Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novidades do INSHT: Actualización de RISKQUIM e novos contidos en BASEQUIM

22-05-2013 - INSHT

Nos últimos días o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo procedeu á actualización da aplicación informática RISKQUIM e incorporou novos contidos técnicos en BASEQUIM.

Incorporáronse ao Portal de Situacións de Traballo Perigosas (STP), novos contidos técnicos en BASEQUIM, base dedicada a situacións de traballo perigosas con exposición potencial a axentes químicos.

Nesta base proporciónanse fichas que conteñen información sobre os axentes químicos que poden estar presentes na realización da situación de traballo, os danos para a saúde derivados da exposición aos axentes químicos considerados, os factores de risco e as medidas preventivas. Nesta colección incluíronse dúas fichas novas sobre:

Tratamentos do cabelo en salóns de peiteado: exposición a axentes químicos

Electroforese en xel de agarosa: exposición a bromuro de etidio

Acceso a BASEQUIM

---------------------------------------------------------------------------------------------

RISKQUIM. Produtos Químicos: Identificación e clasificación de perigosidade.

Actualizouse a aplicación informática RISKQUIM. A nova versión 5.0 substitúe a versión anterior e incorpora os Regulamentos (UE) n.º 286/2011 e n.º 618/2012, que modifican o Regulamento (CE) n.º 1272/2008 sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas (CLP).

Acceder a RISKQUIM

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS