Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Ergonomía. Guía do monitor

03-10-2012 - INSHT

Este material didáctico está composto por un conxunto de transparencias e por unha colección de exercicios para facilitar a tarefa do monitor na preparación e desenvolvemento das sesións de formación en forma de arquivos PDF correspondentes a unhas 1500 transparencias e uns 75 exercicios resoltos así como un sistema HTML para a súa consulta.

A localización de cada transparencia pódese realizar seguindo a orde dos diferentes textos básicos e dentro de cada texto segundo a orde dos distintos capítulos tal como están estructurados na edición en papel. Tamén para facilitar a busca dun determinado conxunto de soportes visuais facilítase a posibilidade de busca por palabras clave relacionadas cun tema, sen circunscribirse a un texto concreto, senón buscando no conxunto da colección.


A necesidade deste material de apoio está avalada polo feito de que xeralmente este tipo de ensino vai dirixido a adultos, e polo tanto hai que estimular unha actitude participativa para alcanzar un nivel aceptable de asimilación de coñecementos.


Ademais da capacitación e experiencia profesional do monitor encargado de impartir a formación, é un factor primordial que a metodoloxía seguida obrigue aos alumnos a tomar decisións sobre situacións concretas e a debater entre eles as súas opinións, o que forzará un proceso de construción persoal das ideas, a partir das ideas doutros compañeiros e, por suposto dos coñecementos do monitor. Neste contexto a resolución de exercicios en grupos reducidos, seguida inmediatamente dunha sesión de posta en común é unha técnica moi utilizada e que recomendamos encarecidamente.


O número de transparencias é amplo para cada apartado de forma que permite ao monitor elixir aquelas que polo seu contido ou presentación mellor se adapten ás características do grupo ao que debe dirixirse.


Inclúese ademais unha colección de exercicios, aínda que se recomenda que se utilicen exercicios coñecidos ou experimentados polos propios alumnos, é dicir que os datos poidan ser recoñecidos polos alumnos como próximos, desta forma favorécese a implicación do alumno na discusión e mellórase a compoñente participativa do ensino.


. Ergonomía


. Capítulo I: Ergonomía: conceptos fundamentais


. Capítulo II: O ser humano e o seu ámbito


. Capítulo III: O deseño do centro de traballo


. Capítulo IV: O deseño do posto de traballo


. Capítulo V: A iluminación e a cor


. Capítulo VI: O traballo físico: os esforzos, as posturas e os movementos repetitivos


. Capítulo VII: A carga mental


. Capítulo VIII: Os mandos e os sinais


. Capítulo IX: O ruído e as vibracións


. Capítulo X: O ambiente térmico


. Capítulo XI: A calidade do aire nos espazos interiores


. Capítulo XII: As máquinas e as ferramentas


. Capítulo XIII: A alimentación e o traballo


. Capítulo XIV: Ergonomía das organizacións


. Capítulo XV: O tempo de traballo



Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS