Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía Práctica de Saúde Laboral para a valoración de: Aptitude en traballadores con risco de exposición a carga física

21-03-2016 - Escola Nacional de Medicina do Traballo Instituto de Saúde Carlos III, Asociación Española de Especialistas en Medicina do Traballo

Os datos epidemiolóxicos que facilitan os Sistemas de Información tanto de Accidentes de Traballo (DELTA), como de Enfermidades Profesionais (CEPROSS), sitúan aos problemas musculoesqueléticos derivados da carga física no traballo como un dos puntos de atención preferente para aqueles que traballan a prol da consecución de espazos de traballo seguros e saudables, en particular Organismos Públicos e Sociedades Científicas.

Dentro do concepto de carga física atopamos situacións clasificables en dous grandes grupos:

- Sobrecarga estática, derivada do estatismo postural ou do mantemento de posturas forzadas.

- Sobrecarga dinámica, derivada da realización de movementos repetitivos ou do manexo manual de cargas.


Segundo os autores da  Guía de Aptitude en Traballadores con Exposición a Carga Física, este traballo aborda de forma integrada o afrontamiento destes problemas desde o seu manexo clínico e preventivo, os criterios sobre a aptitude e a adaptación do posto de traballo, ata os aspectos relacionados coa Incapacidade Laboral tanto Temporal como Permanente. O proxecto inclúe un innivador apartado dirixido ao tratamento e métodos para a Vixilancia Colectiva; esta achega constitúese nunha importante aportación que se realiza dende a Medicina do Traballo ao proceso de Planificación Preventiva, pois permite dimensionar a extensión e gravidade dos problemas musculoesqueléticos e consecuentemente xerarquizar as prioridades de intervención.



Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS