Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O 1 de xaneiro de 2016 entrará en vigor o rexistro belga de nanomateriais

17-11-2015 - HIXIENE

A partir da entrada en vigor do rexistro, as empresas belgas deben declarar as sustancias químicas que, en virtude da lexislación belga, se consideran nanomateriais e que se produciron, importaron ou distribuíron con fins profesionais con anterioridade, tamén terán que rexistrar os seus materiais antes de colocalos no mercado.

A partir do 1 xaneiro de 2017, o rexistro obrigatorio estenderase ás mesturas que conteñan nanomateriales e o rexistro dos produtos que conteñan calquera forma de nanomateriais tamén podería converterse en obrigatoria dende 2018.

En contra da opinión xeral, as empresas establecidas en Bélxica teñen obrigacións moito máis amplas que o mero cumprimento de REACH. A entrada en vigor deste rexistro é de gran importancia xa que se esixe ás empresas informar ao seu Comité de Seguridade e Saúde do rexistro dos nanomateriais.

O rexistro belga obriga ás empresas a presentar información científica e comercial relevante ás autoridades de saúde pública nacional. Ademais, o rexistro require unha xustificación xurídica de confidencialidade respecto dos datos que conteñan secretos ou información que pode ser considerada como confidencial. Cada compañía deberá desenvolver os mecanismos de seguimento entre os seus provedores e os seus propios clientes profesionais, que incluirá unha revisión completa dos contratos actualmente en vigor.

As sancións por falta de rexistro inclúen penas de prisión de ata 3 anos e/ou multas de ata  720.000 euros.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS