Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Nova app: Guía de peto sobre perigos químicos

02-09-2016 - NIOSH

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral (NIOSH) dos EEUU pon a disposición de usuarios/as unha nova versión en formato app da Guía de peto sobre Perigos Químicos. A aplicación pódese empregar en calquera dispositivo con navegador web. Esta guía ofrece información xeral de hixiene industrial para máis de 600 de productos químicos, axudando a usuarios/as a detectar e controlar os perigos químicos no traballo.

A aplicación contén todo o contido da publicación Guía de peto (desenvolvida nos anos setenta do século pasado e actualizada periódicamente co fin de incluír novos datos relativos á toxicidade de substancias e cambios nas normas ou recomendacións de exposición) e permite procuras rápidas por nome químico, nome comercial ou sinónimo, número DOT e número CAS.

A aplicación permite que o usuario almacene rexistros químicos como "favoritos" para o seu uso posterior, así como controlar que datos se amosan acerca dun determinado produto químico; non se envían datos entre o dispositivo do usuario/a e NIOSH despois da descarga inicial e as actualizacións, polo que non hai ningún risco sobre a privacidade.

A instalación da app pode realizarse a través da ligazón: http://www.cdc.gov/niosh/npg/mobilepocketguide.html?s_cid=3ni7d2NiUpdate... A aplicación requerirá 5 Mb de espacio de almacenamento no dispositivo.

A Guía de Bolsillo de NIOSH pode visualizarse a través da ligazón: http://www.cdc.gov/niosh/npg/default.html?s_cid=3ni7d2NiUpdateNPGmain071...

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS