Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Medicamentos perigosos. Medidas de prevención para a súa preparación e administración

22-09-2016 - INSHT

Os traballadores do sector sanitario están expostos a unha serie de riscos de orixe química que tradicionalmente foron identificados e valorados: gases anestésicos, formaldehído, óxido de etileno e citostáticos, entre outros. Dende hai un tempo, está a estudarse máis profundamente da exposición a estes últimos, estendéndoa a todos aqueles medicamentos, citostáticos ou non, que son manexados e administrados polo persoal sanitario e sobre os que deben tomarse unha serie de precaucións pois poden resultar perigosos para os traballadores/as que os manexan. O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene de Estadios Unidos (NIOSH), ao longo destes últimos anos publicou unha serie de documentos sobre esta cuestión que se consideraron como de referencia.

Neste documento  o INSHT, en colaboración coa Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria, levou a cabo unha recompilación de todos os medicamentos de uso no Estado español considerados perigosos, no que se recomendan instrucións para a súa preparación e administración correctas.

Ligazón á publicación

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS