Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

App para o cálculo do índice de calor

04-01-2018 - OSHA - NIOSH

O National Institute for Occupational Safety and Health, NIOSH, e o Occupational Safety and Health Administration,OSHA, publicaron unha nova versión do OSHANIOSH Heat Safety Tool App, unha app dispoñible para todos os teléfonos intelixentes que calcula o índice de calor nos lugares de traballo ao aire libre a través da xeolocalización do teléfono (emprega os datos de condicións metereolóxicas obtidos dos satélites da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica dos EEUU). Baseándose no índice calculado, a App proporciona automaticamente ao usuario recomendacións específicas para protexerse contra a calor.

O Índice de Calor é unha medida da sensación de calor que ten en conta a humidade relativa xunto coa temperatura real do aire. É importante ter en conta que dado que os valores de Índice de Calor foron ideados para condicións á sombra e de vento lixeiro, a exposición a pleno sol pode aumentalos ata 9º C. As recomendacións que suxire a aplicación están actualizadas aos Criterios NIOSH para a exposición ocupacional á calor e ambientes quentes, publicado en 2016. Esta aplicación ven a substituír á creada por OSHA no 2011.

Ligazón para a descarga da app https://www.osha.gov/SLTC/heatillness/heat_index/heat_app.html

A app está dispoñible para android e ios; no momento da descarga da a opción de instalación en castelán.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS