Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novo calculador: “Exposición a axentes químicos. Avaliación cualitativa do risco por inhalación”

27-08-2018 - INSSBT

O INSSBT ven de poñer a disposición dos usuarios/as un novo calculador para a disciplina de Hixiene: Exposición a axentes químicos. Avaliación cualitativa do risco por inhalación

Este calculador permite determinar o risco de exposición por inhalación a axentes químicos en base ás variables de risco potencial, tendencia a pasar ao ambiente, procedemento de traballo, ventilación e un factor de corrección en función do valor límite ambiental. A avaliación cualitativa realízase establecendo unha clase e unha puntuación para cada unha das variables implicadas e, en último termo, unha puntuación para o risco por inhalación que permite caracterizar o risco clasificándoo como risco a priori baixo, risco moderado ou risco probablemente moi elevado.

Ligazón ao calculador "Exposición a axentes químicos. Avaliación cualitativa do risco por inhalación”

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS