Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O IARC declara como "posibles canceríxenos humanos", cinco pesticidas de amplo emprego

14-04-2015 - IARC

A Axencia Internacional da ONU para a Investigación sobre o Cáncro (IARC), indicou que o herbicida glifosato e os insecticidas malatión e diazinón como "probablemente canceríxenos" sobre a base de probas limitadas en seres humanos; así mesmo, os insecticidas tetraclorvinfos e paratión foron clasificados como "posiblemente canceríxenos" á luz da "evidencia convincente" de animais de laboratorio.

O glifosfato é o herbicida máis producido no mundo; a exposición a este herbicida dase principalmente a través da cercanía a zonas fumigadas, ao uso doméstico e á dieta. Informes realizados en Estados Unidos, Suecia entre traballadores agrícolas dende o 2001, amosan probas limitadas de afectación sobre un tipo de cancro, o linfoma de Hodgkin.

O malatión é un insecticida moi empregado; a maior exposición dase nos traballadores agrícolas; o diazinón ten unha produción baixa, sobre todo a partir do 2006, a raíz das restriccións as que está sometido en Estados Unidos e na Unión Europea.

O tetracolrvinfos está prohibido na UE, pero segue a empregarse nos Estados Unidos no gando e animais domésticos. O uso do paritíon foi restrinxido a partires da década dos oitenta, estando os seus usos autorizados cancelados na UE e nos EEUU a partir do 2003.

Ligazón á nota do IARC (en inglés)

Pode verse un resumo da avaliación na revista The Lancet Oncology.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS