Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

REACH: O Tribunal Europeo de Xustiza dita unha sentenza favorable á protección da saúde de traballadores e consumidores, e en contra da opinión da Comisión Europea

27-10-2015 - HIXIENE

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), non seguiu a interpretación da Comisión -xeneralmente favorable ás empresas- e fallou a favor da interpretación dada por cinco Estados membros en relación a un punto do regulamento REACH sobre sustancias químicas "extremadamente preocupantes" (SET), debido ás súas propiedades carcinóxenas, mutáxenas ou tóxicas. Esta decisión obriga a que os vendedores dos produtos que conteñan estas sustancias deban informar aos seus clientes.

O TXUE afirma que o produtor debe determinar se unha sustancia extremadamente preocupante, está presente nunha cantidade superior a unha concentración do 0,1 % peso/peso de calquera artigo que elabore, e o importador dun produto formado por varios artigos debe determinar, para cada artigo, se tal sustancia está presente nunha cantidade superior a unha concentración do 0,1 % peso/peso por artigo. Ademais o provedor dun produto composto dun ou varios artigos que conteñan unha sustancia extremadamente preocupante, en tal cantidade superior deberá informar o destinatario e, no caso de que o solicite, ao consumidor, acerca da presenza da devandita sustancia, indicando, como mínimo, o nome da sustancia de que se trate.

Dende a aprobación de REACH, existe un debate acerca de se no caso dos produtos complexos que constan de varios artigos (por exemplo, un coche), o umbral debe calcularse para cada artigo (os pneumáticos, rodas, asento, etc. ) ou para a totalidade do produto (como un todo). A posición da Comisión Europea -que apoia á industria- era que os umbrais deben calcularse en función da totalidade do produto, o que significa que se o umbral fora superado por un dos seus compoñentes menores, os requisitos de información non teñen por que ser necesariamente activados.

Na súa sentenza do xoves, 10 de setembro o Tribunal de Xustiza Europeo deu a razón ao goberno francés cuxa interpretación do artigo 7 (2) e 33 de REACH espertara as iras de varias asociacións patronais e das tendas de bricolaxe, que recorreron á xustiza francesa quen pediu ao  Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) que se pronunciase. A posición das autoridades francesas era compartida tamén por Austria, Bélxica, Dinamarca e Alemaña.

Acceso á nota de prensa do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Acceso á Sentenza.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS