Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O po de sílice, no candeeiro

06-11-2013 - HIXIENE

O pasado día 12 de setembro o Federal Register (Diario Oficial norteamericano) publicou o documento no que se concreta a detallada proposta (232 páxinas) de OSHA (Administración de Saúde e Seguridade Laboral) para modificar a lexislación vixente e reducir o valor límite actual dende 0,1 mg/m3 ata 0,05 mg/m3 expresado como concentración de po respirable en media para calquera xornada laboral de oito horas.

Como é previsible dada a súa extensión, o documento expón con todo luxo de detalles as razóns científicas polas que OSHA considera xustificada a súa proposta.

A base para a emisión da proposta son os datos que mostran que os traballadores expostos á sílice cristalina respirable se enfrontan a un risco importante para a súa saúde cos actuais límites permisibles de exposición e que a promulgación das novas normas reduciría substancialmente reducir ese risco.

Ademais da redución do valor límite, OSHA tamén propón outras disposicións complementarias para a protección dos traballadores, tales como os métodos recomendados para controlar a exposición, protección respiratoria, vixilancia médica, comunicación de riscos e mantemento de rexistros. OSHA propón dúas regulacións separadas, unha para a industria en xeral e outra para a construción, co fin de adaptar os requisitos ás distintas circunstancias que se encontran nestes sectores.

Trátase só dun novo paso nun procedemento que comezou en decembro de 2003 e que, tras a acumulación de evidencias científicas e a súa asunción por OSHA, chega agora á fase na que os interesados son invitados a efectuar os seus comentarios á proposta, o que poden facer ata o 11 de decembro de 2013. Posteriormente entrarase na fase de audiencia pública, que OSHA ten previsto que dea comezo o 4 de marzo de 2014.

O resultado final é pouco previsible, pois aínda no caso de que a nova norma chegase a promulgarse, podrecía ser recorrida xudicialmente e, eventualmente, ser anulada. Non sería a primeira vez; xa aconteceu hai anos con senllas propostas referentes, respectivamente, ao benceno e ao po de algodón, como podedes doadamente.

Enlaces Relacionados: Proposta de nova norma

 

Fonte: Prevención Integral & ORP Conference

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS