Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

A importancia dos recoñecementos médicos

10-12-2018 - ISPLN, Instituto de Saúde Pública de Navarra

O Servizo de Saúde Laboral do Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra (ISPLN) elaborou un curto de animación co fin de aclarar dúbidas en relación con diversos aspectos dos exames de saúde, como o seu funcionamento, obrigatoriedade, cando deben realizarse, etc., incluídos na vixilancia da saúde da poboación traballadora.

A iniciativa enmárcase dentro do Plan de Acción de Saúde Laboral 2017-2020, no seu Programa de Vixilancia da Saúde, e ten como obxectivo, segundo o Goberno navarro, animar á poboación para realizar estes exames médicos dada a importancia preventiva que teñen, tanto para os traballadores/as, como para as propias empresas.

Dende o Executivo foral destavcan que os resultados que se obteñen son tamén importantes dende o punto de vista da súa valoración colectiva, de maneira que mediante a análise epidemiolóxica pódese coñecer os postos de traballo ou tarefas da empresa con exposicións a riscos laborais nos que actuar para mellorar as condicións de traballo.

No vídeo infórmase sobre a voluntariedade, a gratuidade, a confidencialidade dos datos obtidos ou a especificidade dos mesmos; así mesmo destaca a utilidade e necesidade da vixilancia colectiva da saúde: o agrupamento dos datos individuais de síntomas ou danos permite: identificar riscos; priorizar os que determinan danos importantes; establecer obxectivos na planificación colectiva; definir indicadores da xestión preventiva; e avaliar se as medidas aplicadas para controlar os riscos foron ou non eficaces,...

Outro dos aspectos nos que o ISPLN quere incidir é a importancia da transmisión de información neste ámbito por parte das empresas e os seus servizos de prevención, tanto aos representantes dos traballadores/as como á sección de Vixilancia da Saúde no Traballo do ISPLN.

Por último, indícase que os exames de saúde que propoñen periodicamente as empresas, en cumprimento das súas obrigacións de prevención de riscos laborais, diríxense a mellorar a saúde dos traballadores/as e non deben confundirse con actividades dirixidas ao control do absentismo ou á selección de persoal.

Ligazón ao curto

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS