Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Informe anual da Inspección de Traballo e Seguridade Social (Memoria ano 2015)
1/3/2017 ITSS
No documento recóllese información referida á actividade da Inspección de Traballo e Seguridade Social nas distintas áreas que lle son competentes, Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral Prevención de Riscos Laborais, Emprego e Estranxeiría, e Seguridade Social, así como as actividades relacionadas coa elaboración de informes dentro da competencia de asesoramento e colaboración.
Informe sobre tóxicos para a reprodución
15/2/2017 EU-OSHA
O documento elaborado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, presenta os resultados dun informe que examina o coñecemento actual sobre os riscos no lugar de traballo para a reprodución: substancias químicas perigosas, como pesticidas e produtos farmacéuticos, así como factores biolóxicos, físicos, de organización e psicosociais. O texto destaca as lagoas no coñecemento e recomenda formas de avanzar para aumentar a concienciación e mellorar a prevención.
Seguridade e saúde no traballo a calquera idade
14/2/2017 EU-OSHA
A través desta ferramenta poden visualizarse os resultados esenciais do proxecto levado a cabo pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo a petición do Parlamento Europeo, sobre a seguridade e saúde no traballo (SST) no contexto dunha man de obra en proceso de envellecemento na UE.
cancer ocupacional
13/2/2017 IOSH
A Institution of Occupational & Health (IOSH) lanzou a campaña “No time to lose” ("Non hai tempo que perder") para concienciar sobre o cancro ocupacional como un problema de saúde importante para os traballadores no Reino Unido e internacionalmente e para suxerir algunhas solucións para abordar o problema.
Rehabilitación e retorno ao traballo logo do cancro
9/2/2017 EU-OSHA
Informe elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo que proporciona unha revisión de literatura científica relevante na materia, dirixido a recoller información sobre iniciativas existentes, políticas e prácticas en rehabilitation e regreso ao traballo logo de ter sufrido cancro e reunir exemplos de intervencións exitosas.
Imaxen da Axencia Europea
20/1/2017 EU-OSHA
Proxecto iniciado e financiado polo Parlamento Europeo e realizado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo. No mesmo ofrécese unha visión xeral dos problemas relacionados co envellecemento, o traballo e a SST, así como unha análise das políticas e as iniciativas que abordan o envellecemento da poboación activa en Europa. O proxecto tamén ten en conta o estudo de Eurofound sobre o traballo sustentable.
Entornos cambiantes: revisión a metade de carreira e mobilidade interna
19/1/2017 EU-OSHA
As denominadas revisións a metade de carreiria, MCR, nas que empregadores/as organizan unha avaliación dos traballadores/as no lugar de traballo no que se considera que é o punto medio da súa vida laboral, poden mellorar a vida laboral dun empregado/a segundo este novo informe de Eurofound. As MCR poden mellorar a vida laboral de traballadores/as e axudar a abordar o desafío do envellecemento demográfico de Europa.
Comisión europea
11/1/2017 Comisión Europea
Esta iniciativa, que está "baseada en esforzos anteriores", busca mellorar a vida das persoas previndo accidentes laborais e enfermidades profesionais a través de iniciativas que protexan mellor aos traballadores/as ante o cancro de orixe laboral, que axuden as empresas, sobre todo as pequenas e medianas, nos seus esforzos para cumplir o marco normativo vixente, e a poñer maior énfase nos resultados e menos no papeleo.
Imaxen da Axencia Europea
20/12/2016 EU-OSHA
A campaña que promove a Axencia Europea para o bienio 2018-2019 estará adicada ás sustancias perigosas co fin de incrementar a sensibilización e promover unha cultura de prevención nos lugares de traballo de toda a UE, centrando a atención en grupos específicos de traballadores e traballadoras.
Generalitat de Catalunya
24/11/2016 Generalitat de Catalunya
A Mesa Paritaria Xeral de Prevención da Función Pública, na que están representadas a Administración e sindicatos, chegou a un acordo sobre o borrador do protocolo unificado que servirá de base definitiva para os procedementos de prevención e actuación ante as situacións de violencia externa. O documento diferencia o tipo de violencia que sofre o empregado/a como o dano físico ou psicolóxico e a ameaza, verbal ou con xestos, se se produce durante o horario laboral.
Guía Europea para Inspectores de Traballo sobre sílice cristalina respirable en traballos de construción
17/11/2016 Comisión Europea
O Comité de Altos Responsables da Inspección do Traballo (SLIC) xunto co Ministerio de Traballo holandés (inspección de traballo) ven de publicar directrices dirixidas a inspectores nacionais de traballo sobre como abordar os riscos para os traballadores/as derivados da exposición á sílice cristalina respirable (SCR) xerada na construción. A guía proporciona información de referencia sobre a SCR, os riscos para a saúde, o marco regulamentario, as medidas de control e unha serie de follas de tarefas en materia de SCR.
Inspección de Traballo e Seguridade Social
5/10/2016 ITSS
Na instrucción 3/2016 sobre os plans de traballo da Inspección de Traballo e Seguridade Social, márcase a comprobación do control das horas traballadas por parte das empresas. Segundo este organismo, as horas empregadas para desenvolver as funcións laborais deben de ser controladas pola empresa, y non polo trabajador ou traballadora, como se viña facendo. Con este novo sistema preténdese que as empresas señan conscientes do número de horas extras que fan os seus empregados co fin de retribuilas, económicamente ou en tempo, e cotizalas á Seguridade Social.
Inspección de Traballo e Seguridade Social
14/9/2016 ITSS
Este luns 12 de setembro o BOE publica a Orde ESS/1452/2016, de 10 de juño, pola que se regula o modelo de dilixencia de actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social que elimina o Libro de visitas, tanto en formato papel como en formato electrónico. A nova regulamentación traslada a obriga de documentar as actuacións inspectoras das empresas á ITSS, tal e como se recolle na Lei 23/2015, do 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, que dispón a obriga de documentar por escrito cada actuación realizada polos funcionarios da Inspección, utilizando medios electrónicos e sen que iso supoña impoñer ás empresas obriga algunha para adquirir calquera clase de libros ou formularios para a realización das devanditas dilixencias.
BOE
6/9/2016 Mutuas
Segundo Resolución de 29 de xuño de 2016, da Direción Xeral de Ordenación da Seguridade Social, que desenvolve a Orde ESS/70/2016, o Goberno pagará ás mutuas por forzar a redución das baixas pr continxencia común. O pago consistirá en incrementar o coeficiente que cobran as mutuas sobre a cota íntegra da aportación por continxencias comúns de empresas e traballadores/as.
Inspección de Traballo e Seguridade Social
5/9/2016 ITSS
Segundo se explica na memoria do ano 2015 do Consello Económico e Social, o número de actuacións realizadas pola Inspección de Traballo e Seguridade Social ata finais de decembro de 2015, foi de 1,2 millóns, inferior nun 2,5 por cento ao ano anterior. Detectáronse 87.068 infraccións (un 11,8 por cento menos que en 2014) e foron 533.373 os traballadores/as afectados polas mesmas, o que representa un 37,6 por cento máis que o ano anterior. Mais da metade das actuacións foron en materia de Seguridade Social, 618.934, un 4,5 por cento menos que o ano anterior. En relación ao importe das sancións, no ano pasado acodouse en 2015 a cifra de 310,3 millóns de euros, o que supón unha cantidade un 6 por cento menor á correspondente en 2014.
Parlamento europeo
16/8/2016 SAÚDE LABORAL
O Regulamento substitúe unha directiva, que debe ser transpuesta polos Estados membros ao seu ordenamento xurídico interno nun proceso no que con certa frecuencia pódense producir actuacións discrepantes entre uns e outros Estados, por un regulamento, que os Estados membros deben acatar na súa literalidade, sen posibilidade alguna de desviacións ou interpretacións.
Comisión europea
11/7/2016 Comisión Europea
Logo de tres anos de eludir unha definición dos perturbadores endocrinos, tamén denominados disruptores ou alteradores do sistema hormonal, e cal debe ser o procedemento para a súa identificación, a Comisión Europea acordou o pasado 15 de xuño os criterios para identificar os alteradores endocrinos nos ámbitos dos praguicidas e os biocidas. A Health and Environment Alliance (HEAL), no que se inclúen 70 Ong europeas relevantes en materia de saúde e medioambiente, federacións médicas europeas e grupos científicos, amosou o seu desgusto unha vez coñecida a posición da Comisión, indicando nun comunicado que logo do atraso de tres anos, os criterios propostos "non protexerán preventivamente das enfermidades que estes disruptores orixinan no sistema endocrino".
Proxecto SESAME
6/7/2016 EU-OSHA
As microempresas e as pequenas empresas son a medula espinal da economía da Unión Europea e deben ser consideradas motor fundamental do crecemento económico, a innovación, o emprego e a integración social. Aproximadamente a metade dos traballadores/as europeos/as traballan en microempresas e pequenas empresas. Así pois a xestión efectiva da seguridade e a saúde no traballo (SST) nestas empresas é esencial para garantir o benestar de traballadores/as e a supervivencia económica a longo prazo das empresas. Con todo, as estatísticas e os estudos amosan que a seguridade e a saúde de moitos dos traballadores/as de microempresas e pequenas empresas está deficientemente protexida e que resulta difícil garantir unha boa xestión respecto a este tema.
III enquisa de Seguridade e Saúde Laboral de Navarra
4/7/2016 Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra
Os resultados da Enquisa indican que en relación a riscos tradicionais no ámbito laboral a situación é mellor que en anos anteriores; así mesmo, disminue a percepción que traballadores/as teñen de estar expostos a riscos de sufrir un accidente, incrementándose o risco de accidente de tráfico, ser vítima dun atraco ou dunha agresión física externa derivados da actividade laboral.
Inspección de Traballo e Seguridade Social
22/6/2016 ITSS
A Dirección Xeral da Inspección de Traballo, procedeu a analizar o contido das investigacións de accidentes de traballo mortais levadas a cabo polos inspectores de traballo e Seguridade Social no ano 2015. E máis concretamente, dos accidentes de traballo mortais de carácter traumático (excluídos os accidentes de tráfico). O estudo ofrece información, sobre as causas dos accidentes (caídas de altura, esmagamentos, contactos eléctricos...), así como sobre as situacións ou contextos en que devanditos accidentes suceden,
Informe anual EU-OSHA 2015
16/6/2016 EU-OSHA
O Informe Anual 2015 da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) destaca as principais actividades realizadas pola Axencia no ano. Entre estas actividades o informe destaca a publicación das primeiras conclusións da enquisa ESENER-2, a concesión dun Certificado de Boas Prácticas ao proxecto OiRA e conclusión da campaña «Xestionemos a tensión». Así mesmo, recóllese a publicación de diversos artigos elaborados por expertos sobre os novos desafíos e riscos emerxentes derivados dos cambios que está a vivir o mundo do traballo e as súas repercusións na seguridade e saúde dos/as traballadores/as: a produción participativa (crowdsourcing), os fármacos que melloran o rendemento e a robótica.
Comisión europea
9/6/2016 Comisión Europea
A Comisión Europea comunicou aos Estados membros que a opción que considera idónea para incrementar a transparencia en relación ao emprego de nanomateriales é unha páxina web pública, ou "observatorio", na que se recompile a información existente, en detrimento dun sistema de notificación obrigatoria da UE. Así pois, en lugar de esixir ás empresas que rexistren anualmente o emprego de nanomateriais a través dun Rexistro, se pasará á recollida de información sobre os mesmos, que estará compilada nun Observatoiro de acceso público. A Comisión delegou a tarefa de garantir a transparencia e a trazabilidad dos nanomateriales á Axencia Europea de Sustancias Químicas (ECHA).
Friends of the roadmap on carcinogens
2/6/2016 Enfermidade profesional
O 25 de maio de 2016 , seis organizacións, entre elas a EU-OSHA , a Comisión Europea e os interlocutores sociais europeos asinaron un pacto para participar nunha nova folla de ruta para co fin de reducir a exposición a axentes cancerígenos no lugar de traballo. A iniciativa comeza coa Presidencia neerlandesa da UE en 2016 e está apoiada pola Presidencia austriaca da UE en 2019 .
Comisión europea
16/5/2016 Comisión Europea
O cancro é a primeira causa de mortes relacionadas co traballo na UE, representando o 53% do total. O número de mortes atribuídas ao cancro de orixe laboral na Unión Europea rolda as 102.000 por ano. Co fin de mellorar a protección de traballadores e traballadoras en relación á exposición a substancias canceríxenas, Comisión Europea propón cambios na Directiva relativa a axentes canceríxenos e mutaxénicos (2004/37 / CE) para limitar a exposición a 13 produtos químicos canceríxenos no lugar de traballo.
OCDE
13/5/2016 Saúde laboral
Segundo datos pola Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económicos (OCDE) o Estado español presenta os peores datos referidos á saúde no traballo no entorno europeo. A análise baseose en tres indicadores fundamentais: a seguridade do mercado laboral (risco de desemprego e cobertura no caso de desemprego), calidade do entorno de traballo e remuneracións. Os datos que permiten observar a evolución da calidade do traballo nos últimos dez anos foron recollidos dende 2005 ata 2015.
Médica
4/5/2016 Saúde
Nunha rolda de prensa, o presidente do Colexio Oficial de Médicos de Barcelona, indicou que as baixas laborais deberían notificarse de forma automática por parte do médico ás empresas e non como ocorre actualmente, que é o paciente o responsable de comunicar esta condición ao seu centro laboral: "É unha situación totalmente anacrónica que, con todos os avances tecnolóxicos que existen hoxe en día, sexa preciso levar un papel dunha oficina a outra".
Parlamento europeo
30/3/2016 PARLAMENTO EUROPEO
A revisión da Directiva 89/686 / CEE sobre o deseño e a comercialización de equipos de protección individual (EPI) foi aprobada en primeira lectura polo Parlamento Europeo o 20 de xaneiro de 2016 e deberá ser aprobada en breve pola Comisión Europea para a súa publicación.
ESENER 2
30/3/2016 EU-OSHA
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo ven de publicar os datos da enquisa ESENER - 2. O traballo da conta dos resultados obtidos logo de realizar preto de 50.000 enquisas no ano 2014 en empresas de todos os sectores de actividade, que tiñan un mínimo de 5 empregados, repartidas nun total de de 36 países. As enquisas requerían información acerca da xestión dos riscos de seguridade e saúde no lugar de traballo, facendo fincapé nos riscos psicosociais, como o estrés laboral, a violencia ou o acoso.
Relación de substancias que deberían ter límites de exposición profesional
21/3/2016 ETUI
O Instituto Sindical Europeo, ETUI, ven de poñer en marcha unha campaña dirixida ao uso nos lugares de traballo de carcinóxenos e do cancro laboral relacionado con este uso. Entre outras medidas o ETUI publicou unha proposta en relación a límites de exposición vinculantes na EU.
Traballos saudables en todas as idades
17/3/2016 Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo
A Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo presentará a súa nova campaña para o bienio 2016-2017 o vindeiro 14 de abril. Con esta campaña, a Axencia Europea pon o foco na necesidade de ter presente a idade de traballadoras e traballadores á hora de valorar os riscos aos que están expostos no traballo. O traballo debe adaptarse ás capacidades individuais, habilidades e idade.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais