Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

PORTAIS

01-02-2018 - RECURSOS DIXITAIS

WEB SOBRE OS RISCOS DE CANCRO NO TRABALLO E OS PERIGOS DA EXPOSICIÓN A AXENTES CARCINÓXENOS

Trátase dunha iniciativa voluntaria destinada a intercambiar boas prácticas de seguridade entre os sindicatos, inspectores/as de traballo, empresas, investigadores/as, profesionais da prevención de riscos, etc. Os socios están a convidar a participar a organizacións e empresas de toda Europa, achegando información, recursos e eventos enfocados á prevención da exposición a axentes canceríxenos nos lugares de traballo da UE.

Ligazón á web RISCOS DE CANCRO NO TRABALLO E OS PERIGOS DA EXPOSICIÓN A AXENTES CARCINÓXENOS

OSHWIKI, A WIKIPEDIA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS –EU-OSHA-

Proxecto desenvolvido pola EU-OSHA , para permitir a posta en común do coñecemento en seguridade e saúde no traballo (SST), a información e as mellores prácticas, co fin de apoiar ás organizacións gobernamentais, da industria e dos/as traballadores/as para garantir a seguridade e a saúde no lugar de traballo. Polo momento dispoñible en versión beta e con contidos en inglés.

Ligazón OSHwiki

PORTAL TEMÁTICO DE RISCOS PSICOSOCIAIS -INSSBT-

O Portal inclúe información sobre estatísticas, datos e enlaces de interese nos distintos campos de coñecemento.

Ligazón ao Portal de RISCOS PSICOSOCIAIS

PORTAL: PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO -INSSBT-

O INSHT pon en marcha un portal temático adicado á promoción da saúde no traballo.

Ligazón ao Portal de PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO

PORTAL: ERGONOMÍA -INSSBT-

O portal de Ergonomía recolle a información que sobre este tema dispón no INSSBT, a partir dunha concepción teórica dos diversos aspectos que deben considerarse no ámbito da Ergonomía, é dicir a consideración do traballo como un sistema.

Ligazón ao Portal de ERGONOMÍA

PORTAL: EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL -INSSBT-

Este portal temático, relacionado cos Equipos de Protección Individual, permite ao usuario acceder a información sobre a Selección e uso de tales equipos, así como sobre o proceso de Certificación e sobre os aspectos máis relevantes da Normalización técnica dos mesmos.

Ligazón ao Portal EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

PORTAL: RISCO QUÍMICO -INSSBT-

Neste Portal considéranse tanto os aspectos de seguridade como os de hixiene industrial, incluíndo información sobre sectores específicos con problemática en risco químico e axentes con normativa especial. Incorpora tamén información relativa ao novo sistema globalmente harmonizado de clasificación e etiquetaxe dos axentes químicos.

Ligazón ao Portal: RISCO QUÍMICO

PORTAL: RISCOS BIOLÓXICOS -INSSBT-

Este portal permite acceder a información de utilidade para levar a cabo a xestión da prevención do risco por exposición a contaminantes biolóxicos.

Ligazón ao Portal: RISCOS BIOLÓXICOS

PORTAL: TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS -INSSBT-

Neste portal analízanse os trastornos musculoesqueléticos máis frecuentes, ofrécense métodos de avaliación e indicacións sobre boas prácticas. Tamén pode consultarse unha descripción dos factores que poden contribuir á aparición dos TME e se ofrecen orientacións para a súa identificación e control.

Ligazón ao Portal TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS

PORTAL DO SECTOR MARÍTIMO PESQUERO -INSSBT-

O INSBTT pon en funcionamento este Portal co propósito de contribuír á mellora das condicións de seguridade e saúde dos/as traballadores/as deste sector e dar unha resposta organizada ás necesidades de información e asesoramento en relación á seguridade e a saúde laboral dos/as traballadores/as do sector marítimo pesqueiro.

Ligazón ao PORTAL DO SECTOR MARÍTIMO PESQUERO

PORTAL: SECTOR AGRARIO -INSSBT-

O portal temático do Sector Agrario do INSSBT está estruturado en cinco seccións: información xeral sobre o sector agrario, praguicidas agrícolas (produtos fitosanitarios), maquinaria, gandaría e traballos forestais. As diferentes seccións están estruturadas de forma similar e recollen a información máis relevante dende o punto de vista preventivo sobre documentación, normativa, formación e ligazóns de interese específicos de Agricultura, así como sobre os proxectos específicos do INSSBT en relación con este sector.

Ligazón ao Portal: SECTOR AGRARIO

PORTAL: TRANSPORTISTA AUTÓNOMO -INSSBT-

Permite ao usuario acceder á información sobre a prevención de riscos laborais centrada no seu colectivo e que, ademais, pon á súa disposición material divulgativo de carácter técnico en forma de fichas informativas, manuais e guías prácticas, para que poida xestionar e integrar de forma fácil a prevención de riscos laborais na súa actividade.

Ligazón ao Portal: TRANSPORTISTA AUTÓNOMO

PORTAL DE SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS –INSSBT-

O Portal ofrece información sobre situacións de traballo perigosas con fins preventivos. Descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou poden producirse danos á saúde dos traballadores, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención , así como as medidas preventivas máis axeitadas.

Ligazón ao Portal SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS