Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía para a utilización segura de produtos fitosanitarios

22-05-2019 - OSALAN

O coñecemento dos riscos provocados por exposición a produtos fitosanitarios e das medidas que deben adoptarse para minimizalos é imprescindible para protexer e protexerse durante a súa manipulación. Así, a formación e información das persoas empresarias e traballadoras sobre a manipulación segura destes produtos constitúe un primeiro paso para saber como atallar os riscos. Esta foi a intención de OSALAN ao elaborar esta guía co obxectivo de que sirva de axuda para os e as profesionais do sector agrario e da prevención de riscos laborais.

A utilización dos produtos fitosanitarios constitúe un dos perigos para a saúde das persoas que traballan no sector agrario, e deben ser tidos en conta á hora de avaliar os riscos e adoptar medidas de prevención.

Hai toda unha problemática relacionada coa manipulación dos produtos fitosanitarios, aínda que as modificacións na normativa levadas a cabo nos últimos anos propiciaron unha maior seguridade na súa utilización. Con todo, aínda existe un certo descoñecemento sobre os riscos para a saúde das persoas derivados destes produtos, que conleva un uso ás veces excesivo dos mesmos e en condicións non adecuadas.

Neste sentido, OSALAN quere ofrecer instrumentos que faciliten esa formación e información, pero non dende un marco teórico, senón buscando ferramentas prácticas e aplicables nos  centros de traballo, que proporcionan aos distintos actores o coñecemento que precisan para a súa seguridade ou o exercicio da súa función preventiva.

Achegamos o texto completo da Guía para a utilización segura de produtos fitosanitarios

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS