Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía Técnica do RD 664/1997 de Axentes Biolóxicos (edición revisada)

20-11-2014 - INSHT

O Real Decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, encomenda de xeito específico, na súa disposición final primeira, ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, a elaboración e mantemento actualizado dunha Guía Técnica, de carácter non vinculante, para a avaliación e prevención dos riscos relacionados cos axentes biolóxicos durante o traballo.

A devandita Guía, publicada en 2001, que foi revisada, proporciona criterios e recomendacións para facilitar aos empresarios e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do citado Real Decreto.

No período de tempo transcorrido dende a aparición da primeira edición producíronse novidades que afectan á avaliación e prevención do risco biolóxico, como as modificacións da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do Real Decreto 39/1997 polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, destacando especialmente a referida á protección da maternidade, co Real Decreto 289/2009.

Así mesmo, neste espazo de tempo actualizáronse outras normativas relacionadas cos axentes biolóxicos como son a Lei 9/2003, pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente e que se desenvolve mediante o Real Decreto 178/2004, ou a relativa ao transporte de mercadorías perigosas.

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS