Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía técnica para a utilización polos traballadores de equipos de protección individual

19-02-2013 - INSHT

A presente Guía técnica proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar aos empresarios e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do RD 773/1997 de 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual. Para facilitar a súa consulta, a guía preséntase transcribindo integramente o real decreto inscrito en recuadros en cor e intercalando, nos preceptos que se considerou oportuno, as observacións ou aclaracións pertinentes ou, cando estas son numerosas ou complexas, agrupándoas nun apéndice específico ao que se fai referencia no apartado correspondente.

o INSHT elaborou e publicou en 1999 a Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos na utilización polos traballadores no traballo de equipos de protección individual, guía que agora  considerou necesario revisar, ampliando e actualizando o seu contido, para recoller a experiencia obtida durante os seus anos de vixencia e que, ao incidir nos puntos máis importantes do real decreto e dos problemas da súa aplicación, poida contribuír a mellorala.

Segundo o INSHT, A gran variedade de equipos de protección individual (EPI) existentes, a falta de coñecemento real sobre as súas funcións, comportamento e normas técnicas aplicables así como as peculiaridades que os distintos sectores e actividades teñen, fai que, en moitas ocasións, o equipo utilizado non sexa o máis apropiado e en consecuencia non se cumpra o obxectivo da lexislación: conseguir que o traballador poida realizar a súa actividade laboral sen estar exposto ao risco.

Ligazón á Guía Técnica para a  utilización polos traballadores  de equipos de protección individual

Fonte: INSHT

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS