Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Investigación de accidentes e condicións de traballo nos medios de acceso a embarcacións menores marítimo perqueiras

22-01-2019 - INSST

De acordo cos informes das investigacións dos accidentes de traballo catalogados como graves e mortais, elaborados pola Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS), as caídas ao embarcar en embarcacións menores ou ao desembarcar das mesmas representan unha das formas de accidente laboral grave máis frecuente na pesca con artes menores.

A pesca marítima é unha actividade económica de elevada sinistralidade laboral. O seu índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa atópase entre os máis elevados. Así mesmo, presenta o maior índice de incidencia de accidentes mortais.

Nas manobras de embarque e desembarque, o estado de limpeza e orde nas zonas e inmediacións nas que dita manobra leva a cabo exercen unha clara influencia. As zonas do peirao: estruturalmente danadas, sucias, ocupadas con obstáculos, impregnadas de substancias esvaradías, e inadecuada ou insuficientemente iluminadas, poden entrañar riscos á hora de embarcar e desembarcar.

O estudo pon o foco nos medios de acceso ás embarcacións menores que polas súas características construtivas -embarcacións de pequeno porte, con escaso puntal e pouco  francobordo- son as que con maior frecuencia se ven involucradas neste tipo de accidentes. No embarque ou desembarque, a miúdo hai que salvar un importante desnivel, ás veces de máis dun metro, entre o plano do peirao e o da cuberta principal da embarcación, sobre todo en portos cunha considerable amplitude ou carreira de marea.

Doutra banda, o pouco calado e escaso desprazamento das embarcacións menores de pesca son factores que contribúen a unha maior complexidade e grao de risco das aludidas manobras. O posicionamento ou traslado de pesos a bordo, como o que se produce cando embarcan tripulantes, produce pares escorantes que inflúen claramente na súa estabilidade, xerándose inclinacións e balances máis ou menos pronunciados que dificultan estas manobras e que poden chegar a ser perigosos.

Ligazón ao documento técnico "Investigación de accidentes e condicións de traballo nos medios de acceso a embarcacións menores marítimo perqueiras"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS