Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Xestionar os trastornos musculoesqueléticos no sector da construción

13-01-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Neste documento para debate examínase a prevalencia dos trastornos musculoesqueléticos (TME) no sector da construción na EU, e en Italia en particular, e as tarefas que poñen en perigo aos traballadores, como o levantamento manual de cargas e as posturas forzadas. O documento céntrase nas vibracións como un factor de risco importante, cando os traballadores que operan ferramentas e maquinaria expóñense ás vibracións transmitidas ao sistema man-brazo e a todo o corpo.

O documento tamén arroxa luz sobre os progresos realizados en Italia, onde a autoridade de seguridade no traballo, INAIL desenvolve un programa de incentivos para mecanizar as operacións manuais e renovar os equipos, reducindo así o risco de sufrir TME neste sector.

 Ligazón ao documento para debate: "Prevención dos TME no sector da construción: exemplos dos programas de incentivos INAIL".

Máis información sobre riscos para a seguridade na construción e a súa prevención en OSHwiki

Ligazón á Lugares de traballo saudables: alixeira a carga 

Ligazón á sección da web especializada nos TME

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS