Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Ferramenta para a valoración dos programas de promoción da saúde no traballo (AIP)

18-12-2018 - INSST

Esta ferramenta ofrécese como un apoio para a xestión dos programas de promoción da saúde no traballo. A súa utilidade ten un enfoque dobre, pois, por unha banda, achega unha orientación sobre a calidade metodolóxica que os programas de saúde deben contemplar e, por outra, permite realizar unha estimación do retorno económico do investimento realizado ou que vaia a realizar a empresa para a saúde e o benestar dos traballadores/AS.

Para a estimación do retorno do investimento tívose en conta tanto o marco  regulatorio vixente no Estado, en materia de incapacidade, como as evidencias máis consensuadas e as prácticas máis habituais para o cálculo dos custos que xera a falta de saúde dos traballadores/as. Por iso, os custos da mala saúde calcúlanse a partir dos correspondentes ao absentismo, aos que se suma unha estimación dos efectos na produtividade que se identifican en termos de  presentismo e de rotación de traballadores/as. As definicións de cada concepto e as asuncións matemáticas descríbense na propia ferramenta.

A función orientadora da ferramenta establécese por medio da valoración dos programas atendendo a aquelas características dos mesmos que os fan máis eficaces en termos de resultados en saúde; estes criterios son, basicamente, os seguintes: a integración na empresa das políticas de saúde e benestar, a combinación de accións encamiñadas a mellorar os hábitos de saúde e as condicións de traballo, a presenza de programas que atendan a aspectos diferentes da saúde, o desenvolvemento de accións que favorecen a cultura da saúde e outros, como a duración prevista do programa, a proporción de traballadores/as que teñen acceso ás accións ou o esforzo do investimento realizado.

Hai que ter en conta que, do mesmo xeito que o resto de ferramentas existentes deste tipo, o modelo de análise que contempla esta calculadora contén algunhas limitacións que se derivan das aproximacións e estimacións asumidas; estas recompiláronse das evidencias existentes, dada a ausencia de estimacións alternativas válidas para a nosa contorna; estas ausencias de evidencias determinan que a ferramenta se ofreza especialmente como un apoio para xestionar e favorecer o compromiso dos diferentes actores da empresa na mellora do benestar.

Ligazón á Ferramenta para a valoración dos programas de promoción da saúde no traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS