Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O tabaco reduce a indemnización por asbestose

28-11-2014 - Amianto

Fumar un paquete á semana até 12 anos antes de contraer cancro, reduce nun 25% a indemnización dunha morte por mor dunha enfermidade que o INSS declarou como profesional.

Por resolución do INSS de 8.11.12 declárase como enfermidade profesional a causa do falecemento do traballador que se imputa ao cancro de pulmón.
Ao defunto tamén se lle diagnosticou EPOC, asbestose en 2007 e en marzo de 2012, o mes anterior ao seu falecemento, cancro de pulmón.
O traballador era fumador, na sentenza tamén se determina o seu consumo de tabaco: 50 paquetes ao ano ata que deixou de fumar, "cando menos para finais de até 1999", máis de doce anos antes da súa morte.
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco considera que en dous das tres enfermidades (EPOC e cancro) tivo influencia tanto o amianto como o tabaco.
Por este motivo aplica a compensación de culpas ao establecer dúas causas na enfermidade que causou a morte ao traballador. A primeira, a exposición ao amianto atribúese á empresa, pero a segunda, o feito de ser fumador, atribúese á vontade do traballador.
Esta segunda causa valórase nun 25%, contía na que reduce a indemnización, de 50.251,29 a 37.688,47euros.

Ligazón á sentenza

Fonte: aepsal.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS