Financiado por:
/ Portada

Acordo do Comité Mixto de Seguridade e Saúde no Traballo e Medio Ambiente.

29-11-2010 - XV Convenio colectivo da industria química.

O amparo do artigo 66.11 do XV Convenio Xeral da Industria Química constituír o presente Comité Mixto de Seguridade e Saúde no Traballo e Medio Ambiente, como Organismo Paritario Sectorial en materia de prevención de riscos laborais e con obxecto de dar cumprimento aos obxectivos contidos na Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2007-2012, especialmente no seu punto 3.1, para o desenvolvemento de programas co fin de divulgar e informar os riscos profesionais existentes no sector; sobre os dereitos e as obrigacións preventivas dos empresarios e dos traballadores, así como a promoción doutras actuacións preventivas.

Tras diversas reunións, acordouse que o presente Comité Mixto de Seguridade e Saúde no Traballo e Medio Ambiente sexa o encargado de deseñar e pór en marcha un proxecto de Información e promoción do cumprimento da lei en materia de Seguridade e Saúde laboral no marco da «Convocatoria 2010 de asignación de recursos para o desenvolvemento no ámbito sectorial de actuacións de fortalecemento da implicación de empresarios e traballadores na mellora da Seguridade e saúde no Traballo». A finalidade do proxecto é o deseño e posta en marcha de actuacións de información para mellorar a promoción da cultura preventiva en empresarios e traballadores do sector da Industria Química, difundindo a normativa existente desta materia, así como as actitudes e comportamentos seguros e a participación e implicación necesarias, para a adaptación das empresas á lexislación vixente e á xestión preventiva eficaz.

Documentos

BOE-A-2010-6469.pdf
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS