Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Nova campaña de video: as substancias perigosas son máis comúns do que pensas

22-06-2018 - EU-OSHA

Ven de poñerse a disposición un vídeo animado no marco da campaña da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo, Traballos saudables: alerta fronte a substancias perigosas 2018-19. Ilustra de forma visible e atractiva a presenza común de substancias perigosas en moitos lugares de traballo e sectores en toda Europa, como a agricultura, a industria manufactureira e a construción. O vídeo tamén resalta a importancia de establecer unha cultura de prevención de riscos no lugar de traballo, comezando por promover a avaliación de riscos para manexar as substancias perigosas de maneira efectiva.

A animación ten como obxectivo crear conciencia sobre a exposición ao risco, en particular a algúns grupos de traballadores/as con necesidades específicas que poderían estar nun maior nivel de risco. Estes inclúen mulleres, traballadores migrantes, temporais e novos.

Ligazón ao video

Ligazón á web da campaña

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS