Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos didácticos

Comprar, tirar, comprar

05-11-2012 - DOCUMENTAL DIRIXIDO POR COSIMA DANNORITZER

Baterías que 'morren' aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, lámpadas que se fonden ás mil horas... Por que, malia os avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos? Queres saber onde rematan?

O documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e coproducido por Televisión Española, é o resultado de tres anos de investigación.

Achega probas documentais dunha práctica empresarial que consiste na redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo e mostra as desastrosas consecuencias ambientais que se derivan.

Tamén presenta diversos exemplos do espírito de resistencia que está a crecer entre os consumidores e recolle a análise e a opinión de economistas, deseñadores e intelectuais que propoñen vías alternativas para salvar economía e medio.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS