Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Nova ferramenta para estimar os riscos por exposición a múltiples axentes químicos

03-02-2015 - INRS

O INRS francés ven de publicar unha ferramenta web que serve para estimar os riscos por exposicións simultáneas a sustancias con efectos similares sobre o organismo. A ferramenta traballa coa hipótese de que as sustancias presentes no mesmo ambiente e á que se lle asigna unha mesma clase de perigo presentan un efecto aditivo, calculándose así un índice de exposición da mestura para o devandito efecto

MiXie pode empregarse como unha primeira aproximación á hora de xestionar exposicións múltiples. A ferramenta contempla 118 sustancias con valores límites de exposición profesional de aplicación en Francia así como 32 tipos de efectos toxicolóxicos sobre os que se pode expor a estimación dos efectos aditivos.

Ligazón á aplicación www.inrs-mixie.fr (en francés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS