Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Avaliación do risco por exposición a produtos fitosanitarios

18-03-2021 - INSST

O INSST desenvolveu unha metodoloxía cualitativa para a avaliación da exposición a produtos fitosanitarios (PPFF) durante as condicións reais de uso, a partir da información recollida na etiqueta, con obxecto de axudar aos técnicos de prevención durante a avaliación do risco químico no marco do Real Decreto 374/2001.

O mal uso do produto, pero tamén as diferenzas entre as condicións de uso reais e as consideradas na autorización, pode significar unha maior exposición a estes produtos, que debe terse en conta para a implementación de medidas preventivas e de protección que garantan a seguridade e saúde dos usuarios destes produtos.

O alcance da metodoloxía proposta é a avaliación das actividades de mestura/carga de PPFF sólidos e líquidos e a pulverización do caldo de aplicación ao aire libre, ben mediante aplicación mecánica ou manual, en cultivos altos e baixos.

Ligazón ao documento técnico do INSST: “Avaliación do risco por exposición a produtos fitosanitarios”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS