Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Friends of the roadmap on carcinogens
2/6/2016 Enfermidade profesional
O 25 de maio de 2016 , seis organizacións, entre elas a EU-OSHA , a Comisión Europea e os interlocutores sociais europeos asinaron un pacto para participar nunha nova folla de ruta para co fin de reducir a exposición a axentes cancerígenos no lugar de traballo. A iniciativa comeza coa Presidencia neerlandesa da UE en 2016 e está apoiada pola Presidencia austriaca da UE en 2019 .
Comisión europea
16/5/2016 Comisión Europea
O cancro é a primeira causa de mortes relacionadas co traballo na UE, representando o 53% do total. O número de mortes atribuídas ao cancro de orixe laboral na Unión Europea rolda as 102.000 por ano. Co fin de mellorar a protección de traballadores e traballadoras en relación á exposición a substancias canceríxenas, Comisión Europea propón cambios na Directiva relativa a axentes canceríxenos e mutaxénicos (2004/37 / CE) para limitar a exposición a 13 produtos químicos canceríxenos no lugar de traballo.
OCDE
13/5/2016 Saúde laboral
Segundo datos pola Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económicos (OCDE) o Estado español presenta os peores datos referidos á saúde no traballo no entorno europeo. A análise baseose en tres indicadores fundamentais: a seguridade do mercado laboral (risco de desemprego e cobertura no caso de desemprego), calidade do entorno de traballo e remuneracións. Os datos que permiten observar a evolución da calidade do traballo nos últimos dez anos foron recollidos dende 2005 ata 2015.
Médica
4/5/2016 Saúde
Nunha rolda de prensa, o presidente do Colexio Oficial de Médicos de Barcelona, indicou que as baixas laborais deberían notificarse de forma automática por parte do médico ás empresas e non como ocorre actualmente, que é o paciente o responsable de comunicar esta condición ao seu centro laboral: "É unha situación totalmente anacrónica que, con todos os avances tecnolóxicos que existen hoxe en día, sexa preciso levar un papel dunha oficina a outra".
Parlamento europeo
30/3/2016 PARLAMENTO EUROPEO
A revisión da Directiva 89/686 / CEE sobre o deseño e a comercialización de equipos de protección individual (EPI) foi aprobada en primeira lectura polo Parlamento Europeo o 20 de xaneiro de 2016 e deberá ser aprobada en breve pola Comisión Europea para a súa publicación.
ESENER 2
30/3/2016 EU-OSHA
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo ven de publicar os datos da enquisa ESENER - 2. O traballo da conta dos resultados obtidos logo de realizar preto de 50.000 enquisas no ano 2014 en empresas de todos os sectores de actividade, que tiñan un mínimo de 5 empregados, repartidas nun total de de 36 países. As enquisas requerían información acerca da xestión dos riscos de seguridade e saúde no lugar de traballo, facendo fincapé nos riscos psicosociais, como o estrés laboral, a violencia ou o acoso.
Relación de substancias que deberían ter límites de exposición profesional
21/3/2016 ETUI
O Instituto Sindical Europeo, ETUI, ven de poñer en marcha unha campaña dirixida ao uso nos lugares de traballo de carcinóxenos e do cancro laboral relacionado con este uso. Entre outras medidas o ETUI publicou unha proposta en relación a límites de exposición vinculantes na EU.
Traballos saudables en todas as idades
17/3/2016 Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo
A Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo presentará a súa nova campaña para o bienio 2016-2017 o vindeiro 14 de abril. Con esta campaña, a Axencia Europea pon o foco na necesidade de ter presente a idade de traballadoras e traballadores á hora de valorar os riscos aos que están expostos no traballo. O traballo debe adaptarse ás capacidades individuais, habilidades e idade.
ESENER2
8/2/2016 INSHT
O INSHT ven de incluír os datos da enquisa ESENER-2, na ferramenta que permite a consulta flexible dos resultados. A enquisa de carácter multinacional, na que participaron empresas de 36 países europeos, foi realizada pola Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA). Dentro da mostra, atópanse 3.162 centros de traballo situados no Estado español.
Parlamento europeo
25/1/2016 PARLAMENTO EUROPEO
Na Resolución sobre o Marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2014-2020, aprobada o 25 de novembro, o Parlamento Europeo adica 23 referencias ás enfermidades causadas polo traballo e os riscos emerxentes e destaca a relativamente escasa atención que se presta aos accidentes.
TJUE
20/1/2016 TRIBUNAL EUROPEO DE XUSTIZA
No recurso interposto o 4 de xullo de 2014 por Suecia contra a Comisión Europea, a parte demandante solicita ao Tribunal Xeral que declare que a Comisión Europea infrinxiu o artigo 5, apartado 3, do Regulamento (UE) nº 528/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de maio de 2012, relativo á comercialización e o uso dos biocidas, ao non adoptar actos delegados que precisen os criterios científicos aplicables para determinar a existencia de propiedades de alteración endocrina.
Comisión europea
8/1/2016 SAÚDE LABORAL
Facilitar o cumprimento de REACH e garantir que a lexislación sobre prevención de riscos laborais sexa viable e aplicada, protexer aos europeos/as contra os perigos dos disruptores endocrinos, revisión da lexislación sobre seguridade e saúde no traballo, incluídos os axentes canceríxenos e mutáxenos e a revisión da directiva sobre o desprazamento de traballadores/as son algunhas das accións que a Comisión Europea programa para este ano.
Tribunal de Contas
8/1/2016 Tribunal de Contas
O Pleno de Tribunal de Contas aprobou o "Informe de fiscalización sobre a xestión e o control efectuados polas Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades profesionais da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria concertada con medios alleos" . O ámbito temporal de fiscalización abrangue o exercicio 2013. Entre os obxectivos da fiscalización atópase a verificación das actuacións de control da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, DXOSS, na súa función de coordinación e tutela das Mutuas, así como analizar se os concertos de asistencia formalizados con medios alleos se realizaron conforme a principios de eficiencia e economía.
Comisión europea
4/12/2015 COMISIÓN EUROPEA
A Comisión Europea planea endurecer a normativa sobre a presenza nos produtos de consumo de sustancias que son carcinóxenas, mutáxenas ou tóxicas para a reprodución (CMR). Os primeiros produtos de consumo afectados serán a roupa e os produtos téxtiles para o fogar como cortinas, alfombras, toallas e roupa de cama.
BOE
1/12/2015 Ministerio de Emprego e Seguridade Social
O 1 de decembro entra en vigor a Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.
enfermidade profesional
26/11/2015 ENFERMIDADE PROFESIONAL
O Grupo de Traballo de Enfermidades Profesionais, formado por representantes do Ministerio de Sanidade, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e sindicatos e empresarios, traballa para incluír o cancro de laringe -producido por inhalación de po de amianto e cromo-, o cancro de pulmón por exposición a sílice cristalina e a neumopatía intersticial difusa, na lista de enfermidades profesionais.
Disruptores endocrinos
20/11/2015 COMISIÓN EUROPEA
Segundo informaron fontes do executivo comunitario, Bruxelas apunta a comezos do ano que vén para aprobar a súa primeira avaliación de impacto sobre os criterios para identificar disruptores endocrinos. Trátase dun paso previo ao lanzamento dunha proposta lexislativa para a súa regulación.
ESENER2
16/11/2015 INSHT
A Enquisa Europea ás empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER) EU-OSHA é unha extensa investigación sobre como os riscos de saúde e seguridade son xestionados nos lugares de traballo europeos. Mediante a ampliación da mostra que correspondía ao Estado, logrouse mellorar a representatividade nacional na devandita enquisa e a comparabilidade cos países europeos.
INSHT
9/11/2015 INSHT
O INSHT ven de publicar na súa web o documento no que se detalla en qué consistirá o primeiro Plan de Aplicación da Estratexia, que abarca o período 2015-2016. O Plan, que ocupa unhas 15 páxinas do total do texto publicado, consta de 65 medidas. Para estas medidas están definidos responsables de execución, planificación e indicadores de proceso e resultado, co fin de avaliar o grao de avance das medidas e a efectividade das mesmas.
doue suplemento
28/10/2015 COMISIÓN EUROPEA
O Diario Oficial da Unión Europea publicou o pasado 4 de setembro a petición de ofertas nº VT/2015/049 cuxo obxectivo é: “Desenvolvemento e deseño dun modelo estrutural para a construción e posta en funcionamento dun sistema de información sobre a saúde e a seguridade no traballo na Unión Europea”.
BOE
22/10/2015 SERVIZOS DE PREVENCIÓN
O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 899/2015, de 9 de outubro, polo que se modifica o Regulamento dos servizos de prevención de riscos laborais aprobado por Real Decreto 39/1997. O obxectivo da modificación é simplificar o procedemento de acreditación correxindo as diferenzas na interpretación e mellorando a súa aplicación.
Inspección de Traballo e Seguridade Social
19/10/2015 ITSS
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social está a levar a cabo un amplo plan de inspección para comprobar as cotizacións sociais das empresas por accidentes de traballo cunha aplicación da lei moito máis severa. As inspeccións están a pecharse con reclamacións millonarias en moitos casos.
Plan de acción EESST 2015 2016
29/9/2015 Saúde laboral
Co fin de acadar os obxectivos marcados, a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo (2015-2020) estabelece a elaboración de tres Plans de Acción que comprenden os períodos: 2015-2016, 2017-2018 y 2019-2020. A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo aprobou en xullo de 2015 o primeiro plan de acción, que corresponde ao período 2015-2016.
iso
25/9/2015 Organización Internacional de Normalización
Despois da revisión durante tres anos por parte de expertos de 95 países vende publicarse a ISO 9001: Sistemas de Xestión da Calidade. Segundo o presidente do subcomité de ISO que desenvolveu e revisou a norma, edición 2015 conta con importantes cambios, entre os que cita que esta versión se centra máis na xestión de procesos e menos na documentación, empregando o ciclo Planificar-Hacer-Verificar-Actuar en todos os niveis da organización.
Diñeiro
11/9/2015 sinistralidade
O Goberno está a traballar no proxecto de real decreto para mellorar os incentivos que reciben as empresas que declaran baixos límites de sinistralidade laboral, tal e como se contempla na Lei de Mutuas. Con esta nova regulación preténdese simplificar o procedemento de solicitude para as empresas e axilizar o abono das primas que se estabelezan.
Imaxen da Axencia Europea
26/6/2015 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
O 23 de xuño de 2015, a EU-OSHA presentou en Bruxelas ao Parlamento Europeo as principais conclusións da segunda edición da súa Enquisa Europea de Empresas sobre Riscos Novos e Emerxentes ESENER - 2. Logo de realizar entrevistas en preto de 50.000 empresas, a enquisa puxo de manifesto que os factores de riscos relacionados cos trastornos psicosociais e musculoesqueléticos son os que máis afectan a traballadores e traballadoras nos centros de traballo de Europa, e que a avaliación de riscos segue a considerarse a mellor forma de combatilos.
Informe anual 2014 OSHA
19/6/2015 AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO
Entre as actividades principais da axenda da Axencia Europea para 2014 encontrábase a adopción do novo marco estratéxico da Unión Europea en materia de seguridade e saúde no traballo, o lanzamento de OSHwiki, as ferramentas OiRA, e a publicación da “Guía electrónica para a xestión do estrés e dos riscos psicosociais”.
Inspección Traballo e SS
20/4/2015 ITSS
A Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social, na súa condición de Autoridade Central da ITSS ven de ditar o Criterio Técnico ITSS nº 95/2015 en materia de contratación temporal
Estratexia española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020
10/4/2015 Saúde laboral
O Pleno extraordinario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo ratificou a Estratexia española de Seguridade e Saúe no Traballo para o período 2015-2020, logo de case dous anos e medio de espera. A estratexia estrutúrase en base aos obxectivos xerais que son promover unha mellor aplicación da lexislación en materia de seguridade e saúde no traballo e a súa consolidación en materia de seguridade e saúde no traballo e a súa consolidación nas Comunidades Autoónomas, especialmente nas pemes, e favorecer a mellora continua das condicións de traballo, centrándose especialmente na prevención das enfermidades profesionais.
Imaxen do icono da Seguridade Social
7/4/2015 mutuas
A Seguirdade Social ven de remitir aos axentes sociais o proxecto de Resolución no que se define o Plan Xeral de Actividades Preventivas da Seguridade Social que deberán aplicar as Mutuas no ano 2015. En relación ao asesoramento técnico a pemes incluído no Plan, este céntrase nos sectores que están a rexistrar un maior número de accidentes graves e mortais; así contémplanse 30 sectores nos que a porcentaxe de accidentes graves e mortais é do 82,93%. En relación ao programa anterior, 26 sectores repiten e se incorporan 3 novos.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais