Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Segundo a OMS un de cada tres europeos pode estar exposto a amianto

11-06-2015 - amianto

Segundo o informe "Progreso cara á eliminación das enfermidades relacionadas co amianto", presentado na reunión de alto nivel sobre o medio ambiente e a saúde celebrada en Haifa (Israel) o 30de abril, o amianto é responsable da metade das mortes por cancro debidas ao traballo. De acordo coas novas estimacións, as mortes por mesotelioma en 15 países europeos custan á sociedade máis de 1,5 millóns de euros ao ano.

Uns dos principais temas tratados na reunión de Haifa foi a eliminación das enfermidades relacionadas co asbesto en Europa. Segundo a Directora Rexional da OMS para Europa "non podemos permitirnos o luxo de perder case 15000 vidas cada ano en Europa, especialmente de traballadores, debido a enfermidades causadas pola exposición a amianto. Cada unha desas mortes é evitable". 

A exposición a amianto pode causar cancro de pulmón, ovario, larinxe, mesotelioma e asbestose. En Europa hai quince países que aínda non prohibiron todas as formas de amianto, polo que os seus habitantes están expostos a él no traballo e no medio ambiente; aínda naqueles países onde está prohibido o amianto, a poboación está exposta debido ao uso que se fixo del no pasado.

Os 15 países da rexión europea da OMS que aínda non prohibiron todas as formas de amianto son: Albania, Andorra, Armenia, Azerbadjan, Bielorrusia, Bosnia-Herzegovina, Rusia, Xeorxia, Kazajstan, KIrguistan, Uzbekistan, Moldavia, Tadjikistan, Turkmenistan e Ucraína.

Informe  "Progreso cara a eliminación das enfermidades relacionadas co amianto"

Custo dos casos de mesotelioma en Europa

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS