo
9/3/2015 SSPPAA
A Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo que interpuxo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) contra o decreto do Principado de Asturias de 2014 que regula o emprego por parte dos servizos alleos de prevención de riscos laborais de unidades móbiles.
Imaxen da Axencia Europea
13/2/2015 AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Na páxina web da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo pode atoparse una selección dos principais resultados de ESENER-2, a segunda edición da "Enquisa europea nas empresas sobre riscos novos e emerxentes", realizada pola Axencia. Para este traballo procedeuse a enquisar a preto de 50.000 empresas de toda Europa sobre seguridade e saúde no traballo (SST), sobre todo no que ten relación cos riscos psicosociais e a xestión da SST.
Informe ITSS 2013
11/2/2015 ITSS
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicou o Informe anual da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2013. Neste informe reflíctense o conxunto das actividades realizadas pola Inspección de Traballo, adicando un capítulo específico á prevención de riscos laborais.
Imaxen do ISSG
14/1/2015 ISSGA
O pasado día 2 de xaneiro o DOG publicou o Decreto 165/2014 polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
BOE
29/12/2014 MUTUAS
A reforma da Lei Xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e enfermidades Profesionais da Seguridade Social entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2015. A presente lei ten por finalidade regular na súa integridade o réxime xurídico das ata agora denominadas Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, que pasarán a denominarse Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e das funcións que desenvolven como entidades asociativas privadas colaboradoras na xestión da protección pública.
empregado de reparto
15/12/2014 Saúde laboral
A nova Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo, logo de ter sido obxeto do diálogo social, está previsto que sexa aprobada na próxima reunión da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde. A finalidade da nova Estratexia non é outra que manter, complementar e reforzar, de forma activa, todos os programas ou medidas para conseguir crear unha verdadeira conciencia social que poña de manifesto a importancia do cumprimento das normas preventivas e as graves consecuencias que poden derivarse do seu incumprimento.
Guía electrónica. Estrés e riscos psicosociais
28/11/2014 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
No marco da campaña Traballos saudables: «Xestionemos o estrés», a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) presenta a súa guía electrónica para a xestión do estrés e os riscos psicosociais. O estrés constitúe unha importante fonte de preocupación para a seguridade e a saúde no traballo nun 80% das empresas europeas, e é unha das principais causas da perda de xornadas laborais en Europa. Con todo, menos dun terzo dos centros de traballo europeos dispoñen de procedementos para abordar o estrés relacionado coa actividade laboral. A guía electrónica é unha ferramenta práctica concibida para axudar a empleadores/as e traballadores/as, sobre todo nas pequenas empresas, a comprender e xestionar mellor o estrés e os riscos psicosociais.
Imaxen da Axencia Europea
7/11/2014 Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde non Traballo
O informe recoñece a complexidade da relación entre a saúde e o traballo, e admite que se necesita apoio práctico para facer posible un cambio. Ofrece un panorama xeral das condicións laborais e a incidencia dos riscos psicosociais en Europa, analiza a forma de xestionar os riscos no traballo e esboza intervencións políticas.
Manual de seguridade no laboratorio
29/10/2014 ISSGA
Este manual proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente. No documento considéranse fundamental os riscos producidos nun laboratorio onde exista unha exposición a axentes químicos.
Prevención de riscos no tractor
28/8/2014 ISSGA
O obxectivo da campaña é chegar a esa poboación rural que utiliza o tractor con dúas mensaxes. Dunha banda, alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus aparellos e informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros; e, doutra banda, como órgano técnico en materia de prevención, facilitar recomendacións básicas, que, de terse sempre en conta, evitarían os accidentes ou, cando menos, minimizarían a súas consecuencias.
iso
29/7/2014 Xestión preventiva
A Organización Internacional de Normalización (ISO) publicou o primeiro borrador da futura Norma internacional ISO 45001 de Sistemas de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, o ISO/CD 45001 (Committee Draft), en cuxa elaboración participan expertos de 66 países do mundo, incluíndo polo Estado español técnicos de AENOR.
Comisión europea
23/7/2014 Comisión Europea
O video foi realizado co fin de acompañar a presentación do Marco Estratéxico para a Saúde e Seguridade no Traballo 2014-2020. Os obxetivos da Estratexia baséanse en identificar os mellores instrumentos mejores para que permitan facer do lugar de traballo un sitio más seguro para todos os traballadores en Europa.
Parte baixa médica
21/7/2014 Mutuas
O pasado venres remitiuse ás Cortes Xerais o PROXECTO DE LEI pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, así como o REAL DECRETO polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.
Mutuas AT e EEPP
18/7/2014 Mutuas
O Consello de Ministros aprobará previsiblemente hoxe o Real Decreto de xestión da incapacidade temporal e o proxecto de lei de mutuas, polo que se concederá a estas entidades unha maior capacidade de intervención nas baixas médicas por enfermidade común. En concreto, as mutuas poderán realizar o seguimento da prestación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común desde o primeiro día da baixa e formular, como ocorre actualmente, unha proposta de alta médica «motivada».
Mutuas lupa
11/7/2014 Mutuas
A regulación das baixas por enfermidade percorreu un longo e tortuoso camiño. Os empresarios presionaron ao Goberno para que dea máis control ás mutuas e que estas poidan decidir a alta dos traballadores. Ao comezo da lexislatura, a ministra de Emprego, Fátima Báñez, prometeu á CEOE que así sería porque, ademais, permitiría reducir o custo da incapacidade temporal para as arcas públicas. O proxecto, con todo, atopouse co muro dos sindicatos e dos médicos do sistema público de saúde, que fixeron valer o carácter sanitario da baixa. Tras ano e medio de debate e sucesivos borradores, o Consello de Ministros ten previsto aprobar este venres o Real Decreto de Incapacidade Temporal (IT) e o anteproxecto de Lei de Mutuas da Seguridade Social.
Diñeiro
8/7/2014 Mutuas
A Seguridade Social reclama á mutua de accidentes Fremap que devolva 43,2 millóns de euros de diñeiro público que entre 2006 e 2011 gastou indebidamente, segundo auditorías da Intervención Xeral da Seguridade Social deses anos. Nesas auditorías e en documentación interna da mutua á que tivo acceso este xornal hai gastos en dietas, viaxes para a xunta directiva e as súas parellas, BMW e outros coches de luxo para os directivos, ademais de pagos a colaboradores comerciais para captar novos mutualistas, algo prohibido por lei. Este último concepto é o máis voluminoso: 24,2 millóns.
baixa laboral
17/6/2014 Saúde laboral
Elaboraranse unhas táboas coa duración media estimada que teñen as baixas, en función da patoloxía, a idade do traballador ou a ocupación. En cada parte de baixa aparecerá esta cifra estimada dos días que, en termos medios, prolóngase o período de incapacidade. É a principal novidade que inclúe o real decreto sobre incapacidade temporal (IT) elaborado polos Ministerios de Emprego e Sanidade que antes de verán aprobará o Consello de Ministros e cuxo fin último é pór coto ás ausencias inxustificadas do traballo, unha ameaza histórica en España para a produtividade e competitividade das empresas.
EU OSHA Programa plurianual
17/6/2014 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
No seu informe anual correspondente a 2013, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no traballo (EU-OSHA) amosa o traballo feito na promoción dos beneficios económicos que comporta o investimento en seguridade e saúde no traballo, subliñando a importancia da colaboración.
Imaxen da Axencia Europea
12/6/2014 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
Na conferencia bianual da Asociación Internacional da Inspección de Traballo celebrada en Xenebra, a directora da EU-OSHA pronunciou un discurso de apertura no que se referiu aos desafíos e as oportunidades da Inspección de Traballo. Unha das cuestións fundamentais é a crecente diversificación da man de obra e as repercusións que isto leva para a seguridade e a saúde no traballo (SST), especialmente no caso das mulleres traballadoras.
Comisión europea
9/6/2014 Comisión Europea
Co fin de protexer mellor aos traballadores máis de 217 millóns na UE de accidentes de traballo e as enfermidades, a Comisión Europea presentou o pasado día 6 de xuño un novo Marco Estratéxico para a Saúde e Seguridade no Traballo 2014-2020, que identifica os principais desafíos e obxectivos estratéxicos para a saúde e seguridade no traballo, presenta accións clave e identifica os instrumentos para facer fronte a estes. Segundo a Comisión Europea, este novo marco ten como obxectivo garantir que a UE segue desempeñando un papel protagónico na promoción dos altos estándares para as condicións de traballo dentro de Europa e a nivel internacional, en consonancia coa estratexia Europa 2020.
Mutuas AT e EEPP
5/6/2014 MUTUAS
O Plan Xeral de Actividades Preventivas da Seguridade Social a executar polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais dará de novo prioridade este ano ás empresas de ata 50 traballadores que operan naqueles sectores de actividade con máis sinistros graves e mortais, entre os que se encontran as actividades de construción especializada, a construción de edificios, a agricultura, o transporte terrestre e por canalización e o comercio almacenista.
Imaxen da Axencia Europea
23/5/2014 SAÚDE LABORAL
Un informe da EU-OSHA recolle e analiza unha serie de estudos nos que se avalían os custos da deficiencia ou a falta de sistemas de seguridade e saúde no traballo.
Traballador tellado
23/5/2014 SAÚDE LABORAL
A grave caída que sufriu en setembro de 2007 un operario dunha empresa de metalurxia durante os traballos de reforma dunha nave do polígono de Sabón chega a finais deste mes aos xulgados e pode custar ao administrador da compañía ata dous anos e medio de cárcere e o pagamento dunha indemnización de 230.000 euros.
Excedentes mutuas
20/5/2014 Mutuas
O Plan Nacional de Reformas 2014 remitido a Bruxelas presume do aforro que suporá, segundo os cálculos gobernamentais, a reforma da Administración pública. O Executivo estima que se aforrará 13.569 millóns no período 2013-2015, o que supón ao redor de 7.129 millóns derivados da posta en marcha da polémica lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local (recorrida no Tribunal Constitucional pola oposición e varias comunidades) e outros 6.440 procedentes de distintas actuacións da Comisión para a reforma da Administración Pública (CORA).
Comisión europea
5/5/2014 Xestión preventiva
O European Trade Union Institute - ETUI (Centro independiente de investigación y de formación de la Confederación europea de los sindicatos) está decididamente en contra do programa REFIT da Comisión Europea, que considera un atentado extremadamente perigoso para os dereitos dos traballadores, en particular respecto da seguridade e a saúde.
Saúde 2
28/4/2014 MUTUAS
Entre os plans do Ministerio de Emprego sempre estivo aprobar na primeira metade de 2014 a nova regulación das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, que son entidades colaboradoras da Seguridade Social que xestionan xa as baixas laborais de preto do 90% dos traballadores.
Prevención 10 e 25
28/4/2014 xestión preventiva
A Seguridade Social encomendou ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) a xestión en 2014 dos seus servizos 'Prevención10.es' e 'Prevención25.es', cos que se pretende axudar as empresas de ata 10 e de ata 25 traballadores, respectivamente, no cumprimento das súas obrigas en prevención de riscos laborais.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais