Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Hixiene industrial. Guía do monitor

17-09-2012 - INSHT

Este material didáctico está composto por un conxunto de transparencias e por unha colección de exercicios para facilitar a tarefa do monitor na preparación e desenvolvemento das sesións de formación en forma de arquivos PDF correspondentes a unhas 1500 transparencias e uns 75 exercicios resoltos así como un sistema HTML para a súa consulta.

A localización de cada transparencia pódese realizar seguindo a orde dos diferentes textos básicos e dentro de cada texto segundo a orde dos distintos capítulos tal como están estruturados na edición en papel.

Tamén para facilitar a busca dun determinado conxunto de soportes visuais facilítase a posibilidade de busca por palabras clave relacionadas cun tema, sen circunscribirse a un texto concreto, senón buscando no conxunto da colección.


Ademais da capacitación e experiencia profesional do monitor encargado de impartir a formación, é un factor primordial que a metodoloxía seguida obrigue aos alumnos a tomar decisións sobre situacións concretas e a debater entre eles as súas opinións, o que forzará un proceso de construción persoal das ideas, a partir das ideas doutros compañeiros e, por suposto dos coñecementos do monitor.

Neste contexto a resolución de exercicios en grupos reducidos, seguida inmediatamente dunha sesión de posta en común é unha técnica moi utilizada e que recomendamos encarecidamente.

O número de transparencias é amplo para cada apartado de forma que permite ao monitor elixir aquelas que polo seu contido ou presentación mellor se adapten ás características do grupo ao que debe dirixirse.


Inclúese a demais unha colección de exercicios, aínda que se recomenda que se utilicen exercicios coñecidos ou experimentados polos propios alumnos, é dicir que os datos poidan ser recoñecidos polos alumnos como próximos, desta forma favorécese a implicación do alumno na discusión e mellórase a compoñente participativa do ensino.



. Hixiene industrial

 
. Capítulo I: Que é a hixiene industrial?

 
. Capítulo II: Contaminantes químicos: metodoloxías de actuación

 
. Capítulo III: Contaminantes químicos: medición da exposición

 
. Capítulo IV: Contaminantes químicos: criterios de valoración

 
. Capítulo V: Contaminantes químicos: control das exposicións

 
. Capítulo VI: Contaminantes químicos: protección individual

 
. Capítulo VII: Ruído

 
. Capítulo VIII: Vibracións

 
. Capítulo IX: Ambiente térmico

 
. Capítulo X: Radiacións non ionizantes

 
. Capítulo XI: Radiacións ionizantes


. Capítulo XII: Contaminantes biolóxicos

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS