Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novidades en Calculadores (ergonomía)

07-04-2017 - INSHT

O INSHT ven de poñer en disposición dous novos calculadores: "Manipulación manual de cargas: valores límite en operacións de empuxe, arrastre e transporte" e "Cálculo da resistencia térmica do vestido".

"Manipulación manual de cargas: valores límite en operacións de empuxe, arrastre e transporte" : en función das características da operación realizada (distancia percorrida, altura das mans, frecuencia de manipulación e sexo do traballador), estabelece uns valores de forza máxima, tanto inicial como sostida, que non deberían superarse nas operacións de empuxe e arrastre de cargas. Ofrece tamén un valor máximo de masa para o transporte de cargas. Todos estes límites están baseados nas recomendacións de Snook e Ciriello.

"Cálculo da resistencia térmica do vestido":  O illamento térmico da roupa é unha das variables que interveñen nos diferentes métodos de cálculo para determinar tanto o risco como o malestar provocados polo ambiente térmico. Este calculador permite estimar o valor desta variable a través da análise das distintas pezas de roupa que visten os traballadores e da suma do illamento térmico que proporcionan cada unha delas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS