Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novos calculadores: Estrés térmico. Índice WBGT. Avaliación da exposición ao ruído

23-03-2018 - INSSBT

O INSSBT ven de poñer a disposición dos usuarios/as dous novos calculadores para a disciplina de Hixiene: Estrés térmico. Índice WBGT e Avaliación da exposición ao ruído. Cálculos básicos.

"Estrés térmico. Índice WBGT"

Para o cálculo do índice WBGT ( Wet Bulb Globe Thermometer), establecido na norma UNE EN 27243, empregado en ambientes laborais para avaliar a tensión térmica por calor. É unha primeira aproximación para determinar se unha situación de estrés térmico é admisible ou non para un traballador/a.

"Avaliación da exposición ao ruído. Cálculos básicos".

Cálculo das ecuacións básicas para a avaliación da exposición ao ruído: nivel equivalente diario para unha exposición, para exposición a "m" operacións con distintos niveis de ruído; nivel equivalente para un período semanal; tempo máximo de exposición; nivel equivalente para ruído estable.

Ligazón ao Calculador Estrés térmico. ïndice WBGT

Ligazón ao Calculador Avaliación da exposición ao ruído. Cálculos básicos

Ligazón aos Calculadores para a disciplina de Hixiene

Ligazón aos Calculadores do INSSBT

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS