Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

EPIDAT: análise epidemiolóxica de datos

05-11-2014 - Consellería de Sanidade

Epidat é un programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) co apoio da Organización Panamericana de la Salud (OPS-OMS) e a Universidad CES de Colombia. Os obxectivos de Epidat son: - Aportar unha ferramenta de manexo sinxelo e de utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos que cubra algunhas omisións nas aplicacións máis estendidas. - Apoiar e facilitar a docencia en epidemioloxía, tanto no ámbito da cooperación técnica como no universitario. - Fortalecer a capacidade analítica dos profesionais de saúde. - Ofrecer unha fonte de formación autodidacta en determinadas áreas escollidas da estatística aplicada á epidemioloxía.

Actualmente distribúense dúas versións de Epidat, a 3.1 e a 4.1. A versión máis recente non substitúe totalmente á 3.1 porque non inclúe, de momento, todos os módulos de dita versión. Inicialmente, Epidat 4.0 saíu á luz con 8 dos 19 módulos previstos e, tempo despois, engadiuse o módulo de Análise bayesiana (versión que foi considerada a 4.0.1). A versión 4.1 engade os módulos de Inferencia sobre parámetros e Regresión loxística, ademais de modificar considerablemente o módulo de Medición de desigualdades en saúde. Os restantes módulos iranse engadindo progresivamente.
Relación de módulos:
  • Análisis descriptivo
  • Depuración e imputación de datos
  • Muestreo
  • Inferencia sobre parámetros
  • Tablas de contingencia
  • Concordancia y consistencia
  • Pruebas diagnósticas
  • Ajuste de tasas
  • Demografía
  • Estimación de la mortalidad atribuida
  • Regresión logística
  • Análisis de supervivencia
  • Distribuciones de probabilidad
  • Análisis bayesiano
  • Meta-análisis
  • Vigilancia en salud pública
  • Índices de desarrollo o privación
  • Medición de desigualdades en salud
  • Métodos de evaluación económica

Descarga versión 4.1 


Descarga versión 3.1 

Fonte:

Servicio de Epidemiología
Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública


http://dxsp.sergas.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS