Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Material de formación sobre avaliación e xestión de riscos no lugar de traballo para pequenas e medianas empresas

23-01-2014 - OIT

As lesións e enfermidades relacionadas co traballo poden arruinar vidas e afectar as empresas cando se reduce o rendemento, dánase a maquinaria, aumentan os custos en seguros, etc. Isto é algo que as pequenas empresas, especialmente vulnerables ao impacto dos accidentes laborais e as enfermidades relacionadas co traballo, non poden permitirse nin moral nin economicamente. O presente material de formación sobre avaliación e xestión de riscos no lugar de traballo pretende fundamentalmente capacitar a propietarios e xestores de pequenas e medianas empresas (PEMEs) para adoptar medidas destinadas a mellorar as condicións de seguridade e saúde nos seus lugares de traballo.

O documento elaborouse no marco do proxecto «Linking safety and health at work to sustainable economic development: From theory and platitudes to conviction and action» (2009-2012), financiado pola Axencia Sueca de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Asdi).

Ligazón ao Material de formación sobre avaliación e xestión de riscos no lugar de traballo para pequenas e medianas empresas

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS