Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Nova web web informativa sobre os riscos de cancro no traballo e os perigos da exposición a axentes carcinóxenos

08-11-2016 - Hixiene

Este proxecto, dispoñible dende o 10 de outubro, está apoiado pola Confederación Europea de Sindicatos, Business Europe (patronal europea), a Comisión Europea, a Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo e dúas presidencias da UE (Países Baixos e Austria), socios na campaña europea "Folla de ruta sobre canceríxenos", lanzada en Ámsterdam en maio de 2016.

Trátase dunha iniciativa voluntaria destinada a intercambiar boas prácticas de seguridade entre os sindicatos, inspectores/as de traballo, empresas, investigadores/as, profesionais da prevención de riscos, etc. Os socios están a convidar a participar a organizacións e empresas de toda Europa, achegando información, recursos e eventos enfocados á prevención da exposición a axentes canceríxenos nos lugares de traballo da UE.

Acceso á web Roadmap on carcinogens

Máis información sobre esta inciativa

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS