Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O lobby internacional do amianto consigue que non se inclúa este mineral no convenio de Rotterdam

08-06-2015 - Hixiene

Os gobernos de Rusia e Kazajistán, os maiores exportadores de amianto do mundo, xunto cos de Zinbabwe, que quere reabrir as súas minas de amianto, e Kirguistán, aliado de Rusia, bloquearon a recomendación do comité científico da convención das Nacións Unidas así como as expectativas do resto dos participantes, máis de 160, na conferencia de maio de avaliación de substancias para a súa inclusión na lista do Convenio de Rotterdam. Segundo se estabelece no sistema, os acordos deben adoptarse por consenso.

Así pois, fracasan novamente, e xa van cinco, os intentos de incluír  o amianto crisotilo na relación de substancias perigosas que requiren “consentemento fundamentado previo” polos importadores segundo o Convenio de Rotterdam sobre o o Procedemento de Consentimento Fundamentado Previo Aplicable a Certos Plaguicidas e Produtos Químicos Perigosos Obxecto de Comercio Internacional.

Segundo a Asociación Internacional do crisotilo, ICA, lobby mundial da industria do amianto, “a política de uso controlado responsable que promoven continúa a ser o enfoque aceptado”. Contra esta declaración se manifestou a activista contra o amianto Kathleen Ruff, que respostou á ICA:  “a información corrupta e a conducta inmoral da pequena cantidade de países que están a sabotear a Convención co fin de protexer as súas ganancias na exportación de asbesto, foi condeada pola abrumadora mayoría de países que asistiron á conferencia".

Ligazón á web do Convenio de Rotterdam

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS