Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Obras en comunidades de propietarios e prevención de riscos laborais

24-07-2014 - OSALAN

Con frecuencia, as comunidades de propietarios necesitan acometer obras nos seus edificios, para a reparación, mantemento ou mellora dos seus inmobles. A execución destas obras debe ser realizada por empresas construtoras especializadas. O contrato con estas empresas converte automaticamente á comunidade de propietarios en promotora das devanditas obras, representada polo seu Presidente.

A aplicación do Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro, cobrou gran importancia no sector da construción, xa que implanta a obriga de que as empresas cumpran uns requisitos mínimos de seguridade e saúde nas obras de construción. Ademais dá orixe a un novo escenario en materia de prevención de riscos laborais, no que teñen que actuar os distintos axentes que interveñen no proceso de construción, especialmente e de maneira nova, o promotor, que debe liderar o proceso preventivo, contratando a profesionais idóneos e dotándolosde instrumentos eficaces para realizar a súa misión.

Ligazón a Obras en comunidades de propietarios e prevención de riscos laborais

Fonte: OSALAN

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS