Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Novas guías de orientación de ECHA sobre Fichas de datos de seguridade, usuarios intermedios e CLP

09-01-2014 - ECHA

A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA, publicou varias actualizacións dos Documentos de orientación sobre Fichas de Datos de Seguridade, obrigas dos Usuarios Intermedios e criterios de aplicación do Regulamento CLP

 

 

 

 

Fichas de datos de seguridade

Esta versión actualizada, inclúe orientación específica sobre o xeito de incluír a información dos escenarios de exposición nas fichas de datos de seguridade (Anexo 2). Os cambios no resto de seccións limítanse principalmente, a corrixir erros e eliminar información duplicada.

Usuarios intermedios: Actualización do documento de orientación

Os cambios neste documento céntranse na necesidade de proporcionar unha orientación máis precisa e actualizada de:

  1. a aplicación do escalado cando os usuarios intermedios chequean se o seu uso da substancia está cuberto polo escenario de exposición facilitado polo provedor.
  2. a comunicación de información sobre o uso seguro de mesturas.

Eliminouse, ademais, información que non está en vigor e se intentou que o documento sexa máis doadamente accesible para os distintos tipos de usuarios intermedios. O documento, polo momento, só está dispoñible en inglés.

Nova guía de aplicación do regulamento CLP

ECHA publicou a versión 4.0 do seu Guía de Aplicación do Regulamento 1272/2008 sobre clasificación, etiquetaxe e envasado das substancias e mesturas químicas (Regulamento CLP). Incorpora as modificacións debidas ás sucesivas adaptacións ao progreso técnico.

Ligazóns:

ECHA

Documento de orientación para a elaboración de fichas de datos de seguridade

Documento de orientación sobre usuarios intermedios

Documento de orientación sobre criterios de aplicación CLP

 

Fonte: aehi.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS