Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Sentenza condenatoria para unha mutua por dar un alta a un traballador que non estaba recuperado

14-05-2014 - Accidente laboral

A maxistrada titular do xulgado do Social número 3 de Bilbao, condenou á Mutua Mutualia, ao Departamento de Seguridade do Goberno Vasco e ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), por este caso. En concreto, a mutua deberá "abonar a prestación correspondente" ao período no que o traballador estivo de alta médica a pesar de non estar en condicións. En total, algo máis de tres meses, nos que ademais o traballador estivo relegado do seu traballo normal de patrulleiro "ao non poder manexar a arma e as defensas necesarias", algo inherente ao seu traballo.

A xuíz asegura na sentenza, que durante todos eses meses "a situación" do traballador era "limitante destes movementos, e que esa limitación é impeditiva dunha función esencial do posto de traballo como é o manexo dunha arma, sendo necesaria unha nova intervención cirúrxica pola mala evolución da lesión, que  a data de alta impedíalle ou dificultaba de forma importante o manexo da arma".

A maxistrada engade na súa resolución, notificada a finais de marzo pasado, que "o certo é que o traballador presta os seus servizos de patrulla e é consustancial a esta prestación de servizos o uso da arma, uso que non lle era posible, atendendo á limitación do dedo que padecía", polo que a situación do demandante era que non estaba en condicións para traballar, "o tratamento era oportuno e non estaba esgotado, como o demostra a intervención posterior".

Fonte: eldiario.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS