Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción

27-01-2020 - INSST

O obxectivo do presente documento é facilitar ás empresas, ás persoas con algunha obrigación en materia de prevención de riscos laborais e aos demais interesados as actividades de avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción e, en particular, a interpretación, de carácter non vinculante, e aplicación do Real Decreto 1627/1997.

O Real Decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción  traspón ao ordenamento xurídico español a Directiva 92/57/CEE do Consello, do 24 de xuño de 1992. Na súa disposición final primeira, ínstase ao  INSST á elaboración e actualización dunha guía técnica, non vinculante, para facilitar a aplicación do Real Decreto.

Dende o ano 2004, data na que se presentou a primeira edición da guía técnica do citado real decreto, esta foi revisada nunha ocasión (2012). Dita revisión xurdiu por dous motivos: por unha banda, aprobáronse diferentes disposicións normativas que tiñan unha influencia directa neste sector; e, por outro, a experiencia relativa á súa aplicación práctica puxera de manifesto a dificultade de interpretación dalgún dos seus  apartados que requirían a súa clarificación.

En cumprimento da obrigación regulamentaria de manter a guía actualizada, a presente edición incorpora os cambios normativos e lexislativos que tiveron lugar dende o ano 2012.

Esta guía está estruturada, en liñas xerais, en tres partes diferenciadas. Unha primeira, de carácter esencialmente xurídico, que comprende o articulado e as disposicións transitoria, derrogatoria e finais. A segunda parte, de carácter eminentemente técnico, na que se desenvolven os apartados incluídos nos anexos do real decreto. Por último, aquela información que se considerou excesivamente ampla para ser  intercalada no apartado correspondente ou para a cal é necesario un desenvolvemento técnico de maior profundidade, incluíuse, en forma de apéndice, na parte final da guía.

Ligazón á Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción

Documentos

Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS