Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Proxecto de RD, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñen substancias perigosas. (SEVESO III)

09-06-2015 - Seguridade

A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias publicou o proxecto de Real Decreto, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñen sustancias perigosas; este texto resulta da trasposición da Directiva 2012/18/UE (SEVESO III). O presente documento foi informado favorablemente pola Comisión Nacional de Protección Civil e a Comisión Interministerial Permanente de Armas e Explosivos. Actualmente, está pendente de aprobación polo Consello de Ministros.

A raíz de varios accidentes industriais a Unión Europea desenvolveu a normativa SEVESO, publicando as Directivas 82/501/CEE coñecida como Directiva SEVESO, a Directiva 96/82/CE - SEVESO II e a Directiva 2012/18/UE - SEVESO III.

O proxecto de Real Decreto que nos ocupa resulta da trasposición desta última directiva.

Maís información sobre a normativa SEVESO

Ligazón ao borrador de RD polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñensubstancias perigosas. (SEVESO III)

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS