Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Napo

15-05-2012 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Napo é o protagonista dunha serie de debuxos animados. Simboliza a un empregado que traballa en calquera industria ou sector. Napo non ten un traballo concreto ou unha contorna laboral específico, pero a súa personalidade e o seu aspecto físico mantéñense constantes en todas as películas. Napo é unha persoa normal, nin boa nin mala, nin nova nin vella. Neste sentido, a súa cultura é neutra. É un traballador que pode sufrir situacións sobre as que non ten control, pero que tamén pode detectar perigos ou riscos, ou facer boas suxestións para mellorar a seguridade e a organización do traballo.

Na serie de películas de Napo aparecen personaxes do mundo do traballo, que teñen que lidar con cuestións de seguridade. A personaxe principal e os seus compañeiros exprésanse sen palabras. As súas historias pretender ter un valor educativo,  provocando preguntas e estimulando o debate ao redor de aspectos específicos da seguridade no traballo.

As escenas das diferentes películas son independentes entre si, e poden utilizarse de forma individual ou como unha película única.

As películas de Napo son propiedade de Via Storia, produtora con sede en Estrasburgo (Francia) e o Consorcio Napo, que subvenciona e produce as películas por encargo dun pequeno grupo de organizacións europeas dedicadas á de saúde e a seguridade: AUVA (Austria); DGUV (Alemaña); HSE (UK); INAIL (Italia); INRS (Francia) e SUVA (Suíza). Ademais, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) ten un acordo con DGUV (en nome do Consorcio) para reproducir e facilitar copias das películas de Napo aos Centros de referencia nacionais en todos os Estados membros da UE, así como aos países candidatos e da AELC.

Ligazón á serie de películas de Napo

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS