Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Barómetro de SST: unha ferramenta interactiva para descubrir a situación en Europa

13-05-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O barómetro sobre seguridade e saúde no traballo (SST) é a primeira ferramenta de visualización de datos que contén información actualizada sobre a situación e as tendencias en SST en países europeos. A ferramenta ten catro grupos de indicadores que cobren unha serie de temas de SST, como as autoridades en materia de SST, estratexias nacionais, condicións laborais e estatísticas de SST. Algunhas das súas funcións son a visualización e comparación de datos, a xeración de gráficos e a descarga de informes sobre temas concretos.

O barómetro de  SST actualízase periodicamente con novos indicadores, datos e funcións.

Indicadores

Información xenérica:  información sobre as autoridades en materia de  SST, os perfís económicos e por sectores e os perfís dos traballadores/as.

Dirección e control da  SST:  enfoques por países respecto a as estratexias en materia de  SST e o diálogo social sobre a saúde e a seguridade no traballo.

Resultados de  SST: detalles, por exemplo, sobre os accidentes no posto de traballo, as condicións de traballo, a representación dos traballadores/as e as súas percepcións sobre a saúde.

Infraestrutura en materia de  SST: máis información sobre as estatísticas por países en materia de SST, sobre enquisas e capacidades de investigación, e como aplica cada país a lexislación en materia de SST.

Podes utilizar a ferramenta para visualizar e comparar datos cuantitativos e atopar descricións e ligazóns a outra información con datos de calidade.

A ferramenta permite:

- visualizar os principais indicadores mediante infografías;

- comparar indicadores entre dous países, ou un país concreto co conxunto da UE;

- xerar e descargar gráficos ou exportalos como ficheiros Excel;

- descargar informes detallados de países ou informes sobre temas específicos, por exemplo sobre estratexias nacionais;

- compartir contido directamente nas redes sociais

Os datos proceden de fontes gobernamentais, autoridades estatísticas, así como de enquisas e investigacións europeas: Comisión Europea, Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, Eurostat, Eurofound -Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo-, Comité de Altos Responsables da Inspección de Traballo, EU- OSHA – Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo-, DG  EMPL - Puntos de contacto nacionais.

O Barómetro é produto da colaboración entre a  EU- OSHA,  DG  EMPL e os seus Puntos de contacto nacionais. Máis información sobre a metodoloxía .

Ligazón á ferramenta

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS