Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novidades do INSSBT en App

14-03-2018 - INSSBT

O INSSBT amplía as súas ferramentas para a prevención con dúas novas aplicacións para dispositivos móbiles: o “Conversor de unidades e formulario de Hixiene Industrial” e “Plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP). Condicións de seguridade”.

Conversor de unidades e formulario de Hixiene Industrial:

Esta aplicación proporciona un conversor para as unidades utilizadas máis frecuentemente en Hixiene Industrial e contén as fórmulas que permiten realizar os principais cálculos relacionados con diferentes campos de actuación da hixiene industrial.

Os grupos de almacenamento considerados na aplicación están baseados nos criterios establecidos para recipientes móbiles no Real Decreto 379/2001 Regulamento de almacenamento de produtos químicos e os seus ITC de desenvolvemento.

Plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP). Condicións de seguridade.

Esta aplicación axuda a verificar as condicións de seguridade das plataformas elevadoras móbiles de persoal en base á revisión do estado dos distintos elementos que as constitúen susceptibles de sufrir danos de orixe diversa antes da súa utilización, durante e ao finalizar a mesma.

Ligazón ás Aplicacións informáticas para Smartphone ou Tablet (APP)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS