Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Base de datos: INFOMEP (Información para traballadores sanitarios sobre medicamentos perigosos)

04-05-2018 - INSSBT

O INSSBT publica a base de datos INFOMEP sobre medicamentos perigosos na que constan como entradas posibles: nome do medicamento, código nacional, principio activo, grupo terapéutico e a súa descrición, laboratorio fabricante, motivo de perigo, referencia segundo a lista do NIOSH, e recomendacións para a preparación e administración.

Como continuación e actualización da publicación “Medicamentos perigosos. Medidas de prevención para a súa preparación e administració”, o INSSBT publica a base de datos INFOMEP sobre os devanditos medicamentos na que constan como entradas posibles: nome do medicamento, código nacional, principio activo, grupo terapéutico e a súa descrición, laboratorio fabricante, motivo de perigo, referencia segundo a lista do NIOSH, e recomendacións para a preparación e administración.

Por calquera destas entradas pódese acceder a esta última información para cada un dos máis de 2.400 medicamentos/especialidades relacionadas. Igual que no documento técnico, para a preparación desta base de datos partiuse da información que periodicamente publica o NIOSH, complementada coa información dispoñible sobre os medicamentos usados no noso país, información que vai ser permanentemente actualizada coa colaboración da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria.

O contido da base de datos é exportable, en formato Excel ou CSV (Código seguro de verificación), para que cada usuario poida axustala ás súas propias necesidades. A publicación desta base de datos IMFOMEP é unha importante novidade no campo da prevención de riscos no ámbito hospitalario.

Acceso á base de datos INFOMEP

Fonte: INSSBT

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS