Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Prevención en clave internacional

30-04-2014 - Actuación preventiva

O documento "Prevención en clave internacional. 2012" publicado pola Federación Asturiana de Empresarios (FADE) recolle as obrigas empresariais no ámbito da prevención de riscos en México, Chile, Brasil, Polonia, Rumanía e Marrocos, co fin de facilitar ás empresas un maior grao de coñecemento do mercado laboral exterior e, en concreto, da normativa en prevención de riscos laborais e das súas obrigas neste ámbito. FACE publicou recentemente unha segunda guía "Prevención en clave internacional. 2013", incluíndo esta vez os seguintes países: Perú, Colombia, Panamá, Arxelia, Sudáfrica, Reino Unido, Francia, Brasil, México e Chile.

Sobre este tema, Foment del Treball Nacional publicou a "Guía de xestión da prevención no proceso de internacionalización das empresas" (ver capítulos 1,2 e 3).  Neste documento dirixido a técnicos de prevención, responsables de recursos humanos e  empresarios, detállanse as fases e actividades que se han de realizar en materia preventiva antes, durante e unha vez finalizado o proceso de internacionalización (traballadores desprazados temporalmente por empresas establecidas no Estado español) e as actividades que deben levar a cabo os traballadores desprazados temporalmente ao Estado español por empresas ubicadas fora do Estado. Os países do estudo son Marrocos, China, Brasil, Estados Unidos e 27 Estados da Unión Europea.

Ligazóns:

Prevención en clave internacional. 2012

Prevención en clave internacional. 2013

Guía da xestión da prevención no proceso de internacionalización das empresas

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS