Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial
Risco químicoPRL Sectorial Traballos con AmiantoPRL Sectorial Atmósfera explosivasAcordos Sectoriais

Sanción a Metro de Madrid por tardar dous anos en recoñecer a enfermidade a un traballador con asbestose

10-10-2018 - ITSS

A empresa coñecía en 2016 que uno dos seus empregados estaba diagnosticado de asbestose. A pesares diso, non tomou ningunha medida para protexer ao resto de traballadores ata 2018, pasados dous anos, cando a Inspección de Traballo enviou un requirimento que obrigaba á empresa a comezar a actuar. Só nese momento, Metro de Madrid rexistra ao traballador en CEPROSS, o rexistro de enfermidades profesionais.

Os accidentes con furgonetas se incrementan nun 41% nos últimos 5 anos

11-07-2018 - SEGURIDADE

A este incremento puideron contribuír varios factores como o gran número de autónomos do Estado, que xa supera os 3,1 millóns; o aumento do número de automobilistas que alugan unha furgoneta sen ter preparación (para realizar unha mudanza ou un porte ocasional) , e o boom do comercio electrónico, que creceu de media un 17% anual durante a última década

O ictus sufrido por unha traballadora no seu día libre considerado accidente laboral

21-06-2018 - Sentenza

A sentenza, emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía recoñece como accidente laboral o ictus sufrido por unha empregada de fogar no seu día de descanso. A sentenza considera determinante o feito de que a traballadora vivía no mesmo domicilio que a parella de anciáns que coidaba, non existindo separación entre o seu lugar de residencia e o seu lugar de traballo.

A ITSS insta ao Sergas a correxir as deficiencias detectadas na cociña do hospital de Ourense

13-06-2018 - Seguridade

A Inspección de Traballo vén de comunicarlle á EOXI de Ourense que ten un prazo de dous meses para corrixir as múltiples deficiencias detectadas na cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. A CIG presentara unha denuncia diante da autoridade laboral o pasado 11 de abril ante as múltiples deficiencias detectadas nas instalacións deste servizo, situadas no edificio materno infantil do CHUO; estas deficiencias mantéñense dende hai anos, a pesares de ser comunicadas en reiteradas ocasións, o que ten provocado numerosos accidentes laborais.

Recoñeceránse como enfermidades profesionais as doenzas específicas das camareiras de piso

22-05-2018 - EEPP

Incluiranse dentro do Cadro de Enfermidades Profesionais algunhas das doenzas que padecen as camareiras de pisos de hotel que ata o de agora non viñan tratándose axeitadamente, en concreto a síndrome de túnel carpiano, bursite e epicondilite.

O Comité de Avaliación de Riscos de ECHA recomenda valores límite ambientais no traballo para o benceno, o acrilonitrilo e os compostos de níquel

18-05-2018 - Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas

Os valores recomendados son moito máis baixos, e polo tanto moito máis esixentes, que os actualmente vixentes no Estado español. Na súa reunión de marzo, o Comité de Avaliación de Riscos (RAC) da Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) tamén recomendou os límites de exposición ocupacional (OEL) para outras dúas substancias: níquel e os seus compostos e acrilonitrilo. Estas opinións conclúen a resposta á Comisión Europea, que por primeira vez solicitou ao RAC que avaliase a base científica para estabelecer os OEL.

Condena por exposición a amianto dun traballador que realizaba tarefas de mantemento na empresa.

20-03-2018 - AMIANTO

O xulgado do Social número 2 de Valladolid condenou á azucreira Ebro Food ao abono dunha indemnización á familia dun traballador que faleceu a consecuencia da inhalación durante lustros do po de amianto.

É necesario e urxente abordar a creación inmediata do Fondo de Compensación para as Vítimas de Amianto

12-03-2018 - AMIANTO

Vai xa unha década dende que no Estado español prohibiuse a utilización do amianto nos distintos procesos industriais e de fabricación, a pesares do cal o mesmo segue a estar presente nos procesos de traballo de moitos traballadores/as adicados a tarefas de reparación, retirada de materiais contaminados, transporte a vertedoiros, tratamento de residuos, mantemento de canalizacións de auga, rehabilitación e mantemento de edificios), así como ao conxunto das persoas que en moitas ocasións sen sabelo, ocupan edificios construídos con amianto ou nos que existan instalacións que posúen este material.

Proposta para restrinxir as substancias perigosas en tintas de tatuaxe e maquillaxe permanente

18-01-2018 - Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA

A proposta da Comisión Europea a Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA), xunto ás autoridades competentes de Dinamarca, Italia y Noruega, ven de avaliar os riscos relacionados coas substancias químicas asociados coas tintas empregadas en tatuaxes e maquillaxe permanente, a necesidade de acción en toda a Unión e os impactos socioeconómicos relevantes.

Radón en centros de traballo dependentes de administracións públicas galegas

11-01-2018 - Saúde laboral

A CIG presentou denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a Xunta de Galicia, logo da reiterada negativa do Goberno galego a realizar medicións do nivel de radón nos edificios administrativos dos Servizos Centrais situados en San Caetano. A solicitude de medicións foi proposta en repetidas ocasións no Comité de Seguridade e Saúde Laboral, motivada pola inquietude do persoal que traballa nos edificios administrativos da Xunta.

O acoso a unha docente recoñecido como accidente laboral

10-01-2018 - Sentenza

Na sentenza o Xulgado do Social número 1 de Palencia recoñece como continxencia profesional a situación de baixa laboral dunha docente de Educación Secundaria causada polo acoso de varios alumnos, e condea aos demandados, a Consellería de Educación da Junta de Castilla y León, Ibermutuamur, o INSS e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a satisfacer as prestacións que derivan da continxencia profesional.

Exposición a productos químicos nos salóns de manicura

05-01-2018 - Axencia Francesa de Alimentación, Medio Ambiente e Saúde e Seguridade no Traballo

Segundo un extenso informe publicado pola Axencia Francesa de Alimentación, Medio Ambiente e Saúde e Seguridade no Traballo (ANSES), as profesionais que traballan en salóns de manicura, case todas mulleres, están expostas a ao redor de 700 substancias diferentes, 60 das cales se califican como "de gran preocupación", por estar clasificadas como carcinóxenas, mutáxenas ou tóxicas para a reproducción, sensibilizanetes e/ou estar inscritas como posibles perturbadores endocrinos, e 90 como "preocupantes". As investigacións foron levadas a cabo en salóns de manicura da área de París entre xullo de 2015 e outubro de 2016.

Estudio sobre os impactos do sistema de autorización REACH

03-01-2018 - Comisión Europea

A Comisión Europea publicou un estudo sobre a avaliación do rendemento do sistema de autorización REACH. O estudo conclúe que este sistema promoveu a substitución progresiva de substancias altamente preocupantes (SVHC) por alternativas dispoñibles e que as empresas melloraron as medidas de xestión do risco e as condicións de traballo cando non foi posible a substitución das SVHC.

O Ministerio de Defensa indemniza as familias de dúas vítimas por exposición ao amianto

13-12-2017 - Amianto

O Ministerio de Defensa recoñece en dúas resolucións que “creou unha situación de risco” ao expoñer as dúas vítimas á inhalación dun material tóxico como o amianto. Segundo o bufete que tramitou as denuncias, estas resolucións reiteran que o amianto estaba presente tanto nos buques como nas propias instalacións da Armada, sen que por parte da Administración militar chegase a adoptarse medida algunha de seguridade.

Sanción a unha empresa por exposición dos traballadores/as a productos canceríxenos

23-11-2017 - Saúde Laboral

A multa de 150.000 euros foi imposta pola Inspección de Traballo da Seguridade Social á unha empresa concesionaria sanitaria por non adoptar medidas de prevención no uso e manipulación de produtos cancerígenos no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital de Elxe. A ITSS considera que se trata dunha infracción moi grave pola “falta de dilixencia” da empresa que expuxo perigosamente a 35 traballadores/as a produtos perigosos sen as medidas de protección estipuladas na normativa de seguridade laboral.

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco condena a RENFE Operadora e Wagon Lits a indemnizar á familia dun falecido por exposición ao amianto

11-09-2017 - SENTENZA

A Asociación Vasca de Vítimas del Amianto, denuncia a actitude do Xulgado n.º 4 de Donostia polas súas reiteradas sentenzas cuestionando feitos xa xulgados e xerar máis sufremento e gastos a vítimas do amianto

De novo sen acordo para a inclusión do amianto crisotilo no Anexo III do Convenio

10-07-2017 - Convenio de Rotterdam

Na oitava Conferencia das Partes no Convenio de Rotterdam, sobre o procedemento de consentimento fundamentado previo aplicable a certos praguicidas e produtos químicos perigosos obxecto de comercio internacional celebrada en maio de 2017 en Xenebra (Suíza), unha minoría dos asistentes bloquearon a introdución do crisotilo no Anexo III. Para a inclusión dunha sustancia é precisa a unanimidade entre as partes. Non se volverá a considerar a inclusión do crisotilo ata a próxima Conferencia dentro de dous anos.

Un estudo francés amosa que o persoal cobrador de caixa está expostos a Bisfenol A

18-05-2017 - hixiene

Esta é a conclusión dun estudo realizado entre traballadores/as de empresas do sector de servizos e lecer e do persoal dunha empresa que fabrica papel de imprenta que contén BPA. A exposición está vinculada ao papel térmico empregado nos recibos de pago que manipulan os traballadores/as dos dez centros comerciais e de ocio que participaron no estudo; estos traballadores/as presentan concentracións de bisfenol A en ouriños maiores que o resto da poboación.

Un xulgado de Oviedo recoñece a tendinite de ombreiro como enfermidade profesional de caixeira de supermercado

16-05-2017 - Sentenza

A sentenza considera que existe unha relación directa entre a lesión os movementos de brazo, cóbado e ombreiro que debe realizar para alcanzar os produtos desde a cinta e pasalos ata o lector de prezos. Tanto mutua como a empresa desligaban a enfermidade que padece a traballadora da súa actividade profesional, considerando a doenza como enfermidade común.

Psicose grave debida á presión asistencial sufrida por un médico considerada como accidente laboral

15-05-2017 - Sentenza

O Xulgado do Social número 6 de Granada, recoñeceu como accidente de traballo a grave psicose que padecía un médico de familia como consecuencia da tensión laboral á que estaba sometido. A sentenza, que entende que existe un nexo causal entre a actividade profesional e a presión asistencial, condena ao Servizo Andaluz de Saúde (SAS) a pagar a recarga da prestación por falta de medidas de seguridade.

Incrementáronse as agresións a médicos/as no ano 2016

30-03-2017 - Psicosocial

O Observatorio Nacional de Agresións da Organización Médica Colexial (OMC), ven de presentar os datos de violencia rexistrados en 2016 que supoñen un incremento do 37,12% en relación ao ano anterior. Os datos revelan un notable crecemento no pasado ano das condutas violentas no ámbito sanitario contabilizadas nos últimos anos (354, 344, 361 e 495 agresións en 2013, 2014, 2015 e 2016), sobrepasando en 2016 as cifras de 2010 (451), ano no que se creou este Observatorio. Na presentación dos datos indicouse que en moitos casos as conductas violentas teñen que ver con temas denunciados anteriormente: a masificación das urxencias, a falta de equidade na atención sanitaria, o aumento das listas de espera ou a precariedade laboral dos/as profesionais.

Segundo a sentenza da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra: Sen corpos asbestósicos no pulmón non hai enfermidade por amianto

22-03-2017 - Sentenza

A Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra rexeita que unha fibrose pulmonar intersticial sexa unha enfermidade profesional, porque nos informes médicos do traballador non se describen "presenza de corpos de asbesto". Segundo os informes médicos achegados ao xuízo, a causa do falecemento dun empregado da factoría do Grupo Super Ser (despois BSH Electrodomésticos España S.A.) foi: Fibrose pulmonar intersticial difusa, bilateral avanzada de predominio en campos pulmonares inferiores. Os maxistrados da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra rexeitaron que, con ese diagnóstico, o paciente falecese dunha enfermidade profesional derivada da exposición ao amianto.

Un 43% dos médicos/as afirman ter sufrido algún tipo de acoso, discriminación ou maltrato no seu centro de traballo no último ano.

08-03-2017 - Psicosocial

Estos datos extráense do “Estudo sobre a situación laboral dos Médicos en España” promovido polas Vocalías Nacionais de Médicos en Empleo Precario e de Formación e/ou Postgrado da Organización Médica Colexial (OMC). En relación ao acoso laboral, a enquisa revela que o sufren máis casos as mulleres, 46,6%, fronte ao 41,3% dos rexistrados entre os homes. Entre os agravios descritos están: os prexuízos relativos á carga laboral; en relación ao horario de traballo; veto para poder prosperar na traxectoria profesional; privación dunha parte da actividade profesional; ridiculización ou minusvaloración ante outros membros do servizo ou ante pacientes; insultos graves ou vexacións; exclusión inmotivada e prolongada de todas as actividades do servizo; comentarios despectivos discriminatorios sobre orixe racial ou étnica; solicitude de favores de natureza sexual, entre outros.

A exposición prolongada ao estrés no traballo incrementa as posibilidades de contraer cancro

23-01-2017 - Saúde laboral

Segundo una investigación realizada en Canadá polo INRS e a Universidade de Montreal publicada na revista Preventive Medicine, existe una relación directa entre o estrés prolongado no traballo e a posibilidade de padecer determinados tipos de cancro en homes.

Cun auto cuestionado polos traballadores demandantes e as súas defensas, a Audiencia Provincial de Valencia “frea” o caso colectivo dos enfermos por amianto de Unión Naval de Levante

04-01-2017 - AMIANTO

A defensa letrada dos extraballadores do asteleiro, anuncia que esgotará todas as vías legais posibles e alega “indefensión xurídica” dos actuais demandantes.

Cancro de esófago vinculado á exposición ao amianto

16-12-2016 - Sentenza

Na sentenza un xuíz de Barcelona recoñece o cancro de esófago como unha enfermidade laboral por exposición ao amianto, a pesares de que a doenza non aparece no baremo oficial de enfermidades profesionais. Segundo o xuíz, "non se pode dicir que se unha enfermidade concreta non está na listaxe de enfermidades profesionais non o é, senón que se ha de ter en conta os coñecementos actuais e os criterios científicos".

O INSS recoñece a invalidez permanente absoluta derivada de enfermidade profesional a un traballador xubilado afectado de cancro de larinxe.

13-09-2016 - Amianto

Dende decembro do ano pasado, o cancro de larinxe está incluído no cadro de enfermidades profesionais (BOE do 19 de decembro de 2015). No caso deste traballador xubilado do naval ferrolano, este cambio supón que a invalidez permanente absoluta que ten recoñecida deriva dunha enfermidade profesional causada pola exposición a amianto (que estivo presente en traballos realizados na industria naval ferrolán e que deu lugar a numerosas reclamacións na comarca por parte de afectados por carcinoma de pulmón).

Condución e quenda de noite, unha combinación “mortal” para o persoal sanitario

08-09-2016 - SEGURIDADE

Dous de cada cinco médicos de Reino Unido, o 41%, confesaron durmirse ao volante mentres conducían a casa tras a quenda de noite. E máis do 25% dos consultados sabían dun médico que morrera nun accidente de tráfico tras unha quenda de garda pola noite.

O 50% dos negocios de hostalería non contan cun plan de prevención de riscos laborais

10-08-2016 - SAÚDE LABORAL

Segundo datos de Premap Seguridade e Saúde, tan só un 52 por cento dos locais de hostalería e restauración do Estado teñen un plan de prevención de riscos laborais que contemple unha formación preventiva axeitada para evitar accidentes e lesións.

Novo accidente laboral no sector galego da conserva

03-08-2016 - ACCIDENTE LABORAL

Unha traballadora de 50 anos de idade sufriu na tarde noite do luns 27 de xuño un accidente laboral nunha fábrica conserveira de O Grove, o que obrigou ao seu traslado en estado grave ao hospital provincial de Montecelo na cidade de Pontevedra. Alí foi intervida de urxencia e os médicos tiveron que amputarlle o antebrazo, que quedara completamente esmagado e irrecuperable como consecuencia do accidente

Cambio lexislativo para que a silicose sexa recoñecida como incapacitante.

26-07-2016 - Hixiene

A CIG urxe ao Instituto Nacional da Seguridade Social que recoñeza aos afectados de silicose en grao 1 o dereito a unha pensión de invalidez sen necesidade de que teñan que acudir á vía xudicial, como está a suceder na actualidade. Anxo Pérez Carballo, membro da executiva confederal da CIG, lamenta que teñan que ser os xuíces os que "están a interpretar dunha maneira máis humana a lexislación", recoñecendo o dereito a cobrar unha pensión de invalidez aos afectados na súa fase inicial; a principios de mes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia "estabeleceu con total claridade o dereito dun traballador con silicose en grao uno a optar a un posto de traballo alternativo na mesma empresa ou a ver reconcida unha incapacidade permanente".

Crecen as hospitalizacións relacionadas coa exposición a amianto

28-06-2016 - Amianto

O amianto é un produto canceríxeno que foi empregado masivamente na industria e na construción; aínda que os seus efectos nocivos eran coñecidos dende os años 40, non se prohibiu o seu emprego na Unión Europea ata hai pouco (ano 2002 no Estado español). As fibras do mineral que se desprenden na manipulación poden chegar ata os pulmóns onde se incrustan provocando graves doenzas respiratorias; os síntomas da enfermidade poden manifestarse logo de 40 anos dende a exposición. Segundo o Departamento de Saúde catalán, os ingresos hospitalarios por asbestosis, fibrose pulmonar provocada polo amianto, disparáronse un 83% nos últimos 10 anos. Os pneumólogos consideran que o pico de diagnósticos será en torno ao 2020.

Emprego de luvas médicas con po

23-06-2016 - Hixiene

A Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) dos EE.UU. estuda prohibir o emprego da maioría das luvas médicas con po, pois o seu uso pode supoñer riscos para a saúde de pacientes e dos profesionais de atención sanitaria. A prohibición aplicaríase ás luvas con po de cirurxiáns, os que se empregan no exame de pacientes e o po absorbible que ten com fin lubricar as luvas de cirurxiáns.

Lesións profesionais nos músicos

21-06-2016 - ergonomía

Tres de cada catro músicos teñen padecido algún tipo de lesión debida ao seu traballo; as posturas, o peso dos instrumentos (un saxo, que vai colgado do pescozo, pesa tres kilos, un violín, que se sostén coa mandíbula, medio kilo), e os movementos repetitivos poden causar lesións que en determinados casos non permiten seguir tocando. A pesares de que os problemas de dor causados por tocar un instrumento sempre foron habituais entre os profesionais, os músicos están a recibir pouca atención asistencial. Médicos e fisioterapeutas especialistas neste tipo de casos intentan conseguir para eles o recoñecemento que conqueriu a mediciña deportiva.

Unha nova morte na Galiza na tala duns piñeiros

20-06-2016 - Accidente laboral

Un traballador monfortino morreu aos 34 anos de idade vítima dun accidente mortal durante unha tala forestal, supoñendo o quinto accidente mortal na industria madeireira galega nun ano. O traballador acudira cun grupo de compañeiros da empresa madeireira de Sober na que traballaba a realizar unha curta de piñeiros nun dos monte comunais da ladeira sur do Alto dá Moá, que separa os municipios de Ribas de Sil e San Xoán de Río. O traballador morreu esmagado polo tronco dun piñeiro que estaba a cortar, nun sinistro ocorrido nunha zona de monte de difícil acceso e que sufrira un importante incendio durante o verán pasado.

Efectos daniños das radiacións ionizantes usadas no diagnóstico médico

07-06-2016 - HIXIENE

Os efectos carcinoxénicos das radiacións ionizantes usadas no diagnóstico médico coñécense desde hai moito tempo e a evidencia científica non deixou de crecer. Con todo, ata hai poucos anos nin a industria tecnolóxica, nin os profesionais, nin os responsables sanitarios estaban suficientemente concienciados sobre este risco.

A Comisión Europea adopta unha proposta de Directiva co fin de mellorar as condicións de traballo dos traballadores/as no sector da pesca.

30-05-2016 - saude laboral

En 2013, os interlocutores sociais da UE no sector pesqueiro alcanzaron un acordo polo que se propoñía harmonizar o Dereito da UE co Convenio sobre o traballo na pesca de 2007 da Organización Internacional do Traballo (OIT). Logo do acordo dos interlocutores sociais sobre as condicións de traballo no sector da pesca, a Comisión Europea ven de transformar ese acordo en proposta de Directiva, que ofrecerá un maior nivel de protección aos pescadores da UE.

Riscos laborais no mantemento de automóviles

19-05-2016 - Saúde laboral

Un grupo de profesores/as do departamento de Economía e Administración de Empresas da Universidade de Málaga publicaron no International Journal of Industrial Ergonomics un estudo denominado Valoración dos riscos comparativos derivados das actividades de mantemento de automóbiles: híbridos, batería eléctrica, e coches de célula de combustíble de hidróxeno.

Agresións a traballadores de urxencias

10-05-2016 - Saúde laboral

Os traballadores/as dos servizos das urxencias médicas están expostos a agresións físicas e verbais, que poden vir tanto dos propios pacientes como das persoas que os acompañan. A Universidade Complutense de Madrid realizou un traballo sobre as agresións que sofren os profesionais das urxencias extrahospitalarias (aquelas que se teñan lugar fora dos recintos hospitalarios, como pode ser a atención en domicilios, vías urbanas ou servizos de atención primaria); entre as súas conclusións, atopamos que o 89% dos traballadores/as do SUMMA 112 (Madrid) que sufriron agresións, presentou síntomas de estrés postraumático.

A empresa deberá abonar un recargo do 40% á viúva dun traballador que estivo en contacto con amianto

20-04-2016 - Amianto

A Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria confirma a sentenza ditada polo Xulgado do Social nº 3 de Santander, que impuxo a recarga ao constatar que a empresa non adoptara as medidas de seguridade vixentes cando o traballador tivo contacto o amianto, nos anos setenta. Esta recarga se abonará sobre a pensión de viuvez dunha muller cuxo home faleceu por mor dunha grave enfermidade pulmonar provocada polo contacto directo con amianto, material co que traballou durante seis anos.

Aumenta a síndrome de queimarse no traballo do profesorado de Secundaria polo exceso de alumnos na aula

13-04-2016 - PSICOSOCIAL

Segundo o estudo, realizado pola Unidade de Investigación Psicosocial da Conduta organizacional da Universitat de València, o exceso de alumnos por aula ou de tarefas de xestión, son factores que reducen a capacidade laboral do docente, provocan problemas de saúde e incrementan o absentismo.

Tese doctoral sobre os efectos do amianto nos traballadores do naval en Ferrol

29-02-2016 - Amianto

Para a realización desta tese doutoral, presentada na Universidade de A Coruña, foron analizados os casos de 681 traballadores, cunha idade media de 65 anos, un tempo medio de exposición de 20 anos, e un tempo medio de latencia de 41 anos. Dentro do colectivo se estimou a posible influencia do tabaquismo, determinando que un 72,3% dos traballadores consumían tabaco, cunha media de 24,89 cigarrillos ao día. Así mesmo, se considerou que un 30,3% tiñan algún antecedente neumolóxico.

Obrigas e criterios xerais de prevención de riscos laborais que deben considerarse na promoción e execución de obras menores

02-02-2016 - Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo

En decembro do ano pasado o pleno da Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (CNSST) aprobou o informe "Análise da sinistralidade e as súas causas en obras menores". Os datos incluídos no devandito informe permiten establecer unha asociación entre os accidentes graves e mortais en obras menores, e a falta de cumprimento por parte das empresas contratistas sobre as súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais (PRL). Así mesmo, segundo a CNSST, denótase unha insuficiente implicación dos promotores na integración da PRL na fase de concepción e contratación dos traballos, o que pode supor, entre outros aspectos, a selección de empresas con insuficiente estrutura e xestión preventivas para executar os traballos.

Descende significativamente o número de autónomos que cotiza voluntariamente por accidente laboral.

28-12-2015 - ACCIDENTE LABORAL

A data 31 de outubro do presente ano 2015, son só 600.646 traballadores autónomos que no conxunto do Estado cotizan voluntariamente para cubrir as súas prestacións por accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Este é o número máis baixo de cotizantes voluntarios dende que existe esta prestación. A finais de decembro de 2013 o número era de 637.269 e a finais de 2014 de 623.940. O descenso no acumulado do ano chega ao 3,8 %.

Unha recente sentenza acontecida no País Vasco condena á empresa Arcelor e recoñece os dereitos dunha falecida por lavar roupa de traballo con amianto

23-11-2015 - AMIANTO

A empresa guipuscoana Arcelor Mittal Bergara foi condeada baixo sentenza a indemnizar con 71.519 euros aos fillos dunha ama de casa que faleceu de mesotelioma, unha enfermidade directamente relacionada co amianto, tras pasar anos lavando a roupa de traballo do seu marido, cuxa actividade se desenvolvía en permanente contacto con este material.

O sector do ensino ten os riscos psicosociais e as enfermidades da voz como as causas principais de baixa laboral

23-11-2015 - SAÚDE LABORAL

Riscos psicosociais como a sobrecarga de traballo, as demandas relacionais dos alumnos, dos compañeiros de traballo e das familias dos alumnos, a falta de apoio social e de recoñecemento á súa laboura docente, son as principais causas da aparición de estrés, do síndrome bournout e de estados de ansiedade que, rematan por constituir un dos principais problemas de saúde laboral do sector do ensino.

Renfe condenada a pagar 480.000 euros á familia dun falecido por amianto

20-11-2015 - AMIANTO

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) ratificou a condena a Compagnie Internationale deas Wagon List e a Renfe do Xulgado o Social Número 1 de San Sebastián, e deberán abonar un total de 476.451,72 euros, á viúva e filla dun traballador falecido por mesotelioma pleural.

O 1 de xaneiro de 2016 entrará en vigor o rexistro belga de nanomateriais

17-11-2015 - HIXIENE

A partir da entrada en vigor do rexistro, as empresas belgas deben declarar as sustancias químicas que, en virtude da lexislación belga, se consideran nanomateriais e que se produciron, importaron ou distribuíron con fins profesionais con anterioridade, tamén terán que rexistrar os seus materiais antes de colocalos no mercado.

REACH: O Tribunal Europeo de Xustiza dita unha sentenza favorable á protección da saúde de traballadores e consumidores, e en contra da opinión da Comisión Europea

27-10-2015 - HIXIENE

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), non seguiu a interpretación da Comisión -xeneralmente favorable ás empresas- e fallou a favor da interpretación dada por cinco Estados membros en relación a un punto do regulamento REACH sobre sustancias químicas "extremadamente preocupantes" (SET), debido ás súas propiedades carcinóxenas, mutáxenas ou tóxicas. Esta decisión obriga a que os vendedores dos produtos que conteñan estas sustancias deban informar aos seus clientes.

O cancro de larinxe por inhalación de amianto é, por fin, recoñecido como enfermidade profesional

30-09-2015 - Amianto

A Seguridade Social, logo de moitas revindicacións dos axentes sociais e constantes reclamacións da CIG nestes últimos anos, acorda a súa inclusión como enfermidade profesional, que se plasmará nun futuro Real Decreto. Recoñécese así o perigo potencial ao que están expostos os traballadores/as da construción naval ou da industria mineira en contacto con este material.

No Estado, a metade dos negocios de hostalería non teñen un plan de prevención de riscos laborais

24-09-2015 - XESTIÓN PREVENTIVA

Un dos problemas do crecemento que se prevé para a hostalería durante os próximos meses é a falta de formación en prevención laboral de moitos dos traballadores eventuais. Segundo datos de Prevención, só un 52% dos locais de hostalería e restauración do Estado ten un plan de prevención de riscos laborais con formación adecuada para evitar accidentes e lesións.

Condea para 11 exdirectivos de Pirelli pola morte de 24 traballadores

11-09-2015 - amianto

Os exdirectivos estaban acusados de homicidio culposo gravoso pola morte de vinte catro traballadores a consecuencia de tumores orixinados pola exposición ao amianto en dúas fábricas nas décadas de 1970 e 1980; o xuíz da VI Sección Penal do Tribunal encargado do caso, condeounos a penas que van dende os tres ata os sete anos e oito meses de prisión.

A lexislación francesa non permite contestar correos electrónicos fora do horario laboral

10-09-2015 - Psicosocial

Un acordo entre os grandes sindicatos e dúas patronais do sector de asesoría técnica, inxeñería, servizos informáticos, recursos humanos e consultoría permitiu modificar a lexislación co fin de tentar poñer fin ás xornadas interminables dos traballadores/as deste sector. Así, segundo esta nova normativa, os traballadores/as non terán que respostar correos de traballo logo das seis da tarde, hora de remate da xornada laboral.

Contaxio de gripe por persoal sanitario

31-07-2015 - Enfermidade profesional

A traballadora sanitaria contaxiada no exercicio da súa actividade laboral, tivo que vencer a resistencia da mutua, que negaba o recoñecemento da orixe laboral e recomendaba a tramitación dunha incapacidade temporal a través do seu médico de cabeceira.

A exposición ocupacional causa máis de 100.000 mortes ao ano en todo o mundo

31-07-2015 - amianto

Todas as formas de amianto, ou asbesto, están considerados como carcinóxenos humanos pola Axencia Internacional para a inventigación do cancro (IARC). Segundo unha declaración oficial presentada polo Colleguim Ramazzini (organización internacional formada por 180 expertos en saúde ambiental e ocupacional de 35 países) a exposición ao amianto causa en todo mundo unhas 107.000 mortes; dende o ano 1993 esta organización pide a prohibición total de extracción e uso do amianto.

Riscos no mantemento de aeroxeradores

28-07-2015 - Seguridade

Recentemente no marco do Congreso da American Society Engineers, especialistas en seguridade trataron os riscos aos que están expostos os traballadores/as que se encergan do mantemento de aeroxeradores. Riscos que se teñen incrementado nos últimos tempos a medida que os equipos se fan máis grandes e numerosos.

Recoñecen como accidente laboral o accidente de tráfico sufrido por unha mariscadora cando se deprazaba da praia a lonxa

20-07-2015 - sentenza

O Xulgado do Social número 3 de Pontevedra asina unha sentenza na que se recoñece a unha mariscadora de a pe o dereito a ser indemnizada polo Instituto Social da Mariña por un accidente de tráfico acaecido en novembro de 2014, cando se desprazaba nun furgón no que levaba o marisco, da praia á lonxa.

Poñer fin ao amianto

07-07-2015 - AMIANTO

O pasado 24 de xuño celebrouse a xornada "Freeing Europe safely from asbestos", organizada polo Comité Económico e Social Europeo (CESAMENTO) e o Comité das Rexións, e co apoio da Federación Europea de Traballadores da Construción e a Madeira, a Federación Europea da Industria da Construción e organizacións de apoio ás vítimas deste axente canceríxeno, sobre retirada segura de amianto en Europa.

O INSS ven de recoñecer a enfermidade profesional por exposición a tóxicos a un traballador que xa faleceu.

30-06-2015 - Hixiene

A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social en Gipuzkoa recoñeceu a enfermidade profesional tras o falecemento de Mohamed B.A., por EPOC e insuficiencia respiratoria severa, engrosamentos nodulares, pleurais e cancro de pulmón. O traballador faleceu con 67 anos o pasado 11 de Outubro, tras 20 anos de traballo na fabricación de ladrillos refractarios, e logo de estar exposto a un intenso ambiente pulvíxeno e varías substancias cancerígenas nese período laboral.

O IARC confirma que o praquicida lindano é carcinóxeno

29-06-2015 - IARC

A Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC) avaliou a carcinoxeneidade dos insecticidas gamma-hexaclorociclohexano (coñecido como lindano), o diclorodifeniltricloroetano (DDT) e do herbicida acedo 2,4-diclorofenoxiacético (2,4-D), o máis empregado no mundo. Un total de 26 expertos de 13 países, convocados polo Programa de Monografías da IARC, clasificou o insecticida lindano como 'carcinóxeno para os humanos' (inclúense dentro do denominado Grupo 1), aínda que non se acharon probas suficientes para a carcinoxeneidade en humanos do lindano no linfoma non Hodgkin (LNH).

O INSS cambia o criterio para recoñecer a incapacidade permanente total para os traballadores afectados de silicose de 1º grao

26-06-2015 - Silicose

O Consello Xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) aprobou, na súa reunión do día 25 de xuño, proceder a un cambio de criterio sobre o o tratamento asistencial aos traballadores/as afectados/as de silicose de 1º grao. Deste xeito, recoñecerase a incapacidade permanente total para quen presente esta doenza e na súa empresa non exista un posto de traballo alternativo libre de pó.

O fume tóxico dos incendios

15-06-2015 - Hixiene

Os fumes producidos nos incendios son os responsables de máis da metade das lesións e mortes que se producen nos incendios. Os riscos para a saúde teñen crecido nos últimos tempos debido ao incremento no uso de materiais construtivos que ao queimarse producen fumes canceríxenos. Os bombeiros están constantemente expostos na súa vida profesional a estos fumes, que en moitos casos son canceríxenos.

Segundo a OMS un de cada tres europeos pode estar exposto a amianto

11-06-2015 - amianto

Segundo o informe "Progreso cara á eliminación das enfermidades relacionadas co amianto", presentado na reunión de alto nivel sobre o medio ambiente e a saúde celebrada en Haifa (Israel) o 30de abril, o amianto é responsable da metade das mortes por cancro debidas ao traballo. De acordo coas novas estimacións, as mortes por mesotelioma en 15 países europeos custan á sociedade máis de 1,5 millóns de euros ao ano.

Dende o ano 2011 van 73 falecementos debidos a accidentes con tractor

10-06-2015 - Seguridade

Galiza conta con 403.000 tractores, o 15% do parque de vehículos de uso agrícola se temos en consideración o total do parque estatal. Tendo en conta tamén o ámbito estatal, o 15% dos accidentes con tractor no ano 2014 tiveron lugar en Galiza. Dos 73 accidentes mortais que tiveron lugar en Galiza dende o 2011, 48 producíronse en actividades non profesionais, 23 na estrada e 2 en sinistros laborais. No que vai de 2015, xa son nove as persoas falecidas neste tipo de accidente.

Proxecto de RD, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñen substancias perigosas. (SEVESO III)

09-06-2015 - Seguridade

A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias publicou o proxecto de Real Decreto, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñen sustancias perigosas; este texto resulta da trasposición da Directiva 2012/18/UE (SEVESO III). O presente documento foi informado favorablemente pola Comisión Nacional de Protección Civil e a Comisión Interministerial Permanente de Armas e Explosivos. Actualmente, está pendente de aprobación polo Consello de Ministros.

O lobby internacional do amianto consigue que non se inclúa este mineral no convenio de Rotterdam

08-06-2015 - Hixiene

Os gobernos de Rusia e Kazajistán, os maiores exportadores de amianto do mundo, xunto cos de Zinbabwe, que quere reabrir as súas minas de amianto, e Kirguistán, aliado de Rusia, bloquearon a recomendación do comité científico da convención das Nacións Unidas así como as expectativas do resto dos participantes, máis de 160, na conferencia de maio de avaliación de substancias para a súa inclusión na lista do Convenio de Rotterdam. Segundo se estabelece no sistema, os acordos deben adoptarse por consenso.

Acusan á Comisión Europea de non protexer a traballadores/as das substancias químicas que provocan cancro

20-05-2015 - Hixiene

Dende a Confederación Europea de Sindicatos (CES) repróchase á Comisión Europea que suspendese o traballo sobre a lexislación que protexe a traballadores e traballadoras de substancias químicas causantes de cancro. A secretaria xeral considera vergonzante que medidas destinadas a protexer a saúde de traballadores e traballadoras estean a ser tratadas por burócratas que as consideran unha carga innecesaria para a industria.

Un episodio de ansiedade sufrido por unha docente recoñecido como accidente de traballo

14-05-2015 - Psicosocial

Os feitos tiveron lugar nun instituto en Bizcaia; o mal comportamento dunha alumna motivou que a docente a expulsara da clase, en presencia da coordinadora da ESO do centro; nese momento a profesora sufriu un episodio de angustia que lle impediu continuar coa súa actividade laboral. Ese mesmo día acudiu á mutua que diagnosticou ansiedade e lle recetou medicamentos específicos, pero non considerou que a orixe da patoloxía fose laboral.

Plan de prevención de riscos na carreira xudicial

29-04-2015 - XESTIÓN PREVENCIÓN

Cando se fan 20 anos da aprobación da LPRL, asínase o primeiro Plan de prevención de riscos laborais para a carreira xudicial estatal. Asinado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza e as asociacións xudiciais, recolle características da actividade xudicial como por exemplo que a actividade non está sometida a horario concreto, que o número de asuntos repartidos a cada órgano xudicial non está sometido a limitación, as restricións que estabelecen os prazos que deben ser atendidos ou os riscos psicosociais.

A agresión a sanitarios e docentes poderá ser penada con ata catro anos de cárcere.

23-04-2015 - Psicosocial

O Congreso dos Deputados aprobou unha enmenda ao artigo 550 do Código Penal: a agresión en tempo de traballo a profesionais sanitarios (médicos/as, enfermeiros/as, fisioterapeutas, técnicos, etc.) ou docentes será tipificado como atentado á autoridade, o que conleva penas de ata atro anos de cárcere.

O IARC declara como "posibles canceríxenos humanos", cinco pesticidas de amplo emprego

14-04-2015 - IARC

A Axencia Internacional da ONU para a Investigación sobre o Cáncro (IARC), indicou que o herbicida glifosato e os insecticidas malatión e diazinón como "probablemente canceríxenos" sobre a base de probas limitadas en seres humanos; así mesmo, os insecticidas tetraclorvinfos e paratión foron clasificados como "posiblemente canceríxenos" á luz da "evidencia convincente" de animais de laboratorio.

O PVC sanitario, nocivo para a saúde

31-03-2015 - Hixiene

O PVC, emprégase con asiduidade en diversos dispositivos médicos (como bolsas para infusión intravenosa, catéteres, dispositivos para nutrición enteral, …), así como en instalacións (pisos, alfombras, ventanas), guantes, batas ou cortinas, debido fundamentalmente ás súas propiedades físicas e ao reducido do seu custo. Este material expón aos pacientes a residuos nocivos durante o seu uso e é fonte de contaminantes perigosos durante a súa fabricación e eliminación, segundo se sinala dende a organización “Health Care Without Harm” (Saúde sen Daño).

Denuncian o deterioro das condicións de traballo nas empresas auxiliares do sector naval

26-03-2015 - Accidente laboral

O pasado martes tivo lugar no asteleiro de Navantia un accidente laboral no que faleceu un traballador dunha compañía auxiliar. Á espera dos resultados que se desprendan do informe sobre o sucedido, a CIG Industria reclama a Navantia que esixa ás compañías auxiliares que traballan nos estaleiros, a racionalización das xornadas de traballo e o cumprimento dos acordos asinados no ano 2001.

A síndrome do túnel carpiano en persoal de limpeza é declarada Enfermidade Profesional

11-02-2015 - SENTENZA/XURISPRUDENCIA

Unha traballadora de profesión limpadora, presentou un recurso de casación para unificación de doutrina ante o Tribunal Supremo, que versaba sobre a cualificación como enfermidade profesional da síndrome de túnel carpiano bilateral.

Un xuíz condena a Uralita pola morte da muller dun empregado

12-12-2014 - AMIANTO

Un xuíz de Barcelona condenou ao fabricante de materiais de construción Uralita a indemnizar con 86.276 euros a un antigo empregado pola morte da súa muller, que faleceu en 2011 como consecuencia da exposición ao amianto impregnado na roupa do seu marido.

Un estudo advirte do “infra-recoñecemento” dos cancros por amianto

09-12-2014 - Amianto

O 93,6% dos homes e o 96,6% das mulleres que faleceron entre 2007 e 2011 no Estado español por mesotelioma pleural atribuíble a exposición laboral ao amianto non foron recoñecidos pola Seguridade Social (tan só se recoñeceu a orixe laboral para o 6,4% dos homes e o 4,4% das mulleres). Así mesmo, a taxa de infra-rexistro dos falecidos por cancro de bronquio e pulmón atribuíbles a exposición laboral ao amianto é do 98,8%.

Atopan relación entre a fibrose pulmonar e o amianto

03-12-2014 - Amianto

Numerosos casos dunha enfermidade pulmonar común, cuxas causas se consideraban até agora descoñecidas son, de feito, resultado da exposición ao amianto, segundo cren os científicos. Investigadores do Imperial College de Londres atoparon unha correlación entre o índice de falecementos ocorridos en Inglaterra e Gales polas enfermidades relacionadas co amianto coñecidas como asbestose e mesotelioma e a fibrose pulmonar idiopática (FPI).

O tabaco reduce a indemnización por asbestose

28-11-2014 - Amianto

Fumar un paquete á semana até 12 anos antes de contraer cancro, reduce nun 25% a indemnización dunha morte por mor dunha enfermidade que o INSS declarou como profesional.

Só o 3% das baixas laborais de 2013 foron de traballadores/as autónomos/as

21-11-2014 - Accidente laboral

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o 18 por cento das persoas ocupadas (que traballan e cotizan) no Estado español son autónomas. Das máis de 3 millóns de empresas que hai no Estado, máis do 90 por cento eran autónomos ou microempresas. Sen dúbida, este colectivo supón un peso máis que específico no conxunto da economía produtiva; entre as particularidades preventivas deste colectivo hai que destacar que é un profesional comunmente subcontratado e que a cobertura por accidente de traballo e enfermidade profesional é voluntaria, polo que moitos empresarios/as prescinden da mesma con obxecto de rebaixar custos; desta forma é habitual que se un autónomo/a ten un accidente, non se adoite dar de baixa.

A carga de traballo asociada ao traballo de xuíz

17-11-2014 - Saúde laboral

A asociación de Xuíces para a Democracia demandou ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao ministerio de Xustiza ante a Sala do Social da Audiencia Nacional pola falta de prevención dos riscos laborais aos que están expostos os xuíces, especialmente pola sobrecarga de traballo que soportan. A demanda de conflito sinala que os xuíces e maxistrados son practicamente o único colectivo de empregados públicos que se atopa "na máis absoluta desprotección" xa que o Ministerio de Xustiza e o CXPX incumpriron a súa obrigación e compromiso de adoptar medidas de protección adecuadas e a día de hoxe aínda non contan cunha avaliación de riscos e de planificación da actividade preventiva.

A Seguridade Social recoñece menos do 6,4% das mortes por cancro do amianto

12-11-2014 - AMIANTO

O 93,6% dos homes e o 96,6% das mulleres que faleceron entre 2007 e 2011 en España por mesotelioma pleural atribuíble a exposición laboral ao amianto non foron recoñecidos pola Seguridade Social. Só o 6,4% dos homes e o 4,4% das mulleres o foron. Ademais, a taxa de infra-rexistro dos falecidos por cancro de bronquio e pulmón atribuíbles a exposición laboral ao amianto é do 98,8%.

Declaración obrigatoria do mesotelioma en Francia: primeiros resultados completos

06-11-2014 - AMIANTO

En Francia o Plan Nacional de Vixilancia do Mesotelioma (PNSM) púxose en marcha no ano 1998, co obxectivo de coñecer a incidencia desta grave enfermidade, a maioría de cuxos casos son debidos á exposición (laboral ou non) ao amianto.

Xestionar a seguridade e a saúde laboral no sector sanitario garante unha mellor calidade dos servizos ao paciente

05-11-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) publica un informe sobre os riscos actuais e emerxentes en materia de seguridade e saúde no traballo (SST) no sector sanitario. Un aspecto importante do informe é que se centra nun ámbito que estivera desatendido anteriormente: a asistencia domiciliaria e comunitaria.

O Estado xaponés, condenado por non esixir a aplicación de medidas preventivas nos lugares de traballo onde se usaba amianto nos anos cincuenta do século XX

04-11-2014 - Amianto

Nunha sentenza histórica, o Tribunal Supremo do Xapón fallou por primeira vez que o goberno foi responsable de non impedir que os traballadores estivesen expostos ao amianto, ao non esixir a aplicación de medidas preventivas, e obríga a compensar aos demandantes con 330 millóns de yenes.

A xustiza investigará se o caso de contaxio de ébola da auxiliar de enfermaría é un delito contra a seguridade laboral por parte dos responsables de sanidade.

23-10-2014 - HIXIENE

Sindicatos e entidades sectoriais presentaron xa denuncias, algunhas delas previas ao contaxio, ante a Fiscalía, os xulgados e a Inspección de traballo. O fiscal superior de Madrid, Manuel Moix, abriu unha investigación.

Un sanitario do Carlos III denunciou as carencias do centro para atender os casos de ébola

17-10-2014 - HIXIENE

Un enfermeiro do Hospital La Paz-Carlos III de Madrid, onde se atenderon aos dous misioneiros repatriados infectados por ébola dende África, denunciou este luns as condicións de traballo e as medidas de seguridade que se utilizaron á hora de tratar aos dous enfermos. O empregado do centro, onde unha das súas traballadoras resultou contaxiada polo virus, denunciara nun blog a infraestrutura insuficiente para facer fronte a estes casos. Ademais, denuncia que Sanidade modificou "ao seu gusto" o protocolo para tapar as carencias do hospital.

Condenan 45 anos despois a unha empresa española por expoñer os seus traballadores ao amianto

08-10-2014 - AMIANTO

A Sección duodécima da Audiencia Provincial de Madrid acaba de confirmar a Sentenza que foi ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 68 da capital e pola que se establecía que Sulzer Pumps Spain era a responsable civil do falecemento como consecuencia do mesotelioma que sufría quen traballara nas súas instalacións fai xa 45 anos.

A Seguridade Social recoñece a incapacidade absoluta por enfermidade profesional a un traballador afectado polo amianto existente na central nuclear de Garoña

08-08-2014 - AMIANTO

A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Álava emitiu unha resolución na que recoñece a incapacidade permanente absoluta ao traballador xa xubilado D.C.S., de 65 anos de idade, debido ao seu traballo manipulando amianto na empresa Montaxes Nervión SL.

Novos riscos no sector da enerxía eléctrica

18-07-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

A rápida evolución da innovación tecnolóxica leva a creación de novos riscos para os traballadores do sector eléctrico. Nun recente seminario celebrado no Comité de diálogo social sectorial - Electricidade, utilizáronse supostos para identificar no futuro estes problemas potenciais para a seguridade e saúde no traballo (SST) e as súas posibles solucións. Como causas dos futuros problemas no ámbito da SST destacáronse os rápidos cambios da tecnoloxía, o descoñecemento dos materiais e a carencia de capacidades.

Os problemas de traballar con ruído

10-07-2014 - Hixiene

Ao redor do 35 por cento dos traballadores cre que o nivel de ruído ao que están sometidos no seu lugar de traballo é molesto, sendo a industria e a construción os sectores máis afectados por problemas auditivos. Todos nos enfrontamos a ruídos dende que nos levantamos ata que nos deitamos. Comezamos o día cun espertador que xera máis de 80 decibeis. Despois na rúa enfrontámonos ao ruído dos coches e motos, asubíos, berros, etc; que en xeral soben a niveis de máis de 90 decibeis. O ruído é un dos contaminantes máis invasivos. Unha exposición prolongada sen a protección adecuada pode levar a provocar trauma acústico, unha lesión no oído interno.

Agavida acusa a Goberno e Xunta de abocar aos enfermos a peregrinar polos xulgados

19-06-2014 - Amianto

A Asociación Galega de Vítimas do Amianto (Agavida) lamenta que mentres que a Xunta e o Goberno central rexeitan a creación dun fondo estatal de compensación para os afectados polo uso deste material, o Estado ten que pagar cantidades millonarias recollidas nas sentenzas favorables aos enfermos e as súas familias.

Traballo seguro no sector da enerxía eólica

06-06-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

A enerxía eólica é un sector en auxe, pero traballan seguro os seus traballadores? As sustancias nocivas e o traballo en altura son exemplos de riscos neste sector que poden intensificarse por unhas condicións difíciles, como as condicións climatolóxicas extremas.

Os problemas que se derivan de estar sentado 8 horas diarias

28-05-2014 - SAÚDE LABORAL

En media, unha xornada laboral son 8 horas. Ás veces moito máis. O asunto é que pasamos gran parte do día no traballo. "Os que permanecen sentados durante 8 horas ao día cualifican dentro do segmento de sedentarios que presentan serios problemas cardiovasculares, exceso de insulina, sobrepeso e se evidenciou que tamén son máis propensos a contraer enfermidades intestinais, pero iso está aínda en estudo", asegura o médico internista chileno, Alejandro Guerra.

A exposición durante anos a desengraxantes, pegamentos ou pinturas prexudica á memoria

23-05-2014 - HIXIENTE

A ciencia coñecía xa os efectos adversos para a saúde que pode chegar a ocasionar pinturas e pegamentos. Agora un estudo da Escola de Saúde Pública de Harvard (EUA) sinala que as persoas que están expostas a pintura, pegamento ou fumes desengraxantes no traballo poden ter problemas de memoria e pensamento durante a vellez cando se xubilan, décadas despois da súa exposición.

Sentenza condenatoria para unha mutua por dar un alta a un traballador que non estaba recuperado

14-05-2014 - Accidente laboral

A maxistrada titular do xulgado do Social número 3 de Bilbao, condenou á Mutua Mutualia, ao Departamento de Seguridade do Goberno Vasco e ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), por este caso. En concreto, a mutua deberá "abonar a prestación correspondente" ao período no que o traballador estivo de alta médica a pesar de non estar en condicións. En total, algo máis de tres meses, nos que ademais o traballador estivo relegado do seu traballo normal de patrulleiro "ao non poder manexar a arma e as defensas necesarias", algo inherente ao seu traballo.

Trucos para non perder a voz

13-05-2014 - Saúde laboral

Son moitas as profesións nas que os traballadores teñen a voz como ferramenta de traballo; profesores, locutores, teleoperadores, comerciais, azafatas, asesores, camareiros, servizo de atención ao público, guías turísticos, sindicalistas (imaxinade unha asemblea) e un longo etcétera. Chegouse a calcular que a porcentaxe de traballadores que dependen da súa voz pode alcanzar até un terzo da poboación laboral total dun país.

Convenio de colaboración para facilitar o proceso de declaración de enfermidade profesional dos traballadores afectados polo amianto

15-04-2014 - Amianto

A Consellería de Sanidade e o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) veñen de asinar un convenio de colaboración para a promoción de actividades de coordinación que permitan realizar o seguimento da valoración funcional e etiolóxica daquelas persoas en contacto con fibras de amianto no desenvolvemento da súa actividade laboral, con sospeita de concorrencia de patoloxías relacionadas co dito contacto ou exposición e así facilitar, no seu caso, o proceso de declaración de enfermidade profesional.

A Comisión Europea decide refundar o Comité Científico para os Límites de Exposición Profesional a Axentes Químicos (SCOEL)

31-03-2014 - HIXIENE

A Comisión decidiu agora rematar co status de "patito feo" que ata agora veu sufrindo o SCOEL e homologar as súas condicións de adscrición e remuneración ás dos restantes comités equivalentes.

Indemnización para a familia dun falecido por amianto

18-03-2014 - Amianto

O Xulgado do Social número 10 de Bilbao condenou ás empresas Ercros e Fertiberia a indemnizar con 50.000 euros á viúva e fillos dun traballador falecido en 2009 a consecuencia dun mesotelioma derivado do amianto, segundo informou a asociación de vítimas do amianto Asviamie.

Vítimas do amianto piden un fondo de compensación que evite os xuízos

12-03-2014 - AMIANTO

As asociacións de vítimas do amianto (Avida) de todo ou Estado español e a federación nacional de colectivos de afectados acudiron o luns 17 de febreiro a Sevilla para dar o seu apoio aos demandantes no segundo xuízo social colectivo de afectados da antiga fábrica de Uralita. O seu presidente recalcou a urxencia de que o Estado español acceda á recomendación europea de crear un fondo de compensación público-privado para indemnizar a todas as vítimas segundo o grao da enfermidade que padezan.

Laboratorio de prevención de riscos laborais no sector agrícola

21-02-2014 - SAÚDE LABORAL

Almería contará co primeiro laboratorio-observatorio de prevención de riscos laborais no sector agrícola andaluz froito dun convenio de colaboración entre o Instituto Andaluz de Prevención de Riscos Laborais, adscrito á Consellaría de Economía, Innovación, Ciencia e Emprego, e á Universidade de Almería.

Reúnese por primeira vez a comisión mixta para o estudo da silicose creada no Ministerio de Traballo a instancias da CIG

18-02-2014 - Hixiene

Vén de celebrarse a primeira das xuntanzas da comisión específica para o estudo da silicose de primeira grao creada no Ministerio de Traballo a instancias da CIG. Segundo explican dende a central nacionalista, no encontro que tivo lugar en Madrid o pasado día 11 de febreiro “quedou patente tanto a situación destas persoas como a necesidade de reformar a Orde Ministerial de 1969 para buscarlle unha solución a esta problemática”.

Vítimas do mercurio gañan o seu caso en Noruega

05-02-2014 - HIXIENE

Unha ex enfermeira dental gañou o seu caso contra o Estado noruegués no Tribunal Supremo. Expertos legais indican que o fallo senta un precedente importante e pode chegar a ser tan importante para estas profesionais como o foi o fallo do amianto hai algúns anos. Na sentenza establécese que o mercurio é prexudicial para a saúde e que danou a saúde das enfermeiras dentais.

Defensa indemniza aos fillos dun sarxento morto por amianto

29-01-2014 - AMIANTO

O Ministerio de Defensa recoñeceu a súa responsabilidade nun novo caso dun mariño militar falecido como consecuencia da súa exposición ao amianto, no buque no que estivera embarcado.

Indemnizan a un marmorista con 54.000 euros por desenvolver silicose

29-01-2014 - SAÚDE LABORAL

O Xulgado do Social número 2 de Bilbao ten condenado ás empresas Marmorería Lemona, Marmorería Abásolo, á sociedade de Prevención Asepeyo e ao servizo de prevención alleo Gespreven a pagar 54.677,17 euros en concepto de indemnización a un traballador diagnosticado de silicose.

As condicións de vida dos mestres empeoraron como consecuencia da crise

20-01-2014 - SAÚDE LABORAL

Un proxecto de ETUCE, o sindicato europeo de mestres, elabora unha serie de recomendacións para o labor sindical en materia de saúde e seguridade no traballo e mostra como os mestres están expostos a altos niveis de estrés derivados da súa profesión.

Amianto: Navantia deberá indemnizar á familia dun empregado

16-01-2014 - AMIANTO

O grupo público Navantia (antes Izar e AESA) terá que indemnizar con 90.000 euros á familia de J.A.P., que foi traballador de AESA entre 1957 e 1963, tras unha sentenza do Xulgado do Social n.º 2 de Cádiz, que considera como feitos probados que nos traballos desempeñados polo operario naval, "ao cortar ou desforrar canalizacións cubertas de amianto inhalaba directamente tal po de amianto".

A Axencia Internacional de Investigación do Cáncro (IARC), contrata como asesor a un científico que promove o emprego do amianto

05-12-2013 - Amianto

A organización RightOnCanada, unha das máis activas entre as que teñen como obxectivo a eliminación do uso de amianto, mostrouse escandalizada polo feito de que a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), que depende da Organización Mundial da Saúde, nomease como colaborador científico a un funcionario ruso que colabora coa industria rusa do amianto na promoción do uso deste material.

Proxecto de investigación da Comisión Europea sobre exposición a substancias químicas

02-12-2013 - HIXIENE

O Diario Oficial da Unión Europea nº 2013/S 195-335524 do 08/10/2013 publicou unha solicitude de oferta da Comisión Europea para a elaboración dunha base de datos sobre exposición a substancias químicas. O prazo de presentación de candidaturas péchase o próximo día 3 de decembro.

Recoñecen a un suboficial morte en acto de servizo por exposición a amianto

29-11-2013 - AMIANTO

O Ministerio de Defensa recoñeceu que o subtenente da Armada faleceu en acto de servizo, o que permite á familia reclamar as indemnizacións ou recarga de pensións que leva consigo.

A exposición ao amianto seguirá a causar mortes ata o ano 2040

28-11-2013 - Amianto

Así o afirma un equipo de investigadores nun artigo publicado recentemente na revista BMC Cancer. O amianto é un axente canceríxeno presente en miles de edificios, tubaxes e tellados, dado que foi moi empregado o pasado século na construción no Estado español. Non en balde, entre 1906 e 2002 importáronse no estado máis de dous millóns de toneladas deste material. A súa comercialización e uso están prohibidos desde o ano 2002, a pesar do cal centos de persoas falecen cada ano en no estado por tumores de mesotelio provocados polas exposicións ocupacionais a este material no pasado.

O Estado español enfróntase a unha multa de Europa por non respectar a seguridade laboral da Garda Civil

22-11-2013 - SAÚDE LABORAL

Ao Goberno do PP tócalle responder ante o Tribunal de Xustiza Europeo, nun xuízo no que a propia Comisión Europea actúa como acusación, porque non cumpriu a súa orde de habilitar unhas oficinas de atención de riscos laborais competentes que atendan á Garda Civil.

Uralita, condenada a pagar 1,5 millóns a traballadores e familiares afectados polo amianto

18-11-2013 - Amianto

A Audiencia Provincial de Madrid condenou á empresa Uralita a indemnizar con 1,5 millóns de euros a 14 traballadores da fábrica de Xetafe e á muller dun deles que resultaron afectados pola inhalación de amianto, dos que nove xa faleceron. O fallo rebaixa nun 10 por cento as indemnizacións con respecto á sentenza do xuíz de primeira instancia de outubro de 2009 que foi recorrida pola empresa, que xa a condenaba como responsable das enfermidades contraídas polos demandantes.

O po de sílice, no candeeiro

06-11-2013 - HIXIENE

O pasado día 12 de setembro o Federal Register (Diario Oficial norteamericano) publicou o documento no que se concreta a detallada proposta (232 páxinas) de OSHA (Administración de Saúde e Seguridade Laboral) para modificar a lexislación vixente e reducir o valor límite actual dende 0,1 mg/m3 ata 0,05 mg/m3 expresado como concentración de po respirable en media para calquera xornada laboral de oito horas.

Un de cada catro docentes sofre transtornos de voz

04-11-2013 - SAÚDE LABORAL

Un de cada catro docentes sofre transtornos de voz, segundo mostrou o libro “Patoloxía da Voz” editado pola Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial (SEORL-PCF), e que foi apresentado no seu 64 congreso nacional en Madrid.

O coidado da vista no ámbito laboral

22-10-2013 - SAÚDE LABORAL

Un 86% dos traballadores coñece os riscos de traballar cun ordenador, non obstante, só un 46% realizouse unha revisión no último ano

Condenan ao servizo vasco de saúde a indemnizar con 93.000 euros a familia dun falecido por amianto

07-10-2013 - AMIANTO

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco estimou parcialmente o Recurso contra a Sentenza do 5-4-13 do Xulgado do Social Número 2 de San Sebastián e condenou ao Hospital Nosa Señora de Aránzazu a aboar 93.408,58 euros, máis intereses, aos familiares do electricista que faleceu o 26-11-12, vítima dun Adenocarcinoma de pulmón derivado do amianto.

Un investigador propón un sistema para localizar edificios construídos con amianto

23-07-2013 - AMIANTO

Cada certo tempo, o amianto salta aos medios de comunicación: residuos contaminantes, denuncias dos sindicatos, indemnizacións millonarias por enfermidades profesionais...

O Consello Xeral do Poder Xudicial pide que se revisen as sedes xudiciais de todas os CC.AA para previr riscos laborais

05-07-2013 - Saúde laboral

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou encomendar ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais deste órgano a realización dun estudo comparativo da situación existente nas sedes xudiciais en todas as comunidades autónomas para, no seu caso, requirir ás institucións competentes a adopción das medidas necesarias. Así mesmo, a citada Comisión acordou dirixirse á Consellería de Presidencia e Xustiza da Comunidade de Madrid, a fin de que leve a cabo, "o máis axiña posible, a implantación das medidas necesarias no ámbito da prevención de riscos laborais, nos edificios xudiciais da Comunidade de Madrid".

Unha investigación europea innova nun detector en tempo real de amianto no traballo

03-07-2013 - Amianto

O Instituto de Biomecánica (IBV) acolle a reunión final do proxecto ALERT, centrado en desenvolver un novo sistema portátil e de baixo custo capaz de detectar en tempo real as fibras de amianto presentes no aire no lugar de traballo. Unha investigación pioneira da Universidade de Hertfordshire -socia do proxecto- mostrou que cando unha partícula se ilumina cun láser, o patrón de luz resultante actúa como "pegada dixital" que axuda a clasificar e identificar a partícula. O detector de amianto ALERT analiza en tempo real os patróns de luz das partículas suspendidas no aire para identificar e alertar aos traballadores da presenza de fibras de amianto, a miúdo inapreciables a primeira ollada.

Desenvolven un traxe "intelixente" para equipos de emerxencia

01-07-2013 - SEGURIDADE

A Brigada Central de Salvamento Mineiro, un organismo que depende maioritariamente da empresa pública Hunosa, está a participar nun proxecto europeo de investigación destinado ao desenvolvemento dun traxe intelixente para equipos de rescate e emerxencias.

Os esvaróns e tropezóns, principal causa de accidente nas industrias químicas

27-06-2013 - RISCO QUÍMICO

Os traballadore das industrias químicas, sofren a maioría dos accidentes laborais por causas totalmente alleas á manipulación ou interacción coas substancias químicas que adoitan rodear o seu lugar de traballo.

Os camioneiros conducen con somnolencia un cuarto da súa xornada

26-06-2013 - SEGURIDADE

Máis do 83 por cento dos camioneiros conduce algunha vez baixo os efectos da somnolencia e a maioría deles faino todos os días case dúas horas nesta situación, o que supón unha cuarta parte da súa xornada laboral, establecida en oito horas. A somnolencia e o cansazo supoñen a terceira causa de accidentes no Estado español, por enriba do alcohol, segundo datos estatísticos. Destaca, ao mesmo tempo, que na UE o 25 por cento dos accidentes están relacionados coa fatiga ou a somnolencia, mentres que un 40 por cento dos accidentes mortais nas autoestradas de EUA se producen por esta causa.

O amianto causa un de cada dous casos de cancro de orixe laboral no estado español.

14-06-2013 - AMIANTO

O experto que dirixe o proxecto sobre os riscos do amianto no estado español por encarga ministerial, o catedrático de Historia da Ciencia Alfredo Menéndez Navarro, da Universidade de Granada, ofrece as cifras actualizadas de falecidos polo amianto no estado: 4.987 persoas afectadas por mesotelioma, un cancro que no 85% dos casos ten a súa orixe nunha exposición laboral ao amianto e no 20% restante por respiralo no ambiente.

Sentenza histórica contra un empresario suízo pola morte de miles de persoas polo amianto das súas fábricas en Italia

10-06-2013 - AMIANTO

Un empresario suízo foi condenado a 18 anos de cárcere pola morte de tres mil persoas vítimas das súas fábricas de amianto no país transalpino.

A UE aposta por tacógrafos intelixentes.

06-06-2013 - SEGURIDADE

O Parlamento Europeo prevé aprobar un regulamento para instalar dentro de tres anos tacógrafos intelixentes ou dixitais nos camións e autobuses matriculados en territorio comunitario para o transporte internacional, co fin de mellorar a seguridade vial.

O Parlamento galego insta a que as fábricas textiles respecten os dereitos humanos

04-06-2013 - RSE

A cámara galega aprobou este martes por unanimidade de todos os grupos unha declaración institucional que lles esixe "ás empresas galegas e estatais que subcontratan pedidos ás factorías téxtiles en Bangladesh e outros países que apliquen prácticas de produción con responsabilidade social".

Pactan custear melloras de seguridade nos seus talleres de Bangla Desh

24-05-2013 - SEGURIDADE

Polo momento é un compromiso. Máis adiante chegará a firma. E, despois o esencial: a aplicación cotiá do escrito. Tres das grandes marcas téxtiles internacionais -a sueca H&M, a española Inditex e a holandesa C&A- anunciaron este luns que asinarán un acordo vinculante para mellorar as penosas condicións de seguridade dos talleres de Bangla Desh que o último e grave desastre colocou brutalmente no centro do debate. A cifra de falecidos alcanzou as 1.127 persoas, segundo o último reconto.

Os traballadores da hostalaría presentan un maior risco de consumo de drogas

23-05-2013 - SAÚDE

Un equipo do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERES) estudaron o consumo de alcohol e outras drogas na poboación activa do estado español.

Izar debe pagar 240.000 euros á familia dun falecido por amianto

22-05-2013 - AMIANTO

Dúas novas sentenzas dos xulgados do Social de Ferrol veñen a dar a razón a vítimas do amianto.

Sentenza de conformidade no caso dos traballadores/as falecidos no accidente de Navantia do ano 2005

30-04-2013 - Seguridade

Os feitos que onte se viron no Xulgado do Penal 2 de Ferrol ocorreron o día 11 de maio de 2005 nun tanque do buque Roald Amundsen que se estaba a construir no estaleiro ferrolán de Navantia para a Armada norueguesa. Dous traballadores e unha traballadora da compañía auxiliar Mainfer perderon a vida por asfixia como consecuencia da inhalación de gases e a ausencia de osíxeno, do mesmo xeito que o operario da tamén auxiliar Tecnymo que baixou ao tanque para prestarlles axuda.

Ducias de mortos nun derrubamento en Bangladesh

29-04-2013 - Seguridade

A pasada semana un edificio de oito plantas que acollía varios talleres téxtiles, un mercado e unha sucursal dun banco, viuse abaixo na poboación de Savar, a 24 kilómetros ao noroeste da capital de Bangladesh. Polo momento hai en torno a 400 mortos e un número indeterminado de desaparecidos. As empresas téxtiles que albergaba o edificio traballan, como contratistas ou subcontratistas, para varias marcas occidentais, entre as que poderían atoparse Primark, The Children's Shop e Mango entre outras. Entre os cascallos da edificación foi atopado un documento no que aparece o nome de El Corte Inglés e unha serie de pedidos de chaquetas.

Os profesionais sanitarios, 'líderes' en accidentes laborais graves

19-04-2013 - SINISTRALIDADE

Os empregados en actividades sanitarias suman 4 mortes nos dous primeiros meses de ano, e son líderes en accidentes graves e leves ' in itinere' Os sanitarios son os profesionais que máis accidentes graves de traballo acumularon durante os dous primeiros meses de 2013, 65 en total entre xaneiro e febreiro, 39 durante a xornada laboral e 26 ' in itinere ' segundo destaca o primeiro avance do ano da Estatística de Accidentes de Traballo (EAT) elaborada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Preto do 50% das persoas que traballan nunha oficina adoptan posturas dolorosas ou que provocan fatiga.

18-04-2013 - ERGONOMÍA

Permanecer oito horas diarias sentado fronte a unha mesa pode supoñer un prexuízo para a saúde, xa que son moitos os problemas que xorden a causa do excesivo sedentarismo e as malas posturas.

Novas profesións do mundo online traen consigo novos riscos laborais

17-04-2013 - SAÚDE LABORAL

Cada vez son máis os profesionais que se dedican ao mundo online; deste modo nos últimos anos vimos nacer novas profesións que xurdiron como consecuencia da revolución das novas tecnoloxías e o mundo online.

A CIG solicita a paralización temporal das obras do AVE en Ourense por mor dos últimos accidentes

10-04-2013 - Accidente laboral

Despois de tres accidentes en dous días e un deles con unha vítima mortal, dende a CIG nos preguntamos que máis ten que pasar para que a Inspección de Traballo paralice as obras de construción da Línea de Alta Velocidade. O martes comezaba o día cun sinistro mortal, o enxeñeiro Carlos Zabala morría ó ser atropelado na boca do túnel nas obras de Vilar de Barrio; horas despois, un xoven camioneiro sufría un espectacular accidente cando se dirixía a cargar material na execución das obras do AVE en Cerdedelo. O mércores ás 20 horas, o traballador José Eugenio F.M, sufre accidente despois dun desprendemento de pedras nas obras do túnel del AVE de Campobecerros.

Recoñecen a enfermidade profesional dun fontaneiro que traballou con amianto en Irún

03-04-2013 - AMIANTO

O Instituto da Seguridade Social de Gipuzkoa recoñeceu como enfermidade profesional un mesotelioma maligno que padece un fontaneiro que traballou con amianto na reparación de trens.

A Comisión Nacional de Saúde Laboral rebaixa os Valores Límites Biolóxicos (VLB) do mercurio a 10 microgramos

18-03-2013 - SAÚDE LABORAL

A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo acordou no plenario celebrado o pasado día 20 de decembro baixar os Valores Límites Biolóxicos (VLB) do mercurio de 15 microgramos por litro de sangue a 10. Así mesmo, decidiu que o límite legal do mercurio en ouriños descendese de 35 microgramos a 30.

Nova condena a Izar nunha demanda por amianto

13-03-2013 - AMIANTO

O Xulgado do Social número 2 ten condenado a Izar, a sociedade en liquidación que sucedeu a Astano na titularidade do estaleiro público ferrolano, nun caso de amianto. A maxistrada Ana Fernández Valentí condena a Izar Construcións Navais en Liquidación, S. A., porque se mantén viva, pero en proceso de liquidación. O asunto corresponde a unha sentenza pola demanda dun antigo traballador do estaleiro de 69 anos actualmente, que formulou unha reclamación pola enfermidade que sofre como consecuencia da súa exposición ao amianto durante os anos de actividade. Ingresou na antiga Astano no ano 1963 e permaneceu ata 1966.

Regulado o tempo de traballo para os traballadores autónomos que realizan actividades de transporte por estrada

26-02-2013 - Seguridade

O Consello de Ministros aprobou un real decreto sobre ordenación do tempo de traballo para os traballadores autónomos que realizan actividades móbiles de transporte por estrada. Trátase dunha norma cuxo ámbito de aplicación refírese expresamente ao transporte por estrada de mercadorías cando a masa máxima autorizada dos vehículos sexa superior a 3,5 toneladas. Así mesmo, aplicarase ao transporte de viaxeiros en vehículos fabricados ou adaptados para transportar a máis de nove acodes, incluído o condutor.

Novo informe sobre as substancias químicas que perturban a función endócrina

20-02-2013 - HIXIENE

Segundo un novo informe do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) acerca do estado dos coñecementos científicos sobre as substancias químicas que perturban a función endócrina (State of the Science of Endocrine Disrupting Chemicals) moitas substancias químicas sintéticas cuxos efectos sobre o sistema hormonal aínda están por investigar poderían ter importantes repercusións na saúde.

Condenan a Izar a indemnizar á familia dun traballador morto por amianto

18-02-2013 - AMIANTO

O xulgado do Social de Ferrol condenou a Izar (antes Bazán e actualmente Navantia) a indemnizar con 120.000 euros a viúva e fillos dun traballador falecido como consecuencia da contaminación por amianto. A sentenza establece que debe aboar tal contía Izar, en liquidación, a sociedade predecesora da actual Navantia.

Estudo dos riscos da radiación para mellorar a seguridade

08-02-2013 - Hixiene

Grazas a fondos da Unión Europea, un grupo de científicos emprendeu unha investigación pioneira sobre os riscos para a saúde asociados a unha exposición prolongada -interna, externa e prenatal- a radiación. O seu labor contribuirá enormemente a mellorar as normas de protección contra as radiacións. As persoas que traballan en instalacións onde existe plutonio atópanse expostos continuamente a doses baixas de radiación que poden causar diversos tipos de cancro e, no caso das traballadoras embarazadas, danos ao feto.

Potenciar a prevención do cancro laboral

06-02-2013 - HIXIENE

A OSHA (Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo), recorda que os traballadores que tratan produtos químicos e outros relacionados con emisións de raios son os que están máis expostos a padecer cancro e que a maior parte dos riscos de exposición do cancro profesional son previsibles.

A dirección de TVE impide a emisión dun documental sobre o Prestige

05-02-2013 - SAÚDE LABORAL

O documental Huellas de chapapote ía ser emitido o pasado domingo dentro no programa Documentos TV. Porén, a última hora foi substituido pola reemisión de El misterio de los centenarios por decisión da dirección de TVE.

Sete mortas nun taller que cosía para Zara

30-01-2013 - SEGURIDADE

Un lume, este sábado en Dhaka (Bangladesh), custou a vida de sete mulleres traballadoras da confección, segundo denuncia a campaña Roupa Limpa e a ONG galega Amarante. Entre as empresas que subcontrataban á fábrica estaba a galega Inditex, de acordo á versión do grupo de presión.

O 90% das baixas por enfermidades que se producen no sector da limpeza son trastornos músculo-esqueléticos

11-12-2012 - ERGONOMÍA

No sector da limpeza existe unha importante porcentaxe de trastornos músculo-esqueléticos producidos por factores moi diversos asociados ao ámbito de traballo: movementos repetitivos, posturas incorrectas e un uso inadecuado dos utensilios de traballo.

A falta de coordinación de actividades empresariais entre os factores de sinestralidade en traballos de mantemento

21-11-2012 - SEGURIDADE

As cifras de sinestralidade asociadas aos traballos de mantemento, en España, representan o 6,6%de todos os accidentes de traballo con baixa acontecidos, e o 6,5% dos accidentes mortais, segundo os datos que achegou Victoria da Orde, coordinadora do Observatorio Estatal de Condicións de Traballo, nunha das actividades que organizou o INSHT dentro da campaña da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no traballo 2011.

A mala coordinación cos especialistas hospitalarios favorece o desgaste entre os profesionais de Atención Primaria

12-11-2012 - PSICOSOCIAL

A inadecuada coordinación entre os médicos de familia e os especialistas hospitalarios favorece a aparición da síndrome de Burnout, ou síndrome de desgaste profesional, nos primeiros, segundo se explica nun artigo que publicou a Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (Semfyc) na súa revista 'Atención Primaria'.

A enfermería, estresada e queimada

23-10-2012 - PSICOSOCIAL

Coñeciamos hai uns días o estudo Percepción de estrés nos profesionais de Enfermaría en España, que analizou como a actual situación de recortes e precariedade laboral está a repercutir na saúde dos profesionais de enfermaría e na atención que se presta aos cidadáns.

"Promoción da saúde no sector do transporte"

17-10-2012 - SEGURIDADE

No sector do transporte é maioritaria a presenza de varóns (concretamente, un 83%). Os transportistas vense expostos a situacións nas que deben permanecer sentados, ou adoptar posturas extenuantes ou dolorosas, durante períodos de tempo prolongados, así como a xornadas de traballo atípicas (quendas de noite e madrugada, en fins de semana, ou de máis de 10 horas diarias).

Só un de cada cinco traballadores autónomos cotiza por accidente laboral

08-10-2012 - ACCIDENTE LABORAL

Dende que se estableceu a posibilidade de que os traballadores autónomos poidan pagar voluntariamente para cubrir as continxencias profesionais (accidentes de traballo e enfermidades profesionais) así como pola cobertura en caso de cesamento de actividade, fórmula equivalente ao desemprego entre os asalariados, 651.369 autónomos o fan en todo o Estado, o que supón unicamente o 21,31% do colectivo que cotiza regularmente a Seguridade Social, segundo a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA)

Riscos derivados da utilización de produtos de limpeza

25-09-2012 - HIXIENE

Algúns produtos de limpeza poden ser perigosos e causar problemas que van dende erupcións cutáneas e queimaduras, a tose e asma debido aos produtos químicos que conteñen.

Incendio en fábrica de Paquistán pon de manifesto a falta de medidas de seguridade no lugar de traballo

14-09-2012 - SEGURIDADE

Preto de tres centenares de persoas morreron nun incendio que arrasou o pasado día 12 de setembro unha fábrica de material téxtil na cidade de Karachi, no sur de Paquistán, nun dos peores sinistros da historia do país surasiático.

O Consell Juridic Consultiu insta a indemnizar con 10.000 euros unha ATS que contraeu o VIH ao realizar unha extracción

05-09-2012 - HIXIENE

O Consell Jurídic Consultiu (CJC) instou á Generalitat a indemnizar con 10.000 euros unha ATS que se contaxiou de VIH ao sufrir unha picada cunha xiringa mentres realizaba unha extracción a un paciente seropositivo xa que, ademais de producirse no ámbito de traballo, a profesional "non" foi instruída convenientemente no manexo do instrumental".

Nova directiva SEVESO III

29-08-2012 - SEGURIDADE

A normativa SEVESO nace a raíz de varios accidentes industriais como o de Flixborough (Reino Unido) en 1974 e sobre todo o de Séveso (Italia), acontecido en 1976 nunha pequena planta química; neste accidente produciuse a liberación de grandes cantidades da dioxina TCDD que afectaron tanto á poboación coma ao medio.

A Seguridade Social recoñece a orixe profesional da morte de dous extraballadores de CAF Irún e XEY por amianto

13-07-2012 - Amianto

O Instituto da Seguridade Social de Gipuzkoa puxo en marcha o proceso para a mellora económica das pensións de dúas viúvas gipuzkoanas, tras recoñecer que o mesotelioma e adenocarcinoma pulmonar que causaron a morte dos seus maridos, traballadores en CAF Irun e XEY, foi de orixe profesional despois de permanecer en contacto no traballo con amianto sen as adecuadas medidas preventivas.

Un 70% dos accidentes forestais son provocados "directa ou indirectamente" polo uso de motoserras.

06-07-2012 - Seguridade

O II Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2012, organizado pola Feira Internacional de Galicia no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acolleu unha xornada de formación centrada na seguridade no manexo de maquinaria forestal, na que se constatou a elevada sinistralidade vinculada co uso da motosierra.

A exposición a axentes biolóxicos de transmisión sanguínea é un dos principais riscos laborais do ámbito sanitario

21-06-2012 - RISCO BIOLÓXICO

Cubrir unha lagoa na prevención dos accidentes de traballo por picada -causa máis importante de accidente de traballo dos profesionais sanitarios- é o obxectivo principal da «Guía de Actuación ante Exposición Ocupacional a Axentes Biolóxicos de Transmisión Sanguínea», presentada nunha xornada específica para abordar esta cuestión celebrada na Escola Nacional de Medicina do Traballo.

Presente e futuro do traballo con amianto dende a perspectiva da PRL

21-06-2012 - Amianto

A necesidade de certificación das empresas para realizar tarefas de desamiantado constituíu unha das principais demandas formuladas neste evento realizado na sede de OSALAN xa que o mero rexistro no RERA as autoriza para traballar libremente sen ningún tipo de requisito adicional.

Os administrativos, os que máis accidentes sofren “in itinere”

21-06-2012 - SEGURIDADE

O colectivo de traballadores administrativos é o que máis accidentes laborais sofre “in itinere”, segundo se formulou hoxe en Ávila, nunha xornada de prevención de riscos laborais centrada nos accidentes de tráfico no traballo, organizada polo Servizo Público de Emprego de Castela e León, Mutua Universal e a Dirección Xeral de Tráfico.

Chernóbil evidenciou a importancia da prevención, segundo o CSN.

20-06-2012 - SEGURIDADE

O accidente na central de Chernóbil "puxo de manifesto" a importancia da cultura da prevención nestas instalacións, segundo Isabel Mellado, directora técnica de Seguridade Nuclear do Consello de Seguridade Nuclear (CSN). Mellado fixo estas declaracións na inauguración do seminario Safety Granada, que reuniu aos principais expertos mundiais en seguridade operacional, factores humanos e ergonomía dos sectores da aviación, a enerxía nuclear e a medicina.

Os pescadores que limparon vertido do ‘Prestige’ tiñan en 2008 doenzas respiratorias

20-06-2012 - SAÚDE

Os pescadores que participaron na limpeza do petróleo vertido na catástrofe do Prestige –que tivo lugar hai case dez anos, en novembro de 2002– continuaron sufrindo problemas respiratorios cinco anos despois do sinistro.

A nova silicose

05-06-2012 - SAÚDE

A silicose é unha fibrose pulmonar causada pola inhalación de po que contén sílice libre ou dióxido de silicio (SiO2). As fontes de exposición laboral a sílice cristalina son moi numerosas. Recentemente publicáronse numerosos casos en sectores industriais ata a data descoñecidos, como son os manipuladores de aglomerados artificiais de cuarzo.

A silicose repunta entre os traballadores do mármore e a madeira

30-05-2012 - SAÚDE LABORAL

A silicose, que tradicionalmente e por desgracia, veu sendo a enfermidade mineira por excelencia, estendeuse nos últimos anos a outros sectores, que ven como os seus traballadores sofren as secuelas desta dura enfermidade.

Buzoneador, profesión de risco

04-05-2012 - Psicosocial

Os empregados de varias empresas de servizos de mercadotecnia de Bilbao denunciaron as "constantes agresións, tanto verbais como físicas", ás que se enfrontan diariamente no discorrer do seu labor. O motivo, segundo eles, atópase nas presións que reciben por parte das empresas de repartición publicitaria que lles obrigan" a introducir os folletos nas caixas de correos de todos os portais facendo caso omiso ás indicacións de moitas comunidades de veciños de non recibir publicidade. É entón cando xorden os enfrontamentos entre os veciños, que exercen o seu dereito a non recibir publicidade, e dos traballadores, que, segundo afirman, cumpren coas indicacións dos seus superiores.

CIG - Ensino demanda a Consellaría de Educación por negarlle o dereito á vixilancia períodica do seu estado de saúde a preto de 33.000 docentes

02-05-2012 - Vixilancia da saúde

A CIG-Ensino ven de presentar demanda de conflito colectivo diante da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polo incumprimento permanente da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais por parte da Consellaría de Educación. Desde hai 17 anos ao profesorado galego vénselle negando o dereito, recollido no artigo 22, a facer unha revisión médica periódica da saúde, recoñecido a todos os traballadores e traballadoras.

Condena a Navantia pola exposición de traballadores a amianto

27-04-2012 - Amianto

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía condenou a Navantia a indemnizar con 150.000 euros a un traballador polos danos e prexuízos que lle ocasionou estar en contacto con fibras de amianto durante a súa vida laboral, segundo informou o avogado Ramón Dávila. A sentenza, segundo o letrado, revoga a que foi ditada anteriormente polo Xulgado do Social número 3 de Cádiz ao estimar o recurso que contra a mesma impuxo o avogado do traballador e prodúcese un ano despois de que outro xulgado gaditano condenase a Navantia a indemnizar con 100.000 euros á viúva dun traballador que tamén estivo exposto ao material tóxico.

Un 89% dos traballadores españois que utilizan ordenadores sufriu doenzas derivadas do seu uso

26-04-2012 - Ergonomía

Preto dun 90 por cento dos traballadores que utilizan ordenadores sufriu doenzas derivadas do seu uso durante o últimos tres anos, principalmente localizadas nas costas (o 66%), na cabeza, nas bonecas, e nas pernas, segundo despréndese da enquisa 'A Ergonomía dun Espazo de Traballo Cambiante en España', feita pública este luns.

Elaboración do Mapa do Risco Químico en Galiza

19-04-2012 - ISSGA

Un total de 161 empresas están a colaborar coa Consellería de Traballo e Benestar na elaboración do mapa do risco químico que estará listo a finais deste ano. A primeira fase desta iniciativa xa está rematada e na actualidade estase a traballar no estudo dos datos recompilados nunha segunda parte. Así o avanzou hoxe a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, na clausura na Coruña dunha xornada técnica sobre este mapa.

Constitución de grupos técnicos de traballo no ámbito da na prevención de riscos laborais e na vixilancia da saúde relacionada coa silicose e o amianto.

17-04-2012 - ISSGA

A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Instituto galego de Seguridade e Saúde laboral (ISSGA), traballará conxuntamente con patronal e sindicatos na prevención de riscos laborais e na vixilancia da saúde relacionada coa silicose e o amianto. Con este obxectivo, véñense de constituír dous grupos técnicos de traballo neste materia, que xa realizaron a súa primeira xuntanza. Estes grupos creáronse trala encomenda realizada polo Consello galego de Seguridade e Saúde Laboral, ente de diálogo institucional, e órgano consultivo e asesor da Comunidade autónoma neste eido.

O 60 por cento dos médicos no Estado español admite que o seu estilo de vida non é saudable

26-03-2012 - Saúde

Un estudo con máis de 2.500 médicos de Atención Primaria revelou que só un 39,6 por cento das mulleres desta profesión recoñece levar un estilo de vida saudable, mentres que o resto declara levar un (36,4%), dous ou máis (23%) hábitos de vida non saudables. Así se desprende dos resultados do Estudo CHABS, presentado por Novartis con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, para coñecer o risco cardiovascular e os hábitos de vida dos médicos que traballa en España. Do estudo analizouse unha submostra de 700 mulleres, cunha media de 8,1 anos de experiencia profesional, 35,4 anos, unha media de 40 horas semanais traballadas e ao redor de 38 pacientes atendidos ao día.

O ISSGA constata un aumento da sinistralidade laboral en silvicultura e sector forestal

20-03-2012 - Seguridade

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), Adela Quinzá-Torroja, asegurou en Lugo que a sinistralidade laboral aínda que "baixou na maioría de sectores" creceu no sector da silvicultura e forestal, mentres que se mantivo na "agricultura". En rolda de prensa, explicou que o comportamento é "non bo" en silvicultura e forestal, cun "crecemento do índice de incidencia en Galicia, o ano pasado, dun 10,92% e en Lugo é dun 16,27%". "Isto quere dicir que ocorren sete veces máis accidentes en silvicultura e forestal que no resto de sectores", recalcou.

A hora das vítimas do amianto

02-03-2012 - Saúde laboral

A loita das vítimas do amianto en España foi durante longo tempo un labor illado e solitario. As reclamacións pasaban tan inadvertidas como a forma que ten de matar este axente canceríxeno amplamente usado en distintos sectores industriais até 2001. Este escenario, con todo, cambiou. Cada vez é máis frecuente que os pacientes unan as súas forzas para litigar contra as empresas onde respiraron as tóxicas fibras de asbesto, unha estratexia que está a dar os seus froitos. O último exemplo é a sentenza feita pública onte que condena á empresa Uralita a indemnizar con 1,7 millóns de euros a 23 empregados da extinta planta de Xetafe por “non adoptar as medidas de protección necesarias para preservar a saúde dos traballadores”.

Os árbitros sofren estrés durante os partidos independentemente do seu estado físico

01-03-2012 - Psicosocial

Todos os árbitros sofren estrés nun día de partido. Con todo, ao contrario do que se puidese crer, un estudo conxunto da Universidade Católica de Brasília, a Universidade da Coruña e a James Cook University de Australia afirma que o nivel de estrés non está relacionado coa condición física destes colexiados, senón co estado do seu sistema nervioso. Os investigadores avaliaron a actividade nun día normal e nun día de partido de árbitros de fútbol españois.

Aumenta a sinistralidade entre os condutores de camións, aínda que a cifra non supera o 4% do total de mortes.

16-02-2012 - SEGURIDADE

As claves para que estas estatísticas non se volvan a repetir baséanse en: Adestrar habilidades, coñecer os vehículos e protocolos de seguridade, e aprender a coñecer os límites propios e as circunstancias da estrada.

Ratificada pola Audiencia Nacional a nulidade do Cartón Profesional da Construción

26-01-2012 - CONSTRUCIÓN

O pasado 27 de outubro de 2010, o Tribunal Supremo declarou a nulidade da obrigatoriedade da chamada TPC para traballar no sector da construción. Agora, é a Audiencia Nacional, a que, nunha sentenza de 3 de novembro, confirma esa nulidade.

Os trastornos do soño son comúns entre os axentes de policía.

25-01-2012 - SAÚDE LABORAL

Unha enquisa realizada a axentes de policía en Estados Unidos indicou que preto do 40% ten un trastorno do soño, o cal se asocia cun maior risco de resultados adversos para a súa saúde, seguridade e rendemento, segundo un estudo publicado na revista 'JAMA'.

A construción perde máis da metade de afiliados á Seguridade Social dende o inicio da crise.

24-01-2012 - CONSTRUCIÓN

A perda de actividade crecente detectada na actividade da construción dende o inicio da crise situou o paro rexistrado, a pesar da fuxida de demandantes de emprego neste sector cara a outros menos recesivos, en máximos históricos.

O 17% dos traballadores manipula substancias tóxicas no seu posto laboral.

19-01-2012 - RISCO QUÍMICO

O 17 por cento dos traballadores españois manipula sustancias ou preparados nocivos no seu posto laboral, segundo a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), que lembra que algúns destes factores tóxicos xa se relacionaron cun maior risco de padecer doenzas neurolóxicas como o Parkinson ou o Alzheimer.

Os médicos alertan do risco das xornadas laborais abusivas

19-01-2012 - SAÚDE LABORAL

Médicos exhaustos polas interminables xornadas laborais e altas responsabilidades, irremediablemente, ten que implicar un peor servizo sanitario e un risco para a saúde. Así o recoñeceu o 50% dos médicos británicos consultados ante o empeoramento das súas condicións laborais e as consecuencias no servizo prestado.

Uranio

05-12-2011 - Hixiene

O R.D. 783/2001 sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes inclúe a obrigatoriedade da identificación das actividades laborais nas que os traballadores poidan estar expostos a fontes artificiais de radiación (por exemplo, en moitas actividades industriais emprégase o Cesio 137). Unha modificación recente a este regulamento (18 de novembro de 2010), inclúe a obrigatoriedade da identificación das fontes naturais de radiación (actividades nas que se removen sustancias radioactivas procedentes da cortiza terrestre, por exemplo o caso dos traballadores do granito)

Avance sobre o estudo epidemiolóxico que se desenvolve no sector do marisqueo a pé

23-11-2011 - Saúde laboral

A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), está a desenvolver un estudo epidemiolóxico entre máis dun millar de mariscadoras que rematará a finais deste mes. En concreto, xa se levaron a cabo 957 recoñecementos médicos específicos entre este sector co fin de detectar as causas de enfermidades relacionadas co traballo deste colectivo e, desta maneira, poder asesorarlles en medidas axeitadas de prevención. Esta iniciativa estase a desenvolver ao abeiro dun convenio asinado coa Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías.

Entre o 10 e o 15% do asma en idade adulta soe ter a súa orixe no ámbito laboral

21-11-2011 - Saúde laboral

A XXXVIII Reunión Anual de Sogapar (Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, Pneumolóxica e Cirurxía Torácica) e a XXVIII Reunión Galaico Duriense chegaron onte ao seu fin no Hospital Naval, onde se deron cita máis de 120 profesionais de Galicia, Portugal, Reino Unido, Barcelona, Madrid e Oviedo. A través de 43 comunicacións orais e tipo póster, tres mesas redondas e dúas conferencias tratáronse aspectos ocupacionais e ambientais relacionados coa pneumoloxía.

A prevención de riscos laborais en obras de rehabilitación en comunidades de propietarios

17-11-2011 - Seguridade

Os sectores da construción e rehabilitación de vivendas sufriron duramente os embates da crise. A pesar de que a actividade do segundo mantense e ten unha expectativa de crecemento polos plans desenvolvidos polas distintas administracións, o índice de sinistralidade segue sendo alto. Neste sentido, urxe implantar unha verdadeira cultura preventiva, sobre todo nas comunidades de propietarios. A comunidade de propietarios non é diferente a calquera empresa no que a prevención de riscos laborais se refire. Isto é, é responsable de facer todo o posible para evitar os accidentes dos seus empregados nas súas instalacións, aínda que se trate dun traballador contratado a través dunha subcontrata.

Hepatopías tóxicas laborais

15-11-2011 - INSHT

No ámbito laboral, existe unha gran cantidade de axentes químicos capaces de provocar dano hepático. Neste documento técnico exponse cales son as sustancias máis comunmente implicadas, que tipo de lesións son as máis habituais, que mecanismos fisiopatológicos están involucrados na súa orixe, cales son as medidas de vixilancia da saúde a aplicar sobre os traballadores e que factores son os máis importantes a ter en conta á hora de coñecer os riscos, vixiar a saúde dos traballadores posiblemente expostos e determinar a aptitude dun traballador que está nun posto de traballo no que exista risco de exposición a sustancias químicas capaces de producir dano sobre o fígado.

Nucleares de Tarragona contan co primeiro simulador de factores humanos.

09-11-2011 - Seguridade

O tres centrais nucleares da provincia de Tarragona -Vandellòs II e Ascó I e II- contan cun simulador de factores humanos, o primeiro deste tipo en toda España. A Asociación Nuclear Ascó Vandellòs (ANAV) presentou hoxe o simulador, situado no polígono Lles Tàpies de Vandellòs i L'Hospitalet de l'Infant, co que se pretende formar aos traballadores de ANAV para que saiban "que facer cando estean no seu posto de traballo ante determinadas situacións", explicou o director xeral de ANAV, José María Grávaos.

Mapa de risco químico en Galicia

04-11-2011 - Risco químico

O ISSGA, está a desenvolver un proxecto que comezou no ano 2010 e que continúa durante o 2011 coa finalidade de elaborar un “MAPA DE RISCO QUÍMICO DE GALICIA”.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS